examen repaso mediación ud2
|
|
Título del Test:
![]() examen repaso mediación ud2 Descripción: cultura de paz e conflito |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
A perspectiva de xénero analiza…. só as diferencias biolóxicas entre homes e mulleres. só conflitos de violencia de xénero. as construccións sociais e roles asignados a cada sexo. únicamente as desigualdades económicas. O impacto de xénero é…. unha teoría feminista sen aplicación práctica. un indicador sobre as consecuencias dun conflito. o efecto dunha intervención nas relacións de xénero. a análise das emocións durante a mediación. As lentes de xénero son necesarias porque…. a realidade é sempre igual para homes e mulleres. os conflitos non afectan de forma distinta a cada sexo. permiten identificar desigualdades ocultas. só interesan en temas de violencia. Na recollida de información débese…. evitar preguntar sobre desigualdades. detectar estereotipos e vulnerabilidades relacionados co xénero. focalizar só no conflito sen valorar o xénero. ignorar factores culturais. Os Xulgados de Violencia sobre a Muller son competentes…. só en asuntos civís. só en delitos leves. en delitos contra a parella/exparella e determinados familiares. só cando hai convivencia. Cal das seguintes afirmacións é correcta sobre o conflito?. é sempre negativo. é sempre violento. é unha experiencia subxectiva. require sempre que haxa dous ou máis persoas. A fase de acendido caracterízase por…. a total ausencia de tensión. a busca dun detonante por unha parte e intento de evitalo pola outra. un acordo incial. a intervención dun profesional externo. O conflito latente é…. un conflito xa solucionado. conflito inexistente. conflito non visible pero presente. todas son correctas. As posicións nun conflito corresponden a…. as emocións explícitas. o que cada parte di que quere inicialmente. os principios morais que sustentan a discusión. a historia previa do conflito. As necesidades dentro do conflito…. son sempre materiais. están por riba dos intereses e son máis profundas(dignidade, xustiza,seguridade...). non teñen relación cos sentimentos. todas son falsas. Os protagonistas secundarios son…. os que causan o conflito. os mediadores. persoas que non influen no proceso. persoas indirectamente afectadas pero con capacidade de influencia. A percepción do conflito…. é irrelevante. é sempre idéntica para ambas partes. é a interpretación subxectiva do que ocorre. só depende dos feitos obxectivos. Un conflito está polarizado cando…. hai moitos intermediarios. as partes ven todo en termos de "razón-erro" sen matices. o conflito xa está resolto. as emocións non inflúen. Que caracteriza un estereotipo?. é fácil de modificar. describe a unha persoa concreta. xeneraliza e simplifica a realidade. sempre é negativo. A relación deteriorada entre as partes provoca…. maior facilidade para o acordo. que o conflito se resolva só. dificultades para resolver o conflito. que disminúa a polarización. A “visión de túnel” consiste en…. analizar todos os aspectos posible. ignorar datos e centrarse nun único detalle. pensar que sempre se controla a situación. todas son correctas. A substancia do conflito refírese a…. as emocións implícitas. os feitos obxectivos que ocorrern. a historia previa do vínculo. os intereses. Un exemplo de substancia sería…. estou moi decepcionado contigo. insultoume. creo que non me respectas. nunca te importa o que fago. A relación no conflito é…. irrelevante. é máis importante a substancia do conflito. un elemento que pode ser máis importante ca o propio feito. un sinónimo de interese. A diferenza entre substancia e relación é importante porque…. permite ignorar os sentimentos. permite centrarse só nos feitos. axuda a comprender mellor que busca cada parte. non ten utilidade no conflito. Un conflito que está oculto e non se mostra abertamente denomínase…. interpersoal. latente. manifiesto. funcional. Cando as partes expresan claramente o desacordo, o conflito é…. secundario. intragrupal. manifiesto. de roles. Nun conflito latente as persoas…. enfróntanse directamente. non perciben ningún tipo de tensión. evitan ou atrasan o problema. non teñen intereses incompatible. A acumulación dun conflito latente pode provocar…. a súa desaparación automática. un