Intervención empleando SAAC sin ayuda
|
|
Título del Test:
![]() Intervención empleando SAAC sin ayuda Descripción: repaso ud3 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación sen axuda caracterízanse por: empregar sempre materiais de apoio externos. basearse exclusivamente no uso do propio corpo,sen soporte físico adicional. estar dirixidos unicamente a persoas con trastornos do desenvolvemento. todas son correctas. cal das seguintes opcións inclúe só métodos oralistas?. lingua de signos,albabeto dactilolóxico e método bimodal. lectura labiofacial, palabra complementada e método auditivo puro. lingua de signos, lectura labiofacial e palabra complementada. método bimodal, Lingua de Signos e método auditivo puro. os métodos xestualistas nos saac sen axuda caracterízanse por: priorizar a adquisición da linguaxe oral mediante restos auditivos. empregar signos, fundamentalmente manuais e faciais, para realizar as funcións da linguaxe. basearse no uso de soportes materiais adaptados. ter como obxectivo principal a lectura labiofacial. respecto aos métodos xestualistas nos saac sen axuda, cal das seguintes afirmacións NON é certa?. realizan as funcións propias da linguaxe a través de signos básicamente manuais e faciais. están destinados a intervención con persoas con diversidade auditiva. o seu obxectivo principal é conseguir a maior competencia posible na linguaxe oral. tamén poden apoiar a intervención con persoas con trastornos xeneralizados do desenvolvemento. o alfabeto dactilolóxico caracterízase por: representar palabras completas mediante signos complexos e específicos. trazar as letras coa man no aire, a altura do peito, complementando coa articulación vocal. ser un sistema rápido e usado como principal forma de comunicación. requirir obrigatoriamente o uso de dúas mans en todos os países. unha das funcións máis habituais do alfabeto dactilolóxico é: referirse a entidades, empresas ou organizacións que se escriben con siglas. substituír signos manuais en todas as conversacións. ensinar signos complexos combinando varias letras nun xesto. facilitar a aprendizaxe da linguaxe oral sen necesidade de signos. cal destas afirmacións sobre a lingua de signos é correcta?. cada país ten a súa propia lingua de signos, independentemente da lingua oral que se fale. a lingua de signos é única en todo o mundo, igual que a lingua oral. ambas son correctas. ambas son falsas. sobre a lingua de signos española, que resposta é a correcta?. non varía segundo a comunidade autónoma nin presenta variedades dialectais. conviven varias linguas de signos, incluíndo a española e a catalana. non evoluciona co tempo, mantendo os mesmos signos históricos. é idéntica á lingua de signos utilizada noutros países de fala española. na gramática e estrutura da lingua de signos, cal é correcta?. carece de gramática propia e depende da gramática da lingua oral correspondente. posúe unha estrutura e gramática visual propia, independente da lingua oral. só se usan movementos das mans, sen expresión facial nin corporal. non se adapta aos cambios sociais ou á necesidade de crear novos signos. cal destas afirmacións describe mellor o carácter xestual e espacial da LSE?. os movementos dos signos realízanse simultaneamente no espazo e dependen da posición dos interlocutores. os signos realízanse sempre un a un, en liña, sen depender do espazo. non importa se as persoas están colocadas fronte a fronte ou non. a expresividade do corpo e da cara non inflúe na comunicación. como funciona o léxico na LSE?. cada signo corresponde sempre a unha palabra da lingua oral. cada signo pode incluír diferentes significados e ordes, ás veces incluso frases completas. nunca se recorre ao alfabeto dactilolóxico. todos os signos teñen un significado totalmente arbitrario e sen relación coa realidade. que categoría de signos se recoñece facilmente pola súa forma ou movemento que lembra a realidade?. arbitrarios. icónicos. deícticos índices. deícticos icónicos. para que serven os signos deícticos índices?. sinalar categorías gramaticais de persoa, referencias temporais e espaciais. representar símbolos arbitrarios sen relación coa realidade. representar accións completas mediante imitación. deletrear palabras utilizando o alfabeto dactilolóxico. como se caracterizan os signos arbitrarios na LSE?. teñen