option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESE: OPO EF G24

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
OPO EF G24

Descripción:
Test A y B

Autor:
Gui
OTROS TESTS DEL AUTOR

Fecha de Creación: 06/08/2024

Categoría: Oposiciones

Número Preguntas: 24
COMPARTE EL TEST
COMENTARNuevo Comentario
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
1A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Na UD de xogos tradicionais de 1º de Bach. englobada no bloque 5 do currículo, Fernando explica que unha das características do xogo é que é autotélico, é dicir, non busca recompensas externas e ten fin en si mesmo. b) Na UD de orientación Fernando explica que algúns recursos en Galicia permítennos orientarnos indicándonos a dirección norte, como son a estrela polar, as zonas de acumulación de musgo nas árbores ou os niños das aves. c) No traballo de forza que está a desenvolver en 3º ESO, Fernando explica ao alumnado que unha panca onde o punto de apoio ou fulcro se sitúa entre a forza e a resistencia, é unha panca de 2º xénero. d) Na UD de xogos e deportes tradicionais, Fernando debe atender ao seguinte contido de 4º ESO “Os deportes como sinal de identidade cultural”.
2A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Fernando debe abordar os contidos relativos ás normas viarias e emprego da bicicleta como medio de transporte unicamente en 1º e 2º ESO. b) O ensino por proxectos entre Educación Física, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Anatomía Aplicada de 1º Bacharelato, implicou a realización dunha análise biomecánica do xesto técnico “salto con xeonllos ao peito” no cal o sartorio flexiona e abduce a coxa a nivel da cadeira. c) En educación postural, Fernando explica ao seu alumnado que historicamente a escola ximnástica sueca e o seu referente P.H. Ling, xa daba gran importancia á ximnasia hixiénica. d) Durante unha clase de Aerobic impartida por Fernando, o alumnado segue os seus pasos por imitación e ao ritmo imposto por el. Nesta sesión, Fernando emprega o modelo directivo de asignación de tarefas proposto por Muska Mosston.
3A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Para saber cal é a dominancia lateral de ollos, mans ou pés dunha das súas alumnas con NEE, Fernando emprega o test de Galifret-Granjon. b) Entre os contidos que pode impartir Fernando na UD de Baile moderno (Hip-Hop) englobada dentro do bloque 5 do currículo de 1º de BACH, poderían estar as “Técnicas específicas de expresión corporal” e “Mercado, consumismo e deporte”. c) Na parte principal dunha sesión de flexibilidade en 4º ESO, Fernando vai traballar co método de traballo dinámico PNF. Fernando informa ao alumnado que a inervación recíproca é o mecanismo responsable da resposta reflexa de acortamento do músculo sometido a un estiramento. d) O alumnado de Fernando aprende que o volume dunha carga determina o aspecto cuantitativo do estímulo empregado no proceso de adestramento.
4A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) O contido de autoconstrución de materiais como complemento e alternativa na práctica da actividade física e do deporte, Fernando debe traballalo ao longo de toda a etapa de ESO. b) No ámbito da detección temperá, os equipos docentes poden participar na detección das necesidades educativas do alumnado xa que non é unha competencia exclusiva do departamento de orientación. c) Hugo está escolarizado no centro onde traballa Fernando, aínda que a tempo parcial vai ao centro de Educación Especial xa que a súa modalidade de escolarización é a Escolarización Combinada. d) Para o desenvolvemento das actividades complementarias fóra do centro, que se realicen na localidade onde está situado o centro, o alumnado será acompañado polo profesorado correspondente na proporción dun/ha profesor/a por cada vinte alumnos/as.
5A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Fernando comeza a UD de xogos tradicionais atendendo ao contido prescritivo da materia para 2º ESO: “Xogos, deportes, danzas e bailes autóctonos de Galicia como elemento transmisor do patrimonio cultural”. b) Fernando debe explicar ao seu alumnado de 3º ESO que a nutrición consiste en proporcionar ao noso organismo as substancias necesarias para o mantemento da vida sendo un proceso consciente, voluntario e educable. c) O Decreto 156/2022 esixe facer referencia ás figuras deportivas masculina e feminina galegas de forma recorrente ao longo da ESO. d) A batería DAFIS inclúe a proba de 4x10m para valorar a velocidade, a axilidade e a coordinación.
6A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Nas súas clases, Fernando ten en conta que as recomendacións do Ministerio de Sanidade (2022) sobre a Actividade Física para a Saúde e redución do sedentarismo, suxiren limitar o tempo dedicado ás actividades sedentarias, especialmente o tempo de lecer fronte á TV e outras pantallas (móbiles, videoxogos e computadores). b) O Decreto 156/2022 establece que Fernando deberá considerar a nutrición como un elemento transversal do currículo. c) O alumnado de Fernando debería saber que a maioría dos regulamentos deportivos foron evolucionando nos últimos anos. Un exemplo diso é a distancia da liña de 3 puntos do baloncesto nas competicións FIBA que pasou de 6,25 a 6,75 m. na parte frontal ao aro, e algo menos nas zonas paralelas ás bandas laterais. d) Na UD de Baloncesto, Fernando utiliza o modelo de Ensino Comprensivo do Deporte, o cal se basea na organización por tempadas, asignación de roles, a contorna da competición e os procesos de organización.
