ENDO4-Hiperprolactinemia
|
|
Título del Test:
![]() ENDO4-Hiperprolactinemia Descripción: endocrino hiperprl |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Os tumores hipofisarios: a) Poden causar clínica compresiva local. b) Poden estar relacionados son síndromes xenéticos. c) Poden causas oftalmoplexia. d) A cirurxía transesfenoidal endoscópica é o tratamento de elección en todos eles. e) "a", "b", "c" son correctas. Os tumores hipofisarios: a) Xeralmente son de natureza benigna. b) Habitualmente ocasionan unha diabetes insipida central. c) Poden causar un hipertiroidismo. d) "a" e "c" son correctas. e) Todas son correctas. Respecto aos tumores hipofisarios: a) Os macroadenomas adoitan ser hipointensos na RNM. b) Xeralmente o tratamento de elección é a hipofisectomia transesfenoidal endoscópica. c) Nos que secretan PRL o tratamento de elección é a radioterapia. d) A maioria derivan de liña celular produtora de TSH. e) Todas son correctas. Nos tratamento dos prolactinomas: a) Habitualmente se tratan con agonistas dopaminéxicos. b) No caso dos macroprolactinomas a primeira opción terapéutica é a cirúrxica. c) No caso dos macroprolactinomas a primeira opción terapéutica é a radioterapia. d) No caso dos microprolactinomas so se tratan se a prolactina é maior de 150 ug/L. e) "a" e "b" son correctas. Muller de 38 anos remitida ao Servicio de Endocrinoloxía por unha prolactinemia de 60 ug/L (RN <20 ug/L). A doente está asintomática, con 11 menstruacións por ano. Non galatorrea. Está tomando sulpiride por vértigo. ¿Cál debe ser a sua actitude con esta doente entre as que se citan? a) Solicitar unha RNM de hipófisis. b) Iniciar tratamento con agonistas dopaminérxicos. c) Suspender sulpiride e solicitar determinación de PRL (-30, 0 min). d) Remitir a neurocirurxía por sospeita dun macroprolactinoma. e) "a" e "c" son correctas. Unha muller de 25 anos a tratamento por un cadro psiquiátrico con risperidona e fluoxetina é remitida ao endocrinólogo por unha PRL de 50 ug/L. A doente refire presentar baches amenorreicos e na exploración fisica presenta galactorrea á expresión. Entre as que se cita, ¿cás das seguintes é correcta? a) Solicitaría unha determinación de PRL en 2 tempos (-30, 0 min). b) É posible de que se trae dunha hiperPRL inducida por fármacos. c) Solicitaría una RMN de hipófisis. d) "a" e "b" son correctas. e) Todas son correctas. En un caso con un macroadenoma hipofisario de 2 cm en contacto con el quiasma pero sin déficit visual, con función hipofisaria conservada y con una PRL de 815 y de 780 ng/ml: ¿Cuál de las siguientes afirmaciones respecto a su tratamiento es correcta? a) Debe realizar seguimiento sin tratamiento. b) Debe ser intervenida por vía transesfenoidal. c) Debe tratarse con análogos de la somatostatina. d) Debe tratarse con agonistas dopaminérgicos. e) Debe ser intervenida por via transcraneal. Unha muller de 18 anos consultou ao seu médico de cabeceira porque tiña ciclos menstruais de 35-40 días. Éste solicitou PRL (38 ng/dL) e TSH (20 mlU/L), motivo polo cal a deriva a Endocrinoloxía para reavaliación e tratamento. Cando vostede a atende a muller está asintomática e a exploración física é normal. ¿Cál das que se citan é a actitude corrécta? a) Solicitar prolactina en 2 tempos (-30 e 0 min). b) Solicitar unha RNM de hipófisis. c) Iniciar tratamento con cabergolina para normalizar os cliclos menstruais. d) "a" e "b" son correctas. e) A debe dar de de alta porque a elevación da prolactina non ten