option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

examen mayo año pasado

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
examen mayo año pasado

Descripción:
examen curso pasado

Fecha de Creación: 2026/05/19

Categoría: Otros

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1. O modelo escolar, en educación de persoas adultas, non se caracteriza por: Ser unha educación de adultos como fenómeno compensador. Ser unha educación de adultos como fenómeno emprendedor. Estar centrada en tarefas de recuperación da formación inicial. Centrarse en recuperación de oportunidades perdidas no pasado.

Que programas de acción, segundo a Lei 9/1992, son necesarios para a consecución dos obxectivos contemplados na mesma. Programas de animación á lectura. Programas de apoio para a obtención do permiso de conducir. Programas de desenvolvemento comunitario e de animación socio-cultural. Programas de animación socio-cultural.

A loita contra o analfabetismo, a recuperación de oportunidades, a ampliación da educación básica e as diferentes necesidades de educación funcional, enmárcase no ámbito. Laboral. Animación socio-cultural. Cidadán. Das situacións persoais.

O Real Decreto 1420/1991 contempla que “as ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Diplomado en Educación Social deberán orientarse á formación dun educador nos campos de: A educación escolar, a educación non formal e a animación sociocultural. A educación non formal, a educación de adultos, a inserción social de persoas desadaptadas e minusválidas, así como a acción socio-educativa. A educación formal, a educación non formal e a educación informal. A animación sociocultural, a educación social especializada e a educación de adultos.

Na Lei 9/1992 de Educación e Promoción de Adultos non se contempla como obxectivo: Posibilitar a orientación académica e profesional, a inserción laboral e a reciclaxe de adultos en paro, mediante accións formativas ocupacionais dirixidas ó perfeccionamento, á reconversión ou á adaptación a novos postos de traballo. Promover o coñecemento da nosa realidade e moi especialmente da nosa lingua e cultura. Posibilitar a permeabilidade entre ensinanzas regradas e non regradas. Sensibilizar a opinión pública sobre o sentido e a necesidade da alfabetización e educación permanente dos cidadáns.

Son tipos de analfabetismo, identifica e marca a resposta que non se corresponde: Analfabetismo absoluto. Analfabetismo funcional. Analfabetismo parcial. Analfabetismo regresivo.

Un campo fundamental de actuación que abarca a educación e promoción de adultos segundo a Lei 9/1992 é. A formación e actualización cultural, con especial incidencia no coñecemento do idioma e da cultura galegas. A formación universitaria para toda a sociedade. A formación matemática e social. A formación en habilidades sociais.

“El concepto de educación popular abarca una gran diversidad de prácticas, de naturaleza educativa o de acción colectiva, sostenidas por una ética” , correspóndese cunha expresión de. Adalberto Ferrández. Jaume Trilla. Antonio Petrus. Pierre Goris.

Tendo en conta as novas orientacións europeas en educación de persoas adultas segundo Florentino Sanz, identifica e marca a resposta que non se corresponde. A educación de adultos como condición e requisito imprescindible para o desenvolvemento humano. Da educación de adultos como fenómeno compensador pasouse á educación de adultos como fenómeno emprendedor. Da educación de adultos como fenómeno emprendedor pasouse á educación de adultos como fenómeno compensador. Da educación de adultos como concesión pásase á educación de adultos como condición.

Un dos ámbitos da Educación das Persoas Adultas segundo F. Sanz é. Ámbito das situacións profesionais. Ámbito compensador. Ámbito ocupacional. Ámbito cidadán.

Unha persoa adulta, sen deficiencias respecto ao seu pasado, pode atoparse con esixencias do presente e neste sentido, nos atopamos con dous termos complementarios. Analfabetismo e educación básica. Analfabetismo e educación compensatoria. Educación básica e educación para o desenvolvemento persoal. Educación compensatoria e educación para o desenvolvemento persoal.

As Universidades Populares, en case a súa totalidade dependen. Do Sistema Universitario Español. Da administración do Estado. De administracións locais. De entidades privadas.

A educación técnico-profesional. O seu marco de referencia é a institución laboral. Está insertada dentro do sistema formal de educación. Non continúa nin garda relación coa formación xeral escolar. Está sempre dirixida a persoas adultas.

”Las personas que saben leer y escribir, dominan más la reflexión, toman más conciencia de sus necesidades y de los medios de responder a éstas, cambian la percepción de sí mismas y descubren su dignidad y sus potencialidades”, correspóndese cunha expresión de. F. Sanz. J. Trilla. A. Petrus. R. Rezsogazy.

En Educación de Persoas Adultas, identifica e marca o termo que non se condidera sinónimo dos outros tres. Educación compensatoria. Educación de segunda oportunidade. Ampliación da educación básica. Educación remedial.

A educación e promoción de adultos, segundo a Lei de educación e promoción de adultos adoptará as seguintes modalidades: A distancia e presencial. Presencial, a distancia e semipresencial. Presencial e semipresencial. Semipresencial e a distancia.

. No referido ás “diferentes necesidades de educación funcional”, pódese afirmar que……… Identifica e marca a resposta que non se corresponde. Hoxe en día as persoas necesitamos desde aprender a utilizar os bens materiais, a “consumir” con un mínimo de garantía para a nosa saúde…. ata aprender a utilizar a nosa propia cultura para recrear e fortalecer a nosa vida. Unha calidade de vida elemental, nos esixe hoxe un mínimo de coñecementos sobre a nosa relación co medio ambiente, unhas habilidades concretas para establecer relacións directas cos cidadáns. Hoxe en día as persoas necesitamos unicamente, adquirir unha boa alfabetización dixital. Unha calidade de vida elemental, nos esixe hoxe un mínimo de coñecementos sobre a nosa relación co medio ambiente, así como a aprendizaxe dunhas destrezas que nos permitan contemplar a natureza desde a fiestra ou desde o paseo e non sempre desde unha imaxe electrónica ou unha cámara de fotos.

Segundo a terminoloxía da política europea de educación e formación, a educación de adultos ten por obxectivo. Adaptar o modo de ser da persoa adulta ós cambios das cidades nas que reside. Someterse á cultura dominante no país onde resida. Adquirir, mellorar ou actualizar coñecementos, destrezas ou competencias nun ámbito específico. Proporcionar á persoa adulta un título europeo.

A expansión educativa entre as persoas adultas e a súa cristalización en dereitos constitucionais, non chegou ata. Mediados do século XXI. Mediados do século XX. Principios do século XXI. Principios do século XX.

A Formación Ocupacional…… completa e marca a resposta que se corresponde. Implica unha tarefa educativa desempeñada no sistema educativo formal. Está dirixida fundamentalmente a adquirir habilidades e coñecementos para desempeñar un posto de traballo concreto. Nunca pode ser ofertada desde as empresas, só por centros colaboradores. Está unicamente dirixida á mellora de competencias de persoas traballadoras ocupadas.

Denunciar Test