representación simbólica sen relación directa co significado, pero moitos teñen orixe icónico ou mimético. representan sempre de maneira literal o obxecto ou acción. só se usan para referirse a persoas e lugares. nunca se combinan con signos icónicos ou deícticos. como se pode representar “Europa” mediante o léxico da LSE?. cun signo icónico que imite o continente. cun signo arbitrario que simule unha acción característica. cunha abreviatura mediante o alfabeto dactilolóxico, usando a letra “e”. cun signo deíctico que indique un lugar no espazo. que diferenza hai entre signos deícticos índices e signos icónicos?. os índices sinalan referencias de persoa, tempo ou espazo; os icónicos aseméllanse ao obxecto ou acción que representan. os icónicos sinalan tempo e lugar; os índices imitan accións. os índices sempre representan frases completas; os icónicos son abreviaturas. non hai diferenza, ambos son arbitrarios e sen relación coa realidade. que parámetros se combinan simultaneamente para articular un signo e darlle significado?. só a posición das mans. só o movemento das mans e a orientación. varios parámetros simultáneos: forma, orientación, lugar, movemento, dirección, punto de contacto e componente non manual. só a expresión facial. queirema refírese a: a dirección do movemento da man. a forma das mans: posicións como aberta, cerrada ou con dedos extendidos. o lugar do corpo onde se realiza o signo. o movemento circular ou en espiral das mans. toponema indica: a orientación da palma da man. o lugar preciso do corpo no que se realiza o signo, desde a cabeza ata a cintura. o movemento da man en distintas formas: rectas, circulares, espiral. todas son falsas. kínema e kineprosema refírense a: kínema: movemento da man; kineprosema: dirección do movemento. kínema: expresión facial; kineprosema: punto de contacto. kínema: forma da man; kineprosema: orientación da palma. ambos conceptos refírense só ao topónema. prosoponema é importante porque: só se usa en signos arbitrarios. é un compoñente non manual, formado por expresións faciais ou corporais, que achega información e distingue signos. determina o lugar exacto do corpo para articular o signo. indica a dirección do movemento da man. cal destas afirmacións sobre a fonoloxía da LSE é correcta?. os signos pódense entender sen ter en conta a expresión facial ou corporal. a combinación de parámetros como forma, orientación, lugar, movemento e compoñentes non manuais permite unha comunicación visual rica e detallada. só a forma da man e o movemento determinan o significado dun signo. os signos non precisan diferenciarse entre si mediante distintos parámetros. como se simplifican as frases na lingua de signos?. conservando todas as preposicións, artigos e conxuncións da lingua oral. suprimindo en moitos casos preposicións, conxuncións, adverbios ou artigos, incluso simplificando a conjugación verbal. eliminando só o suxeito das oracións. usando sempre a orde verbo + obxecto + suxeito. como se forma o tempo verbal nunha oración da LSE?. cambiando a forma do verbo como na lingua oral. engadindo signos temporais antes do suxeito, xa que o verbo non cambia só. só coa repetición do signo do verbo. mediante signos arbitrarios sen orde temporal. cal é a orde básica dos elementos nunha oración na LSE?. verbo+obxecto+suxeito. suxeito+obxecto+verbo. obxecto + verbo + suxeito. verbo + suxeito + obxecto. nunha oración da LSE que indica acción pasada nun lugar determinado, cal sería a orde correcta dos elementos?. yo + manzana + comer + ayer + colegio. ayer + colegio + yo + manzana + comer. colegio + ayer + yo + comer + manzana. yo + comer + manzana + ayer + colegio. cando queremos indicar tempo e lugar nunha oración da LSE, cal é a orde correcta dos elementos?. suxeito + obxecto + verbo + tempo + lugar. tempo + lugar + suxeito + obxecto + verbo. lugar + suxeito + verbo + obxecto + tempo. suxeito + tempo + verbo + lugar + obxecto. para que se utiliza o sistema dactilolóxico en palma?. para deletrear palabras nunha conversación oral entre persoas con diversidade auditiva. para permitir a comunicación entre persoas sordocegas e quen se relacionan con elas. como sistema principal de comunicación para todas as persoas con sordocegueira. só para aprender o alfabeto da lingua de signos. como se realiza a escritura na