estoupido máis intenso. un acordo inmediato. todas son falsas. Cando unha persoa debe escoller entre dúas opcións igualmente negativas, falamos de…. atracción-atracción. atracción-evitación. evitación-evitación. rol percibido. Un conflito intragrupal implica…. diferentes organizacións. persoas do mesmo grupo. só unha persoa. unha opción positiva e outra negativa. O conflito disfuncional produce…. mellora toma de decisións. creatividade. destrución de vínculos e mal rendemento. tensión construtiva. Segundo Galtung, cal destas afirmacións forma parte da identidade do conflito?. o conflito debe evitarse sempre. o conflito é un erro no funcionamento social. o conflito non se soluciona, transfórmase. o coflito é sempre negativo. No triángulo da violencia, cal das combinacións é correcta?. violencia directa, emocional e política. violencia estrutural, psicolóxica e cultural. violencia directa,estrutural e cultural. violencia física, simbólica e social. A violencia estrutural caracterízase por…. ser exercida por un agresor visible. provir de desigualdades creadas polo sistema social. ser sempre máis grave que a violencia directa. ser unha agresión física claramente observable. Cando unha persoa renuncia totalmente aos seus intereses para satisfacer os da outra parte, que estilo utiliza?. compromiso. dominante. acomodación. colaboración. Cal das seguintes estratexias está orientada a mellorar a integración e reducir a exclusión?. negociación rápida. fomentar o sentimento de pertenza e identidade. competición estruturada. uso de premios e castigos. Os Círculos de Paz teñen como finalidade principal…. determinar quen ten a culpa. resolver conflitos só cando aparecen. construír relacións sas, seguras e restaurar danos dentro da comunidade. todas son correctas. A reflexión é especialmente útil cando…. o conflito implica moitas persoas. non hai diferenzas entre as partes. trátase dun conflito intrapersoal e é necesario escoller entre obxectivos incompatibles. hai una solución decidida previamente. Os pensamentos distorsionados caracterízanse por…. analizar todas as alternativas posibles. ofrecer unha visión parcial ou sesgada da realidade. facilitar a toma de decisións obxectivas. reducir a necesidade de información. Cal dos seguintes é un sesgo cognitivo frecuente na resolución de conflitos?. recoñecer os propios erros con facilidade. buscar sempre toda a información dispoñible. inhibición da autocrítica. anticipar todos os obstáculos de forma detallada. A habilidade de poñerse no lugar do outro/a é importante porque…. permite gañar sempre un conflito. evita ter que negociar. axuda a comprender diferentes perspectivas e facilita solucións xustas. reduce a necesidade de comunicación. Que técnica consiste en repetir a mesma situación pero intercambiando papeis?. proxección de futuro. análise de dereitos en conflito. inversión de papeis. observación imparcial. A proxección de futuro utilízase principalmente para... mellorar a memoria a curto prazo. evitar que a persoa pense no conflito. representar só a perspectiva doutra persoa. relacionar o presente cos obxectivos vitais a longo prazo e analizar consecuencias. Que caracteriza ás vías exóxenas de resolución de conflitos?. dependen exclusivamente das partes implicadas. intervén un terceiro ou institución externa para facilitar a solución. baseanse en diálogo directo e ceder mutuamente. promoven sempre un gañador e un perdedor. Cal das seguintes é unha vía endóxena?. xustiza. arbitraxe. negociación. mediación. Que é a confrontación no contexto da resolución de conflitos?. unha técnica de mediación imparcial. un proceso de negociación con consenso. a lei do máis forte, que xera un gañador/a e un perdedor/a. Un proceso xudicial formal. Por que se considera a mediación unha vía eficaz?. porque impón solucións a unha das partes. porque evita calquera tipo de diálogo. porque un terceiro imparcial facilita a negociación e promove acordos consensuados. todas son correctas. Cal das seguintes afirmacións distingue á negociación da confrontación?. na negociación sempre hai un gañador e un perdedor. na negociación ambas partes buscan solucións mutuamente aceptables. a confrontación busca consenso entre as partes. a negociación depende do poder do Estado para aplicarse. |




