TEST IGUALDADE
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() TEST IGUALDADE Descripción: Educación |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
1. Que implica aplicar o principio de igualdade no ámbito educativo?. Desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe atendendo os dereitos e as oportunidades de todas as persoas independentemente do seu sexo e xénero. Desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe atendendo os dereitos e as oportunidades de todas as persoas sen prexuízo das súas capacidades. Todas as respostas son correctas. 2. Que mecanismos contribúen a perpetuar a situación de subordinación social da muller?. As relacións de poder asimétricas. A presenza da muller no fogar. A desigualdade económica. 3. Que é o feminismo?. Unha corrente de pensamento que defende a supremacía das mulleres sobre os homes. Un movemento político que defende a implantación de medidas de discriminación positiva. Un movemento que procura a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. 4. O profesorado galego ten a obriga de formarse en materia de igualdade: Non, non se establece en ningunha disposición normativa. Si, establécese no Decreto 70/2017, do 13 de xullo. Si, establécese no Plan de Formación Anual do Profesorado. 5. Como se visibiliza fundamentalmente a presenza das mulleres no ámbito educativo?. A través da linguaxe inclusiva. A través da participación das mulleres na toma de decisións. As dúas respostas son correctas. 6. Que contidos cómpre traballar en materia de igualdade no ámbito educativo?. Coeducación, igualdade de xénero, perspectiva de xénero, feminismo, corresponsabilidade, acoso sexual, violencia de xénero, escravitude sexual. Coeducación, igualdade de xénero, perspectiva de xénero, feminismo, corresponsabilidade, acoso sexual e violencia de xénero. Coeducación, igualdade de xénero, perspectiva de xénero, corresponsabilidade, acoso sexual e violencia de xénero. 7. O alumnado galego pode formarse en igualdade para o exercicio laboral?. Si, a través dun máster universitario. Si, a través dun ciclo formativo de grao superior. Todas as respostas son correctas. 8. As ferramentas legais para traballar a coeducación en Galicia son as seguintes: O VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020. O I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 e o Protocolo de identidade de xénero. Todas as respostas son correctas. 9. En Galicia, nos centros que imparten educación secundaria o alumnado pode cursar algunha materia de xénero?. Si, a través dunha materia de libre configuración autonómica na ESO ou dunha materia de libre configuración de elección de centro en 4º ou 6º de primaria, en 1º ou 2º da ESO ou en 1º de bacharelato. Si, a través dunha materia de libre configuración autonómica en 1º ou 2º da ESO. Si, a través dunha materia de libre configuración autonómica en 1º de bacharelato. 10. A Administración autonómica acreditará ao persoal da función pública os seguintes niveis de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero: Nivel básico (30 h), nivel medio (100 h) e nivel superior (300 h). Nivel básico (20 h), nivel medio (150 h) e nivel superior (500 h). Nivel básico (10 h), nivel medio (80 h) e nivel superior (200 h). 11. Que disposición normativa recolle o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo?. A Constitución española (1978) no seu artigo 14. O Estatuto de autonomía de Galicia (1981) no seu artigo 4.2. O Tratado de Amsterdam do 1 de maio de 1999, no seu preámbulo. 12. Que é a coeducación?. É un método de intervención educativa que vén determinado pola educación mixta. É un método de intervención educativa que implica educar dende a igualdade de valores, oportunidades e trato ás persoas. É un método de intervención educativa que implica considerar de xeito diferenciado as aprendizaxes do alumnado. 13. Que significa empoderamento feminino?. Aumentar a participación feminina no proceso de toma de decisións. Aumentar os niveis de poder (social, político, económico) das mulleres. Todas as respostas son correctas. 14. Cales son os termos máis axeitados para abordar a violencia contra a muller?. Violencia de xénero e violencia machista. Violencia doméstica e violencia sexista. Todas as respostas son correctas. 15. Cal é a ferramenta legal de maior impacto en Galicia para atallar a violencia machista?. A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. 16. Que é a violencia contra as mulleres?. Unha manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre os sexos. A manifestación máis grave dos prexuízos sobre os dereitos das mulleres. Todas as respostas son correctas. 17. As persoas que son vítimas da violencia de xénero dispoñen de: Diversas medidas de acción positiva en ámbitos moi variados. Unha convocatoria de axudas económicas aberta no 1º semestre do ano, que tamén se estende ás vítimas do delito de trata de seres humanos. Dúas convocatoria de axudas económicas abertas todo o ano. Onde podemos percibir estereotipos de xénero no ámbito educativo?. Na asunción de ideas preconcibidas sobre os coñecementos, as actitudes, as aptitudes e os intereses do alumnado. Só a través da organización de espazos e de actividades atendendo a cuestións de xénero. Só a través da categorización de intereses do alumnado conforme a idade e o sexo. No ámbito educativo, a prevención da violencia de xénero implica traballar os seguintes aspectos: Prevención, detección, actuación. Prevención, detección. Prevención. Que significa perspectiva de xénero?. É un enfoque que ten en consideración as diferenzas biolóxicas entre mulleres e homes co obxectivo de acadar unha igualdade real e efectiva. É un enfoque que ten en consideración as diferenzas entre mulleres e homes en calquera actividade ou ámbito co obxectivo de acadar unha igualdade real e efectiva. É un enfoque que ten en consideración as diferenzas entre mulleres e homes no plano económico e político co obxectivo de acadar unha igualdade real e efectiva. |