7A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Fernando pode utilizar o test do Flamenco para valorar a coordinación do seu alumnado. b) O alumnado de Fernando debe comezar a ver a planificación para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas en 4º ESO. c) Durante unha sesión de habilidades ximnásticas, unha alumna fai unha demostración dunha roda lateral, explicando aos seus compañeiros e compañeiras que ese movemento faise ao redor dun eixo transversal. d) Fernando explica os tipos de tarefas ao seu alumnado poñendo como exemplo dunha tarefa discreta un kata de judo, dunha tarefa seriada un golpeo de golf e dunha tarefa continua ir en bicicleta.
8A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) O alumnado de ESO de Fernando deberá coñecer o lugar que ocupa o deporte nas sociedades actuais, así como as súas implicacións no ámbito económico, político, social e da saúde. b) Na preparación das súas sesións de Educación Física Fernando ten en conta que a transferencia lateral na aprendizaxe motora, dáse cando un individuo é capaz de executar unha tarefa similar e de maior nivel de complexidade como consecuencia de aprender outra previamente. c) O alumnado do centro de Fernando debe coñecer a autoavaliación das capacidades físicas ao longo de toda a etapa da ESO. d) Unha alumna de 1º Bach. que dirixía unha sesión de relaxación diante dos seus compañeiros/as, decidiu utilizar o “Adestramento autóxeno de Schultz”, cuxa técnica busca un ton muscular idóneo á actividade que en cada momento se realice.
9A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Fernando ten programada unha actividade de Surf, que segundo os parámetros de clasificación de situacións motrices propostos por Pierre Parlebas (1981) se clasificaría como C̅ A̅ I. b) O genu varu de Miguel, alumno de 4º ESO caracterízase por unha rotación externa do fémur de modo que os xeonllos sepáranse máis do habitual. c) Nas súas clases de nutrición, Fernando explica ao seu alumnado que os nutrientes inorgánicos necesarios para o organismo humano son a auga, os sales minerais e as vitaminas. d) Fernando explica ao seu alumnado que os movementos de rotación interna e externa das articulacións do corpo realízanse no plano saxital e no eixo transversal.
10A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) É competencia dos municipios autorizar a realización de actividades deportivas no patrimonio público municipal que Fernando queira realizar fóra do centro. b) O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica recomenda un equipamento fixo nas pistas polideportivas de fútbol e canastras de baloncesto e previsión de ancoraxe para o voleibol. c) Segundo o RD 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros, os centros docentes que imparten ensino secundario, como o de Fernando, deben contar cun ximnasio cunha superficie adecuada ao número de postos escolares. d) O convenio marco de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e a FEGAMP sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería, establece a obrigación dos concellos de limpar as instalacións despois de cada uso, de forma que queden en condicións de ser utilizadas inmediatamente, neste caso por Fernando nas súas clases.
R1A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) O contido “Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas (forza e resistencia)” é un contido prescritivo do bloque de contidos “Vida activa e saudable” en 3º e 4º ESO. b) Fernando avalía a UD de deportes colectivos na Educación Física na ESO a través do Criterio de Avaliación 3.2 “Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo establecendo mecanismos para reconducir os procesos de traballo”. c) Fernando vai facer unha saída co alumnado de 3º ESO polo medio natural, nas sesións previas á mesma explica as partes do compás, dando relevancia ás liñas norte-sur pintadas no interior do limbo, que son as que nos sinalan o norte magnético. d) Na primeira sesión dunha UD sobre expresión corporal que vai desenvolver Fernando co alumnado de 1º Bach., fálalles das 4 áreas que contemplan a expresión corporal: artística, metafísica, psicolóxica e pedagóxica.
R2A. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Cando Fernando utiliza o estilo de ensino de resolución de problemas nas súas clases, ten en conta que a característica principal deste estilo é que o alumnado é capaz de atopar as respostas por si mesmo, con achegas directas por parte do profesor. b) Fernando ten moi presente que o convenio marco de colaboración firmado entre a Consellería de Educación e a FEGAMP sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería, establece como actividades non permitidas nesas instalacións, as actividades promovidas polos partidos políticos con obxecto educativo, deportivo e cultural. c) O centro de Fernando ten que, de ser o caso, aplicar o protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil, o cal establece a creación dentro do programa Alerta Escolar dun novo programa “Punto Laranxa” que inclúe un rexistro dos casos de risco suicida. d) Nunha UD sobre expresión corporal para 1º Bach,, Fernando traballa os elementos fundamentais da expresión, atendendo en especial á análise do xesto como capacidade de execución, que é o resultado da conxunción de 4 características: o corpo (e os seus segmentos), o espazo, o tempo e a intensidade.