significación clínica. En relación á macroprolactinemia: a) Fai referencia a unhas concentraciones plasmáticas de prolactina maiores que 1000 ug/L. b) Adoita asociarse cunha síndrome de amenorrea-galactorrea. c) É un achado frecuente en doentes tratados con bloqueantes dos receptores de dopamina. d) Está causada por un hipotiroidismo primario grave por elevación da TRH. e) Todas son falsas. Muller de 26 anos, natural de Pontevedra, que acude a sua consulta de médico de Atención Primaria por: amenorrea de 18 meses, cefalea a diario cada vez máis intensa, alteracións no campo visual e galactorrea. Na exploración física vostede comproba que presenta galactorrea á expresión e unha hemianopsia bilateral heterónima bitemporal mediante campimetría de confrontación. Non presenta outros antecedentes nin consume fármacos. Como médico de familia, ¿cál debería ser a sua actitude con esta doente? a) Derivala ao Servicio de Urxencias. b) Derivala ao servicio de Endocrinolexia con carácter preferente. c) Derivala ao servicio de neurociruxía. d) Iniciar tratamento con agonistas dopaminérxicos. e) Solicitar una RNM de hipotálamo-hipófisis con carácter urxente. O feito de atopar concentracións de prolactina falsamente baixas en indivíduos con macroprolactinomasdebido a unha saturación da técnica analítica denomínase: a) Efecto Hook. b) Big-PRL. c) Pseudo-hipopralactinemia. d) Efecto Down. e) Todas son falsas. Unha muller de 38 anos prestan unha prolactinemia de 85 ug/L (en 2 tempos), amenorrea e galactorrea de 2 anos de evolución. A RNM confirma a presencia dun tumor hipofisario de 23 mm que comprime e desplaza o quiasma óptico sen afectar os senos cavernosos. Afirma cos aneis quédanile pequenos e tivo que aumentar un número de calzado. Entre as que se citan,¿cál das seguintes afirmacións é FALSA? a) Trátase con seguridade dun macroprolactinoma. b) Solicitaria unha nova determinación de PRL con dilución para descartar efecto Hook. c) Solitaria unha determinación de IGF1. d) Dado o tamaño do tumor e a afectación quiasmática esperaría ca doente presentara diplopia. e) "b" e "c" son correctas. Nos tratamentos dos prolactinomas: a) Habitualmente se tratan con agonistas dopaminéxicos. b) No caso dos macroprolactinomas a primeira opción terapéutica é a cirúrxica. c) No caso dos macroprolactinomas a primeira opción terapéutica é a radioterapia. d) No caso dos microprolactinomas so se tratan se a prolactina é maior de 150 ug/L. e) "a" e "b" son correctas. Unha muller de 31 anos presenta amenorrea, galactorrea e diminución da libido de 14 meses de evolución, sen outra clínica. A concentración de prolactina foi de 151 ug/L, o IGF1 estaba en rango e na RNM de hipófisis se obxetiva unha lesión de 9 mm suxestiva de adenoma. Respecto a este caso, ¿cál das seguintes afirmacións é CORRECTA? a) A remitiria ao neurocirurán pra unha hipofisectomía transesfenoidal endoscópica. b) Dado o tamaño da lesión faría só seguimento cunha RNM de hipófisis en 12 meses. c) Iniciaría tratamento con cabergolina. d) Iniciaría tratamento con lanreotide. e) Iniciaría tratamiento con anticonceptivos orais. Unha muller de 26 anos consulta por amerorrea de 2'anos de evolución. Na exploración física só destaca galactorrea á expresión. Non toma ningunha medicación nin consume sustanclas ilegais. Na analítica que vostede solicita presenta unha PRL: tempo -30 min: 160 ng/mL, tempo 0 min: 153 ng/mL, (RN:2-29 ng/mL), unhà TSH de 1.67 mlU/L (RN: 0.5-5.0 mlU/L), un cortisol plasmático de 14 mcg/dL (RN: 5 -25 mcg/dL). A RNM de hipófisis tras gadolinio é informada de lesión hipocaptante de 9 mm na parte dereita da hipófisis. ¿Cál das que. se citan é a reposta correcta? a) A remitiría a neurocirurxía pra hipofisectomía por vía transesfenoidal endoscópica. b) Excluiría a presencia de macroprolactinemia. c) Solicitaría unha campimetría. d) A elevación de prolactina é debida ao efecto Hook, polo que se tratara dun adenoma non funcionante. e) Iniciaría tratamento con cabergolina. 