examen historia 2026
|
|
Título del Test:
![]() examen historia 2026 Descripción: examen julio |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. Cales son as etapas clave na evolución da Educación Social?. A)Transformacións económicas e sociais da Idade Moderna e inicio do Intervencionismo Estatal. B)Transformacións económicas e sociais da Idade Moderna, caída do Antigo Réxime, inicio do Intervencionismo Estatal e construción do Estado Liberal. C)Caída do Antigo Réxime e construción do Estado do Benestar. D)A e C son correctas. 2. Segundo a perspectiva histórica, a infancia considérase: Unha realidade natural e inmutable ao longo do tempo. Unha etapa biolóxica independente do contexto social. Unha construcción social que varía segundo o momento histórico e cultural. Un concepto exclusivo das sociedades occidentais modernas. 3. Que etapa representou o inicio da institucionalización da acción social?. Transformacións económicas e sociais da Idade Moderna. Caída do Antigo Réxime. Inicio do Intervencionismo Estatal. Construción do Estado Liberal. 4. A finais do século XVIII xorde un novo ámbito da educación social, coñecido comoeducación popular, que tiña como obxectivo: Reforzar o ensino relixioso e moral das poboacións. Substituír completamente as ensinanzas levadas a cabo no sistema educativo formal. Ofrecer acceso á cultura e á educación a todas as persoas excluídas dos circuitos educativos convencionais. Estaba dirixida exclusivamente á alfabetización das crianzas excluídas dos circuitos educativos convencionais. 5. Cal destas institucións fomentaba a formación de nais e profesionais?. Consultorios de nenos de peito e gotas de leite. Escolas de maternoloxía. Casas de misericordia. Casas de socorro de persoas adultas. 6. Durante a evolución do ámbito da educación formal, que tipo de relación se produciu entre a educación formal e non formal?. a)Non se estableceu ningún tipo de relación. b)Produciu unha paulatina substitución da educación formal pola non formal. c)Existiu unha relación flutuante e dialéctica. d)B e C son correctas. 7. Sobre o Foro de Porto Alegre e o Foro Mundial de Davos, identifica a resposta correcta. O Foro de Porto Alegre é concibido polos seus protagonistas como a antítese do Foro Mundial de Davos. No Foro Mundial de Davos reuníronse os cidadáns e os pobos do Planeta. No Foro de Porto Alegre reuníronse os “amos do mundo”. Ambos Foros, celebraron no mesmo lugar do Planeta. 8. Que enfoque predominaba na Idade Moderna para intervir coas persoas en situación de vulnerabilidade ou con necesidades educativas especiais?. a)Carácter preventivo sobre o recuperador. b)Carácter aislacionista. c)Carácter asistencialista e caritativo. d) B e C son correctas. 9. Que autor propuxo a creación dun censo municipal simultáneo para persoas pobres como medida de control da mendicidade?. Fray Juan de Robles. Juan Luis Vives. Fray Domingo de Soto. Cristóbal Pérez de Herrera. 10. No marco do estatus universitario da Educación Social e segundo o marco legal, ten como campos: A educación non formal, a educación de adultos, inserción social de persoas desadaptadas e minusválidos e a acción socio-educativa. A educación non formal, a educación de adultos, a educación ambiental e a mediación. A inserción social de persoas desadaptadas e minusválidos, a acción socio-educativa, a educación ambiental e a animación socio-cultural. A inserción social de persoas desadaptadas e minusválidos e a acción socio-educativa. 11. Sobre a actualidade da profesión de educador/a social, X. Úcar manifesta que... (marca a resposta incorrecta). A educación social é unha profesión homoxénea e complexa. A educación social é unha profesión xoven. Educadoras e educadores sociais están creando ou descubrindo continuamente novos espazos de intervención profesional no social. Son os mesmos educadores/as sociais quen detectan novos nichos de ocupación e novos ámbitos de traballo. 12. “Pode considerarse que o establecemento do Estado de benestar foi o resultado dun gran pacto social no que todos os actores implicados (empresarios/as, traballadores/as, poderes públicos) puxeron algo da súa parte para construir unha rede social de protección e asistencia fronte ás adversidades individuais” Este feito acontece: En 1939, tras finalizar a Guerra Civil. En 1945, tras finalizar a Segunda Guerra Mundial. En 1936, co golpe de Estado. En 1936, co golpe de Estado e en 1939, tras finalizar a Guerra Civil. 13. Que implicou o desenvolvemento do principio de atención á diversidade?. A creación de centros separados para persoas con diversidade funcional. A aceptación da atención á diversidade e a inclusión das crianzas con diversidade funcional no sistema educativo formal. A desaparición da educación especial. A escolarización exclusiva en centros educativos ordinarios. 