option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

ESTRUC 2025

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
ESTRUC 2025

Descripción:
Test 2025

Fecha de Creación: 2026/01/12

Categoría: Otros

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

A etapa 1985-1990 na economia española caracterizase por: Un superávit comercial. Un crecemento da demanda interna que se fundamentou máis no investimento que no consumo. Unha taxa de desemprego inferior á media da UE. Unha reducida inflación.

Con respecto ao territorio español: Unha das súas fortalezas é o importante número de espazos naturais. A maior parte do solo é de excelente calidade para a agricultura. Unha das principais vantaxes do territorio español é o clima, positivo tanto para a agricultura como para o turismo. Os recursos enerxéticos renovábeis teñen un gran potencial.

A crise de 1973 na economía española: Tivo unha forte incidencia, a pesar de que a economía española tiña un alto grado de autoabastecemento enerxético. Aumentou o saldo negativo da balanza comercial. Provocou unha redución do consumo de petróleo. Agravouse pola incorporación do baby-boom ao mercado laboral.

De entre os trazos que caracterizan a evolución da economía española desde a década de 1960 até a actualidade, destacan: Unha taxa de crecemento do PIBpc superior á media da UE. Despois da entrada na CEE, unas flutuacións económicas cun carácter menos pronunciado que a media dos países comunitarios. Converxencia en PIBpc español coa media da UE en períodos de crecemento, pero diverxencia en períodos de crise. A produtividade do traballo contribuíu máis ao crecemento do PIBpc que a taxa de emprego.

Na economía española a crise da Covid-19: Rexistrou un aumento do desemprego maior que a crise financeira do 2008. A elevada temporalidade do mercado laboral aumentou o número de persoas desempregadas. A baixa proporción de autónomos e microempresas agravou a crise. Dentro da UE a economía española foi das máis afectadas polo elevado peso do sector da automoción.

Con respecto á poboación española: A comezos do século XXI e até a chegada da crise do 2008 o crecemento total da poboación é debido fundamentalmente ao saldo natural. Actualmente, o índice de recambio da poboación en idade activa é maior que 100. A chegada de inmigrantes ao territorio español no período 1995-2006 tivo efectos negativos sobre a economía, xa que provocou un aumento do desemprego e unha redución do PIBpc. Os movementos migratorios interiores da segunda metade do século XX provocaron unha converxencia do PIBpc entre CC.AA.

No mercado de traballo español: Na actualidade a taxa de desemprego é maior na poboación cun maior nivel formativo. Na actualidade a temporalidade é inferior á media da UE. Na segunda metade da década de 1980 rexístrase un elevado aumento dos ocupados, pero só unha pequena redución dos desempregados. Desde a segunda metade da década de 1980 o desemprego español ten unha gran sensibilidade cíclica debido, entre outras cousas, á elevada temporalidade.

O indicador (FBCF*100)/PIB na economía española medrou: De 1975 a 1985. De 1985 a 1990. De 1995 a 2005. De 2008 a 2015.

Polo que se refire á agricultura española: Desde o ano 1985 a produtividade do traballo no sector aumentou. Desde o ano 1985 os prezos do sector agrícola aumentaron máis que no conxunto da economía. Dentro da UE a agricultura española está especializada en olivar e viticultura, entre outras. Co paso da UE-12 á UE-27, reduciuse a participación española na produción agraria da Unión Europea.

Polo que se refire ao capital tecnolóxico: O esforzo tecnolóxico é moi desigual entre as distintas CC.AA. españolas. O déficit español de aposta polo coñecemento non se debe ao potencial económico. Na economía española o indicador (Gasto I+D*100)/PIB é anticíclico. A crise do 2008 reduciu o gasto en I+D en relación ao PIB na economía española e na media da UE-27.

Polo que se refire ao Sector Público. Desde o ano 1985, na economía española a porcentaxe do gasto público da Administración Central diminuíu e o das CC.AA. aumentou. Na economía española o principal imposto directo é o IVA. Na economía española o gasto público en relación ao PIB está por riba da media da euro área, pero o ingreso público en relación ao PIB está por debaixo. En xeral, os países da UE que teñen un maior déficit público son aqueles que teñen unha malor porcentaxe de gasto público en relación ao PIB.

Polo que se refire ao sector servizos españo. Desde 1985 foi o sector da economía que máis aumentou a produtividade do traballo. Actualmente é o sector con maior importancia relativa na economía, tanto na produción como no emprego. Foi o motor do crecemento económico na década de 1960. É o sector coa taxa de cobertura máis elevada.

A taxa de cobertura: Definese como (X/PIB)*100. Mide o peso dos fluxos comerciais no PIB. Indica en que medida os ingresos por exportacións permiten cubrir os gastos por importacions. No sector agrario español aumentou desde a entrada na CEE.

Na economía española: Desde 2005 aumenta a remuneración dos asalariados no PIB, mellorando significativamente a distribución funcional da renda. Actualmente o indice de Gini está por riba da media da UB-27, o que indica unha maior desigualdade na distribución persoal da renda na economía española. Actualmente a taxa de pobreza está por debaixo da media da UB-27. Desde 1955 nas CC.AA. prodúcese un proceso de converxencia no crecemento do PIB.

Nunha economia: O PIBpe unicamente pode crecer polo aumento da produtividade do traballo. A produtividade do traballo depende unicamente do capital por traballador. Se a taxa de crecemento da produtividade do traballo está por riba da taxa de crecemento do PIBpc, a taxa de variación da taxa de emprego é negativa. Na economía española durante o periodo 1960-1985 o PiBpc creceu a pesar de que o crecemento da taxa de emprego foi negativo.

No mercado de traballo español: En 1984 o contrato temporal foi impulsado como un instrumento de loita contra o desemprego. O contrato indefinido de fomento do emprego ten como obxectivo reducir o desemprego, pero non a temporalidade. Na reforma do 2012 facilitase o despedimento por causas económicas. Na reforma do 2021 establécese o mecanismo de flexibilidade e estabilización no emprego.

Durante o século XX: O PIBpc galego converxe co PIBpc español. Aumentou a participación do PIB galego no PIB español. O PIBpe galego diverxe co españo. En termos relativos, a poboación galega aumentou o seu peso no conxunto español.

En relación á poboación galega: Na primeira metade do século XX aumentou, a pesar do elevado saldo migratorio negativo. Desde a década de 1990 o crecemento vexetativo foi positivo. Actualmente, o indice de recambio da poboación en idade activa en Galiza é superior que no conxunto español. Desde 1960 a poboación urbana supera á poboación rural.

Comparando en termos relativos a economía galega e a española. A economía galega está especializada no sector primario e secundario. A taxa de ocupación galega estivo por riba da española até a década de 1990. Actualmente, a taxa de ocupación feminina galega é superior á española. En Galiza, o PIBpc é superior á Renda Familiar Bruta Dispoñibel per cápita.

Cando analizamos a evolución da poboación ocupada galega observamos que: En 1976 case a metade dos ocupados galegos estaban no sector agrario. Actualmente, o peso porcentual dos ocupados agricolas no total de ocupados é inferior en Galiza que no conxunto español. Desde 1976 a taxa de ocupación galega aumentou. Actualmente hai menos ocupados que en 1976.

Denunciar Test