1B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) O Decreto 156/2022 obriga a Susana a traballar o contido “Achegas da cultura motriz á herdanza cultural” nas clases de Educación Física a partir de 2ºESO. b) Afondando na alimentación saudable en cursos avanzados, Susana explica ao seu alumnado que as vitaminas son compostos orgánicos necesarios para regular o metabolismo humano, e aínda que algunhas poden ser sintetizadas polo corpo humano a maioría son obtidas a partir dos alimentos. c) Dentro dos seis bloques nos que se organiza o currículo da ESO e que Susana debe traballar nas súas clases, no bloque 1 ao longo da ESO atópanse como contidos a saúde física, a saúde psicosocial e a saúde mental. d) Susana está a traballar a velocidade de reacción en 1º ESO, e ten en conta que os estímulos táctiles provocan un tempo de reacción menor que os visuais ou auditivos.
2B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Dentro da aprendizaxe baseada en proxectos entre Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, realízase unha maqueta da contracción muscular na que os filamentos delgados de miosina deslízanse entre os filamentos grosos de actina para producir o acortamento do sarcómero. b) Susana pode aplicar hoxe en día contidos como as regras da alternancia, recuperación e intensidade para garantir un desenvolvemento óptimo da condición física, e que teñen a súa orixe na escola ximnástica sueca. c) Nas sesións de educación postural, Susana explica ao seu alumnado que as lordoses e as cifoses son as curvaturas naturais da columna vertebral no plano saxital. d) Susana pasa ao seu alumnado o test de Conconi, o cal lle permite a determinación do limiar aeróbico do seu alumnado de maneira indirecta.
3B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Susana ao programar o ensino da EF debe ter en conta que o currículo de Educación Física da ESO, sinala que o sexto bloque de contidos incide na interacción co medio natural e urbano desde unha tripla vertente: o seu uso desde a motricidade, a súa conservación e o seu carácter compartido. b) Susana, cando en 2º ESO afronta o ensino de xogos colaborativos, segue a clasificación de Castañer e Camerino (1988) das capacidades socio-motrices: especialidade, temporalidade, ritmo, lateralidade e corporalidade. c) Seguindo os parámetros de clasificación de situacións motrices propostos por Pierre Parlebas (1981) o bádminton individual que Susana ten programado para o segundo trimestre clasificaríase como C̅ AI̅. d) Despois dun forte golpe na clase de Educación Física un alumno mostra na perna unha zona con equimose, o que significa que hai ruptura dalgúns vasos sanguíneos e a consecuente fuga de sangue cara os tecidos circundantes.
4B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) No ámbito do traballo interdisciplinar realizado en 3º ESO entre Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía, Susana explica as ecuacións de Harris-Benedict e da FAO/OMS para que o seu alumnado poida determinar a súa Taxa Metabólica Basal. b) Susana ten que ter en conta que, dentro das liñas de actuación no proceso de E-A da EF na ESO establécese que cada centro determinará os contidos en función das instalacións e recursos materiais dispoñibles. c) Ao explicar ao seu alumnado de ESO os tipos de pancas, Susana expón que, nas pancas de segundo xénero o punto de apoio atópase entre a potencia e a resistencia, por exemplo na articulación Occipito-Atloidea. d) Co seu alumnado de 2º ESO, Susana debe traballar o contido do valor nutricional dos alimentos, segundo o Decreto 156/2022.
5B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) O genu valgo da alumna Sara pode servir a Susana como exemplo práctico para explicar que esta patoloxía dos xeonllos adoita ir acompañada dunha colocación dos pés en supinación. b) Nas súas clases de Forza, Susana explica ao seu alumnado que a musculatura sinerxista é a que se opón ao movemento da musculatura antagonista. c) Nunha UD de orientación en 4º ESO na que se ensina o uso do compás, Susana poderá explicar que esta se basea no campo magnético terrestre indicándonos sempre a mesma dirección, o norte xeográfico. d) Susana ten en conta que o Decreto 156/2022 establece que os centros docentes incluirán no seu Proxecto Educativo un plan de actividades físicas e hábitos saudables.
6B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Susana debe ter en conta que, a un alumno de 3º ESO lle diagnosticaron unha bursite no cóbado, o cal supón que ten unha inflamación dalgún dos tendóns que se insiren nesa zona. b) Tendo en conta que algún alumnado ten problemas posturais, Susana emplea para a detección dunha posible escoliose do seu alumnado, o test de Adams. c) A visibilización das figuras masculinas e femininas do deporte galego é un contido do currículo da ESO a desenvolver obrigatoriamente por parte de Susana nas súas clases. d) Nunha aprendizaxe de táctica deportiva de baloncesto, onde Susana exerce de guía expondo o problema, dando indicios e enlazando as posibles respostas do seu alumnado cos seguintes problemas, o estilo de ensino empregado é a Resolución de Problemas.