palma?. sostendo a man da persoa sordocega coa palma cara abaixo. sostendo a man da persoa sordocega coa palma cara arriba, e configurando as letras no centro da palma coa outra man. mediante sinais visuais no aire, sen contacto físico. facendo movementos circulares ao redor da palma sen definir letras. cal é a característica principal do método bimodal?. utiliza só a palabra falada, sen signos visuais. usa simultaneamente a palabra falada e o signo manual para expresar o mesmo significado. consiste exclusivamente en signos gestuais sen valor lingüístico. só se emprega para persoas con dificultades auditivas leves. cal destas afirmacións describe mellor a adscrición do sistema bimodal?. é un sistema puramente oralista, sen uso de signos. combina un sistema oralista coa utilización de signos da lingua de signos de referencia. é equivalente ao método de palabra complementada. non segue a estrutura do idioma oral correspondente. que dificultades presenta o sistema bimodal ao intentar sincronizar palabra falada e signo manual?. a articulación oral-auditiva é rápida, secuencial e rígida, mentres que o canal manual viso-gestual é espacial, secuencial e máis flexible. ambos os canais seguen exactamente a mesma velocidade e orde. non existe dificultade porque todos os signos teñen correspondencia coas palabras orais. os signos manuais son máis lentos, pero o oral tamén é lento, polo que non hai problemas. para paliar a lentitude do signado de todas as palabras no método bimodal, utilízanse varios recursos, cal destes é correcto?. signar só as palabras clave da oración. ignorar totalmente a palabra falada. signar todos os artigos, preposicións e pronombres de forma obrigatoria. non usar ningún recurso, só repetir sinais icónicos. en que se diferencia o método bimodal da palabra complementada?. no bimodal, os signos teñen valor lingüístico propio; na palabra complementada, os signos só axudan a distinguir sons. na palabra complementada, os signos teñen valor lingüístico propio. no bimodal, os signos só indican a entonación. ambos métodos son idénticos na función dos signos. cal é o sistema bimodal que se centra na comunicación fluida?. o sistema con finalidade estructural, que busca desenvolver a lingua oral. o sistema con finalidade comunicativa, que usa a linguaxe oral como base e signos para reforzo. o sistema que elimina palabras sen significado. o sistema baseado só en signos arbitrarios. cando a finalidade do bimodal é comunicativa, que palabras se signan?. todas as palabras da oración, incluíndo artigos e preposicións. só as palabras con contido semántico: substantivos, adxetivos, verbos e adverbios. só verbos e adverbios. só pronomes e artigos. que se busca co sistema bimodal cunha finalidade estruturarl?. reforzar só as palabras clave da oración. reflexar a estrutura completa da linguaxe oral signando todas as palabras. eliminar os signos que non teñen correspondencia coa palabra oral. usar signos arbitrarios sen valor lingüístico. cal é outro nome polo que se coñece o sistema bimodal estruturarl?. palabra complementada. oral signado exacto. alfabeto dactilolóxico. todas son correctas. que característica describe mellor o sistema bimodal comunicativo en relación á linguaxe oral?. a linguaxe oral emítese parcialmente e os signos completan o que falta. a linguaxe oral emítese na súa totalidade, e os signos reforzan palabras con significado. os signos substitúen totalmente a palabra falada. só se usan signos visuais sen valor lingüístico. cal destas vantaxes describe mellor o uso do bimodal como SAAC sen axuda?. require soportes externos complexos. facilita comunicación directa, espontánea e con menor gasto atencional. só é aplicable a persoas con diversidade auditiva. esixe maior gasto cognitivo que outros sistemas. que diferenza clave hai entre a fala signada e a palabra falada?. na fala signada combínanse signos e palabras de maneira simultánea; na palabra falada, os signos retiraranse progresivamente. a fala signada elimina a palabra oral, que se introduce só ao final. a palabra falada require usar só signos arbitrarios. a fala signada non ten conexión co contido semántico da oración. por que en Comunicación Total – Fala Signada o signo represéntase tantas veces como sílabas teña a palabra?. para facilitar a lectura labial simultánea. para reforzar a percepción