option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

ENDO T22, 23, 24 - Tratamiento dislipemias

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
ENDO T22, 23, 24 - Tratamiento dislipemias

Descripción:
Tratamiento dislipemias

Fecha de Creación: 2026/10/30

Categoría: Otros

Número Preguntas: 8

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Unha muller de 48 anos, con psoriasis, ten un colesterol-LDL de 168 mg/dL e un risco cardiovascular estimado do 6%. Ademáis das modificacións no estilo de vida ¿cál seria a actitude terapéutica? (2024 enero) a) Simvastatina 10 mg qd. b) Lovastatina 40 mg qd. c) Atorvastatina 80 mg qd. d) Provastatina 10 mg qd. e) Fenofibrato 200 mg qd.

Un home de 31 anos, sen factores de risco cardiovascular, consulta porque nunha analítica de empresa se obxetivou un colesterol-LDL de 210 mg/dL. Ademáis das modificacións no estilo de vida ¿cál seria a actitude terapéutica? (2024 enero) a) Simvastatina 20 mg qd. b) Lovastatina 40 mg qd. c) Atorvastatina 40 mg qd. d) Ezetimibe 10 mg qd. e) Fenofibrato 200 mg qd.

Un home de 73 anos, non diabético e sen ECVA establecida, e a tratamento con losartan presenta un colesterol LDL de 195mg/dL ¿Cál debería ser a sua actitude terapéutica entre as que se citan? (2023 junio) a) Non modificar o tratamento xa que ten máis de 70 anos e non é diabético nin ten ECVA. b) Iniciar tratamento con inhibidores do PCSK9 c) Iniciar tratamento con atorvastalina 40 mg qd. d) Antes de iniciar tratamento farmacolóxico haberia que calcular o risco cardiovascular. e) Iniciar tratamento con pravastatina 40 mg qd.

Un home de 61 anos, con diabetes mellitus tipo 2, sen antecedentes de enfermidade cardiovascular, acude a revision. Ten unha PA de 116/65 mmHg. Na sua analítica destaca: A1c: 7.0% LDLc: 92 mg/dL, FGE>90 ml/min/1.73m. E cociente albúmina:creatinina 431 mg/g, Recibe tratamento con metformina, dapaglifozina, semaglutida, atorvastatina 20 mg qd, olmesartan e hidroclorotiazida. Das que se citan, ¿cál sería a actitude? (2024 junio) a) Engadir un fibrato. b) Engadir un calcioantagonista. c) Aumentar a atorvastatina a 40 mg qd. d) Remitir a Nefroloxia. e) "c" e "d" son correctas.

Un home de 32 anos, cun IMC de 34 kg/m?, acude a consulta derivado polo médico de cabeceira porque na analítica da empresa detectaron uns triglicéridos de 967 mg/dL, un HDL-colesterol de 29 mg/dL, e un LDL-colesterol de 66 mg/dL. O doente non fuma e bebe 2 cervexas (de 33 cL.) ao día. Non presenta diabetes nin antecedentes de enfermidade cardiovascular, pero sufriu un episodio de pancreatite aguda hai 4 anos debido a hipertrigliceridemia grave. Actualmente non toma ninguna medicación nin sigue ningunha dieta. Das que se citan, ¿cál sería a actitude terapéutica correcta en este doente? (2024 junio) a) Indicar dieta de 1500 Kcal cunha reducción das grasas, azucres refinados e féculas. Prohibición de alimentos procesados e abstinencia absoluta do consumo de etanol, e reavaliación analítica en 3 meses. b) Iniciar tratamento con estatinas de alta intensidade e reavaliación analitica en 3 meses. c) Iniciar tratamento con fibratos e reavaliación analítica en 3 meses. d) Iniciar tratamento con ácidos graxos n-3 e reavalación analítica en 3 meses. e) Iniciar tratamento con fibratos e ácidos graxos n-3e reavaliación analitica en 3 meses.

Un home de 35 anos con antecedentes de varias pancreatites agudas por hipertrigliceridemia, cun risco de ECVA do 2% e a tratamento con simvastatina 20 mg qd presenta o seguinte perfil lipídico: Colesterol total: 270 mg/dL, triglicéridos: 2100 mg/ dL, colesterol LDL: 128 mg/dL, colesterol HDL: 25 mg/dL. Con esta intormación ¿cál debería ser a sua actitude terapéutica entre as opcións que se citan? (2023 junio) a) Engadir ao tratamento ezetimibe. b) Aumentar a dose de simvastatina a 40 mg qd. c) Engadir ao tratamento cápsulas de ácidos graxos omega-3. d) Engadir ao tratamento un fibrato. e) "c" e "d" son correctas.

Un home de 65 anos, cun un IMC de 40kg/m2, ten unha diabtes mellitus tipo 2 e antecedentes de pancreatitis aguda por hipertrigliceridemia grave. O seu FGE é ≥ 60 ml/min/1.73 m? e ten microalbuminuria. ¿Qué fármaco para a diabetes estaría contraindicado en este doente? (2024 enero) a) arGLP1. b) iDPP4. c) Metformina. d) Sulfonilureas. e) Insulina.

Unha muller de 40 anos con antecedentes de insuficiencia cardiaca en relación a unha cardiopatia isquémica consulta por obesidade (IMC 32 kg/m?), A sua presión arterial é de 120/70 mmHg e está a tratamento con bisoprolol, AAS e atorvastatina 40 mg qd. Na analítica destaca: Glucemia en xaxún 103 mg/dL, A1c: 5.9%,* LDL: 68 mg/dL, HDL-colesterol: 46 mg/dL, triglicéridos 123 mg/dL, FGE>50 ml/min/1.73 m2, e cociente albúmina:creatinina 8 mg/g. Das que se citan, ¿cál seria a actitude terapéutica correcta en este doente? (2024 junio) a) Dieta e exercicio físico moderado. b) Dieta e exercicio físico moderado e atorvastatina 80 mg qd. c) Dieta e exercicio físico moderado e dapaglifozina. d) Dieta e exercisio físico moderado e un iPCSK9. e) “b” e “c” son correctas.

Denunciar Test