7B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Cando fai un traballo de flexibilidade co seu alumnado, Susana ten que ter en conta que se se activa o reflexo miotático vai producir contracción muscular e en cambio se se activa o reflexo miotático inverso producirá relaxación muscular. b) A escoliose da alumna Vanesa, pode ter diferentes causas entre as que se atopan as idiopáticas, é dicir, por algún problema no desenvolvemento embrionario. c) Aténdose ao disposto no decreto 156/2022, a alimentación saudable é un contido de Educación Física que Susana debe desenvolver de 1º a 4º ESO. d) Susana sabe que a ACI dos seus alumnos é unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta a elementos non prescritivos do currículo.
8B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Susana utiliza as tecnoloxías dixitais nas súas clases, xa que a metodoloxía elixida deberá considerar especialmente, entre outros factores, as tecnoloxías dixitais desenvolvidas nos últimos tempos. b) Susana traballa nas súas clases a visibilización das desigualdades, os estereotipos, a perspectiva de xénero e a coeducación, xa que así vén recollido nos obxectivos 3 e 5 do currículo galego de Educación Física. c) Nas súas clases de nutrición, Susana explica ao seu alumnado que as vitaminas pódense clasificar en hidrosolubles e liposolubles. Entre as segundas están por exemplo as vitaminas A, D e E. d) Durante as sesións nas que Susana traballa a respiración, explica ao seu alumnado que o volume residual funcional é o aire que queda nos pulmóns ao final dunha inspiración máxima (forzada).
9B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Un golpe fortuíto na clase cunha raqueta no antebrazo dereito da alumna Sara de 1º Bach. pode ser a orixe dunha síndrome compartimental no devandito antebrazo. b) Para Susana, a aprendizaxe servizo consiste en organizar actividades solidarias puntuais como a participación nunha carreira solidaria con obxecto de recadar fondos (“Save the Children”). c) Nas sesións de primeiros auxilios, Susana imparte o uso do DESA desde 3º ESO, xa que é prescritivo para ese curso con arranxo ao Decreto 156/2022. d) A Samuel, alumno de 4º ESO, aplícaselle como medida ordinaria de atención á diversidade un reforzo educativo que afecta a elementos prescritivos do currículo.
10B. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4) a) Susana revisa todas as semanas o equipamento deportivo, xa que o Manual de Seguridade en Instalacións Deportivas do CSD, recomenda a súa revisión semanal. b) Durante as sesións de preparación da saída ao medio natural, Susana explica ao seu alumnado que o Método natural de Herbert (1913) é un canto á vida, ao aire libre e ao traballo na natureza. c) Ao pasar a batería DAFIS ao seu alumnado, Susana calcula o VO2max do seu alumnado utilizando a fórmula: VO2max = 5,857 × Velocidade (Km/h) - 19,458; onde a velocidade refírese á velocidade alcanzada na última etapa completada do test e o resultado é expresado en ml/kg/min. d) Ao deseñar as súas tarefas, Susana ten en conta que as tarefas semi definidas do tipo I céntranse no problema para resolver a acción motriz, sen definir as operacións nin o material para utilizar.
R1. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4) a) Susana pasa ao seu alumnado o test da Course Navette, unha proba de esforzo submáximo que permite obter un valor aproximado do VO2max, de maneira directa. b) Na UD de Orientación, Susana explica ao seu alumnado que o azimut representa o pequeno ángulo formado entre o norte magnético e o norte xeográfico, necesario para aprender a manexar mapa e compás. c) Susana ten en conta que, con arranxo ao Decreto 156/2022, a musculatura e a educación postural son contidos que debe abordar nos catro cursos da ESO. d) Susana debe traballar o contido “Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas” en 1º e 2º de ESO, xa que é prescritivo dentro do bloque “Vida activa e saudable”.
R2. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4) a) Nunha UD de orientación en 3º ESO na que se ensina o uso do mapa, Susana explica que a equidistancia entre as curvas de nivel é de 5 metros para os mapas de 1:15.000. b) Nunha clase Susana explica ao seu alumnado o aparello circulatorio e afirma que, durante a fase da diástole, as válvulas pulmonar e aórtica atópanse abertas. c) Susana ten en conta que o alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que presenta dificultades derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou da comunicación e da linguaxe. d) Susana debe ter en conta que a atención á diversidade funcional que existe no centro esixe un conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa aos diferentes intereses e situacións sociais e culturais do alumnado.
Denunciar Test