14. Os primeiros orfanatos como espazos de acollida e protección aparecen: a) Na Idade Media como reacción ao crecente castigo da Igrexa cara ao aborto e o infanticidio. b) Na Idade Moderna a raíz da aparición da burguesía como clase social que revaloriza a infancia. c) Na Idade Moderna a raíz das reivindicacións dos novos actores: familia, escola e igrexa. d) B e C son correctas. 15. Sinala a resposta CORRECTA con respecto ao papel da familia na Idade Moderna: a) A familia céntrase na supervivencia e na produción. b) A implicación afectiva da familia é escasa debido á mortalidade e á pobreza. c) A familia asume un papel máis afectivo, protector e educativo. d) A e C son correctas. 16. Como define Ucar (1992) a animación sociocultural?. Como unha acción educativa desenvolvida en contextos escolares. Como actividades educativas desenvolvidas en espazos de ocio e tempo libre. Como unha intervención dirixida a mellorar a calidade de vida nunha comunidade delimitada xeograficamente, mediante a participación activa dos seus membros. Como un método para mellorar a interacción entre as diferentes persoas. 17. Cal dos seguintes é un exemplo histórico de acción socioeducativa?. Institucións culturais, ateneos e casinos. Educación popular. Extensión universitaria. Todas son correctas. 18. A caridade na Idade Media tiña unha: Función económica. Función política. Función espiritual e social. Función económica e política. 19. Os Colexios de Nenos Doutrinos diferenciábanse doutras institucións da idade moderna por: Ser institucións exclusivamente represivas. Centrar a súa acción exclusivamente na infancia. Propoñer modelos de educación emancipadora. Ser espazos ambivalentes de protección e control social da infancia pobre. 20. Cando se inicia o movemento protector da infancia?. No século XX. A finais do século XVIII. A finais do século XIX e principios do XX. Na década dos 60. 21. Tanto a corrente da Nova Escola como na Institución Libre de Ensinanza (ILE) destacan. a) A necesidade de colocar ao alumnado no centro do proceso educativo, recoñecéndo como participante activo na construción da súa propia aprendizaxe. b) A etapa da educación secundaria como unha etapa con carácter propio. c) A necesidade de impulsar metodoloxías conservadoras nas aulas. d) A e B son correctas. 22. Quen foi o principal promotor do ideario educativo da Institución Libre de Ensinanza (ILE)?. Joaquín Costa. Francisco Giner de los Ríos. Célestin Freinet. Adolfo Posada. 23. Que era o racionalismo para Ferrer Guardia? (identifica e marca o que corresponda). A ausencia de dogmas e o libre discurso da razón. A ausencia de dogmas e o libre discurso da emoción. A presencia de dogmas e o libre discurso da razón. A ausencia de dogmas. 24. Que novidade introduziu a Lei de Tribunais Tutelares de Menores de 1918?. a) A creación de centros específicos destinados á reeducación de menores delincuentes. b) O castigo físico como método de corrección. c) A creación do xulz pedagogo con formación educativa. d) A e C son correctas. 25. Que característica foi clave na desinfección das persoas pobres da política social na Idade Moderna?. a) A ambivalencia nas actitudes dirixidas cara ás persoas pobres. b) A intervención dos poderes públicos que desprezaron o papel da Igrexa nesta tarefa. c) As persoas pobres deixan de ser vistas como a representación de Cristo na terra. d) A e C son correctas. 26. Que institucións precursoras da educación social no ámbito das persoas en situación de vulnerabilidade se desenvolveron en España na Idade Moderna?. Workhouses e Hôpitaux Généraux. Hôpitaux Généraux e Casas de Misericordia. Albergues e Casas de Misericordia. Hospitais Xerais, Albergues e Casas de Misericordia. 27. As institucións como Casas de Arrepentidas, Beaterios e Galeras propoñían: a) Un enfoque educativo integral centrado exclusivamente na infancia feminina. b) Unha intervención moralizadora centrada no control do comportamento feminino. c) Unha intervención asistencial-correctiva desenvolvido habitualmente en réxime pechado. d) A e B son correctas. 28. Que ámbitos de actuación quedaban plenamente recoñecidos na definición de educación de persoas adultas que adoptaba a Conferencia Xeral da UNESCO de 1976 (Nairobi)?. a) A formación básica e o lecer e o tempo libre. b) A formación básica e a formación profesional. c) A formación básica, o lecer e o tempo libre e a actualización profesional. d) A e B son correctas. 29. Que iniciativas precursoras da Educación Social levadas a cabo durante o reformismo español promoveron o nacemento da denominada "medicina social"?. a) Consultorios de nenos de peito e gotas de leite. b)Escolas de familia. c)Educación física e actividades de ocio e tempo libre. d) A e B son correctas. 30. Cal foi a primeira lei en España que regulou o traballo infantil?. Lei do 13 de marzo de 1900. Lei Benot de 1873. Lei de Protección á Infancia e Represión da Mendicidade de 1904. Reforma Laboral de 1910. |




