option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

TEST EXAMEN FUNDAMENTOS 2026

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
TEST EXAMEN FUNDAMENTOS 2026

Descripción:
EXAMEN DE MIERDA

Fecha de Creación: 2026/06/17

Categoría: Otros

Número Preguntas: 13

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Cal das afirmacións a), b), c), d) é correcta?. Os métodos de causalidade son útiles para avaliar o rendemento dos recursos humanos. No ámbito da selección de persoal, unha vantaxe das entrevistas estandarizadas é que implican un escaso nivel de formación do entrevistado/a. O erro de contaxio refírese a que as avaliacións pasadas do rendemento inflúen indebidamente na avaliación presente. A redución das horas extra é útil cando a demanda de persoas dunha organización é superior á oferta. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c) e d) é correcta.

Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: A rotación de postos pode usarse para formar aos empregados. De acordo á visión estratéxica da dirección de RRHH, a xestión de RRHH ten un impacto relevante nos resultados empresariais. As empresas identifican necesidades de formación analizando a organización, as tarefas vinculadas a cada posto, e como realizan o traballo as persoas. A ampliación do traballo utilízase para reducir o nivel de especialización do posto de traballo. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c), d) é incorrecta.

En relación ás técnicas para o redeseño de postos: A simplificación do traballo é útil para obter un menor nivel de especialización. A ampliación do traballo engade novas tarefas que implican tanto cambios no nivel de contido como no nivel de responsabilidade do posto. O deseño de traballo en equipos busca aumentar o nivel de especialización. O enriquecemento do traballo é útil para aumentar o nivel de especialización. Ningunha das respostas anteriores é correcta.

O método de avaliación do desempeño no que se comparan a todos os avaliados/a dous a dous, clasificándoos en función do número de veces que foi o mellor do par clasifícase como: Subxectivo, de características e categorización. Subxectivo, de comportamento e narrativo. Subxectivo, de comportamento e categorización. En base a resultados. Ningunha das respostas anteriores é a correcta.

Cal das seguintes afirmacións é correcta?: Os vídeos interactivos son un método de formación recomendado cando a formación impártese no lugar de traballo, no posto. A compensación relacionada coa satisfacción que experimenta unha persoa no traballo é unha compensación financeira indirecta. O salario base é unha compensación financeira indirecta. A ampliación do traballo supón engadir novas tarefas que implican tanto cambios no nivel de contido como no nivel de responsabilidade. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c) e d) é correcta.

Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: O fomento das saídas voluntarias emprégase cando a oferta de RRHH dunha organización supera á demanda. Os despedimentos poden ser disciplinarios, colectivos e por causas obxectivas. A externalización é útil cando a oferta de RRHH dunha organización é inferior á demanda. O recurso a Empresas de Traballo Temporal é útil cando a demanda de RRHH dunha organización é superior á oferta. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c), d) é incorrecta.

No ámbito dos recursos humanos, con que relacionas o método de indicadores clave?: Coa planificación recursos humanos. É un método cuantitativo de previsión de necesidades de recursos humanos. Coa avaliación do rendemento dos recursos humanos. É un método para a avaliación do rendemento do persoal subxectivo, de comportamento e categorización. Coa avaliación do rendemento dos recursos humanos. É un método para a avaliación do rendemento do persoal subxectivo, de características e categorización. Coa planificación dos recursos humanos. É un método de previsión de dispoñibilidades de recursos humanos. Ningunha das respostas anteriores é correcta.

En relación á planificación de RRHH: Nas técnicas do grupo nominal, as discusións en grupo facilitan o intercambio de ideas. A análise da razón establece relacións de causalidade entre as necesidades de persoal e outras variables relacionadas. A análise da carga de traballo prevé as dispoñibilidades de persoal considerando a relación entre o volume de vendas e o número de empregados/as. As gráficas de reemprazo son unha das técnicas que se empregan para a análise da demanda de persoal. Ningunha das respostas anteriores é correcta.

Cal das seguintes afirmacións é correcta?: A ampliación do traballo engade novas tarefas que implican tanto cambios no nivel de contido como no nivel de responsabilidade do posto. O inventario de RRHH utilízase para prever necesidades de recursos humanos. A selección de persoal inclúe un conxunto de actividades tendentes a atraer un número suficiente de candidatos/as cualificados/as para ocupar un posto de traballo. A valoración do rendemento permite valorar a eficacia dos sistemas de selección. Ningunha das afirmacións anteriores é correcta.

Un profesor/a da túa facultade tende a valorar as presentacións orais que realiza o seus alumnado en base aos últimos minutos da presentación. Que erro relacionado coa avaliación do rendemento pode estar cometendo?: Erro de contaxio. Erro de recencia. Erro de severidade. Efecto halo. Ningunha das respostas anteriores é correcta.

Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: Os grupos de expertos poden utilizarse na planificación de recursos humanos. O enfoque continxente da xestión dos recursos humanos defende que a xestión dos RRHH debe ter en conta a consistencia interna das distintas políticas de RRHH e o contexto onde se desenvolven. Os grupos de expertos poden utilizarse para recoller información para realizar a análise de postos. Unha das características da visión estratéxica da dirección de RRHH é que busca anticiparse aos posibles problemas. Marca esta opción se cres que ningunha das afirmacións a), b), c) e d) é incorrecta.

Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: A decisión sobre quen impartirá a formación relaciónase coa fase de control dos programas de formación. A selección de persoal busca predicir que candidatos/as lograrán un rendemento e axuste elevado. A planificación de carreiras pode implicar tanto cambios verticais como horizontais. Os grupos de expertos poden utilizarse para prever necesidades de recursos humanos. Marca esta opción se cres que ningunha das afirmacións a), b), c) e d) é incorrecta.

Cal das afirmacións a), b), c) e d) en relación aos contratos laborais é incorrecta?. O contrato por circunstancias da produción pode usarse para atender situacións ocasionais, previsibles e que teñan unha duración reducida e delimitada. O contrato por circunstancias da produción pode usarse cando se produce o incremento ocasional e imprevisible e as oscilacións que, aínda tratándose de actividade normal da empresa, xeran un desaxuste temporal entre o emprego estable dispoñible e o que se require. O contrato de formación en alternancia ten por obxecto compatibilizar a actividade laboral retribuída cos correspondentes procesos formativos no ámbito da formación profesional, os estudos universitarios ou o Catálogo de especialidades formativas do Sistema Nacional de Emprego. O contrato de fixos descontinuos é un contrato de duración determinada que se pode usar para traballos de natureza estacional ou vinculados a actividades produtivas de tempada. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c) e d) é incorrecta.

Denunciar Test