temporal e secuencial da palabra, vinculando cada unidade ao seu signo. porque os signos só indican ritmo e non contido. porque só se busca un efecto visual decorativo. cal é o motivo de avanzar progresivamente de signos espontáneos a tabla signada e, finalmente, á palabra falada?. para obrigar á persoa a memorizar todas as palabras. para favorecer a emerxencia natural da linguaxe espontánea e garantir aprendizaxe gradual. para eliminar o uso de signos arbitrarios desde o inicio. para mellorar a velocidade de lectura labial. cal é o obxectivo principal do método auditivo puro?. desenvolver a lecto-escritura antes que a linguaxe oral. traballar intensamente os restos auditivos sen apoio visual ou xestual. combinar audición residual coa lectura labial para reforzo. ensinar signos manuais simultaneamente coa palabra falada. a quen se aplica principalmente o método auditivo puro?. a persoas con hipoacusias leves ou moderadas que poden desenvolver a súa vida sen demasiadas limitacións. a persoas con sordocegueira. a persoas que non teñen restos auditivos significativos. só a adultos con perda auditiva severa. por que é importante iniciar cedo a estimulación do resto auditivo en nenos/as?. porque aumenta a capacidade de aprender signos arbitrarios. porque favorece un desenvolvemento pleno da linguaxe oral aproveitando ao máximo os residuos auditivos. porque substitúe totalmente a palabra falada. porque evita a necesidade de implantes cocleares en todos os casos. cal é o principal límite da lectura labiofacial respecto á audición?. permite percibir todas as palabras con precisión auditiva. só pode interpretarse aquilo que a persoa coñece no vocabulario. substitúe completamente o resto auditivo. non require que a persoa saiba a lingua oral. cal destas prácticas favorece a aprendizaxe efectiva da lectura labial?. falar moi rápido e usar nomes propios complicados. articular correctamente, velocidade moderada, iluminación adecuada e proximidade. separar excesivamente as sílabas para que sexa máis claro. facer muecas para enfatizar palabras importantes. cal destas afirmacións sobre a práctica da lectura labial é correcta?. a persoa usuaria só debe ler os labios de fronte. a persoa usuaria debe habituarse a ler os labios de fronte, de perfil e de medio perfil. lectura labial funciona mellor sen considerar o contexto natural. só se deben usar palabras illadas para facilitar a lectura. cal é a función principal dos kinemas na palabra complementada?. complementar a lectura labial coa posición, forma e movemento da man para discriminar fonemas. sustituír a palabra falada completamente. mellorar a expresión oral da lingua falada. indicar só a prosodia sen relación coas sílabas. cales son as tres posicións da man na palabra complementada e que vocales representan?. lado da cara (a), barbilla (e-o), garganta (i-u). fronte (i), nariz (e), boca (a-o-u). lado da cabeza (i-u), queixo (a-e), ombro (o). palma (a-i), costas da man (e-o), antebrazo (u). cal destes movementos da palabra complementada serve para marcar a prosodia e facilitar a comprensión da fala?. movemento directo. flick. relax. mixto. por que a palabra complementada non se pode xeneralizar a distintos contextos?. porque non mellora a comprensión da lectura labial. porque require atención constante e práctica diaria para xeneralizar correctamente. porque substitúe completamente a lingua oral. porque só se usa para consonantes. cal destas afirmacións describe correctamente os SAAC sen axuda non xeneralizados?. dependen de soportes externos para funcionar. só poden utilizarse en persoas con alta capacidade intelectual. son sistemas accesibles e rápidos que requiren coordinación de sentidos e destrezas motoras. substitúen completamente a palabra falada e signos manuais. nunha sesión de aprendizaxe da palabra complementada, cal é a combinación correcta de elementos que permite discriminar unha sílaba con consonante inicial, vocal intermedia e marcar a prosodia?. usar un kinema de movemento relax, colocar a man na barbilla e adoptar a forma correspondente á consonante. usar só a posición da man na garganta, sen movemento, e ignorar a consonante. sinalar a consonante cun visema e deixar a vocal sen movemento. aplicar un movemento flick para a sílaba completa sen ter en conta a posición ou a forma da man. |