83. Muller de 57 anos que consulta por galactorrea espontánea. Nega problemas visuais, a exploración física e campos visuais son normais. Glucemia e función tiroidea e renal normais. Concentracións plasmáticas de prolactina son <30 min: >100 ng/mL, 0 min: 1065 ng/mL (FN: 1,9-20,3 ng/mL), (macroPRL: 101 ng/mL). O cortisol en saliva ás 23 horas foi de 0,55 ug/dL (normal <0,24 ug/dL). Na RMN de hipófise obsérvase unha masa hipofisaria de 2,5 cm, lateralizada cara a dereita, en contacto estreito co seo cavernoso, co tallo hipofisario non desprazado. Campimetría normal. Entre as que se citan, ¿cal sería o seguinte paso con esta doente?: • a) Iniciar tratamento con cabergolina • b) Iniciar tratamento bromocriptina • c) Derivar a neurocirurxía para hipofisectomía • d) Prescribir radioterapia para macroadenoma • e) Non precisa ningún tratamento dado que se trata dun prolactinoma, non ten afectación do quiasma óptico, si o quere a paciente, e solicita unha RMN de hipófise de control en 6 meses. 90. Paciente con macroprolactinoma hipofisario de 3,5 cm e prolactina de 50 ng/mL. Non toma fármacos. O endocrinólogo sospeita efecto gancho. Entre as que se citan, ¿cal sería a mellor actuación?: • a) Iniciar cabergolina directamente • b) Solicitar dilución do suero • c) Repetir RMN en 3 meses • d) Medir macroPRL • e) Iniciar radioterapia. 91. Muller de 42 anos con PAP, alterada (55 ng/mL) sen dolor de cabeza, RMN de hipófise normal. Achado con PRL mostra que >40% da PRL é macroprolactina. Entre os que se citan, ¿cal sería a mellor conducta?: a) Iniciar cabergolina b) Repetir analítica en dous meses e iniciar agonistas dopaminérgicos c) Realizar TC de tórax e abdomen d) Tratamento con cirurxía e) Ningún tratamento dado que se trata de macroprolactinemia e non precisa tratamento con fármacos. 1. Un home de 42 anos presenta cefalea e perda do campo visual temporal. Refire que consume anabolizantes androxénicos. A resonancia magnética revela un tumor selar de 3,5 cm con compresión quiasmática. Prolactina: 38 ng/ml (VN < 25). Función tiroidea normal. ¿Cal é a explicación/curso de acción MÁIS axeitado? a. É improbable que se trate dun prolactinoma debido a unha PRL só lixeiramente elevada; recoméndase cirurxía directa. b. É moi probable que haxa interferencia cos anabolizantes; interromper os suplementos e repetir a proba. c. É posible un efecto "gancho"; repetir a proba de prolactina con dilucións seriadas. d. Trátase de macroprolactinemia; solicitar precipitación con PEG. e. Trátase dun incidentaloma non funcional; só se recomenda observación. 2. Unha muller de 27 anos presenta amenorrea secundaria e galactorrea de 3 meses de duración. Prolactina: 120 ng/ml (rango normal < 25). RM: lesión hipofisaria de 6 mm sen afectación quiasmática. Función tiroidea normal. ¿Cal é o tratamento inicial máis axeitado? a. Resección transesfenoidal inmediata b. Cabergolina semanalmente c. Anticonceptivos orais combinados durante 6 meses d. Levotiroxina 50 μg/dL e. Radioterapia hipofisaria. 3. Un home de 55 anos presenta fatiga, pel seca, apatía e galactorrea leve. TSH: 85 μlU/mL (⭡); T4 libre: baixa; Prolactina: 55 ng/ml. A RM hipofisaria non mostra lesións. ¿Cal é o mellor seguinte paso? a. Iniciar cabergolina b. Iniciar bromocriptina c. Iniciar levotiroxina e reavaliar a prolactina d. Realizar cirurxía exploratoria hipofisaria e. Solicitar unha proba de macroprolactina. 8. Un home de 19 anos presenta retraso na puberdade, intelixencia normal, microrquidia e anosmia. IMC: 26 kg/m2. Ten niveis baixos de LH/FSH e testosterona. A súa resonancia magnética hipofisaria é normal. ¿Diagnóstico máis probable?: a. Síndrome de Klinefelter b. Retraso do crecemento constitucional c. Hiperprolactinemia d. Síndrome de Kallmann e. Síndrome de Prader-Willi. 19. Home de 35 anos con nefrolitiasis recurrente, úlcera duodenal e diarrea crónica. Calcio corrixido 11,8 mg/dL, PTH e gastrina elevadas. Entre os que se citan, ¿qué outro achado é típico en esta síndrome? a. Carcinoma medular de tiroides b. Feocromocitoma c. Prolactinoma d. Neurofibromas mucosos e. Tumores carcinoides bronquiales con SIADH. 57) ¿Qué podemos encontrar ante un paciente que tiene una masa selar de gran tamaño que comprime estructuras como el tallo hipofisario, quiasma óptico e hipotálamo? a) Un aumento de los niveles de prolactina b) Alteraciones en el campo visual c) Diabetes insípida d) Alteraciones en la regulación del sistema autonómico e) Todas las respuestas anteriores son correctas. 77) Unha muller de 32 anos acode a consulta por infertilidade. As súas análises de sangue mostran un nivel de prolactina de 180 ng/ml. Non obstante, non presenta galactorrea nin trastornos menstruais. Cal sería a seguinte proba máis axeitada para aclarar esta discrepancia? a) Resonancia magnética da hipófisis b) Determinación de big-big-PRL (macroprolactina) c) Proba de estimulación TRH d) Medición de FSH e LH e) Proba de supresión de bromocriptina. 78) Un/home de 45 anos acode á consulta debido á diminución da libido e problemas de visión. As análises de sangue mostran un nivel de prolactina de 250 ng/ml e unha resonancia magnética revela un tumor hipofisario de 2,5 cm. Cal sería o tratamento inicial máis axeitado para este paciente? a) Cirurxia transesfenoidal inmediata b) Radioterapia c) Agonista de dopamina (como cabergolina ou bromocriptina) d) Terapia de substitución de testosterona e) Observación e seguimento sen tratamento. 79) Un home de 38 anos acode á consulta queixándose de fortes dores de cabeza e perda progresiva da visión periférica. Unha resonancia magnética revela un macroadenoma hipofisario de 3,5 cm con extensión supraselar e compresión do quiasma óptico. Os niveis hormonais mostran hiperprolactinemia de 1200 ng/ml. Despois de 6 meses de tratamento con cabergolina en doses máximas, os síntomas visuais persisten e o tamaño do tumor só se reduciu nun 10%. Cal sería o seguinte paso máis axeitado no manexo deste paciente? a) Aumentar a dose de cabergolina b) Cambiar a bromocriptina c) Cirurxía transesfenoidal endoscópica d) Radioterapia estereotáctica. 80) Unha muller de 28 anos con hiperprolactinemia idiopática presenta a consulta por amenorrea e galactorrea. Os seus niveis de prolactina sérica son 95 ng/ml. Cal sería o tratamento inicial máis axeitado? a) Bromocriptina 2,5 mg/día b) Cabergolina 0,5 mg dúas veces por semana c) Lisurida 0,2 mg/día d) Terapia de substitución de estróxenos e) Observación e seguimento sen tratamento. |





