option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

pf3-21-contpr

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
pf3-21-contpr

Descripción:
estudios

Fecha de Creación: 2021/11/20

Categoría: Otros

Número Preguntas: 15

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Poderán participar na convocatoria para os CPINCLÚE os seguintes centros docentes públicos: Escolas de educación infantil e Colexios rurais agrupados. Centros de educación primaria, Centros de educación especial e Centros públicos integrados. Institutos de educación secundaria, Centros integrados de formación profesional e Centros públicos de educación e promoción de adultos. a y b son correctas. Todas son correctas.

Os centros participantes no CPINCLÚE deberán elaborar un plan para a mellora do éxito educativo do alumnado que ... en función das modalidades que o integren, deberá contemplar entre outros os seguintes obxectivos: Mellorar o éxito escolar identificando e dando resposta ás dificultades do alumnado en relación coa aprendizaxe; e Favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables para mellorar a súa formación e previr os riscos de exclusión social e fracaso escolar. deberá prever a posibilidade de que as medidas nel establecidas se desenvolvan, de ser o caso, en réxime presencial, semi-presencial ou a distancia, establecendo os procedementos a seguir en cada un destes escenarios e garantindo, deste xeito, o seu desenvolvemento, seguimento e avaliación. poderá incluír unha ou varias das actuacións QUÉDA-T, IGUÁLA-T, CONVIVE-T..., considerando as necesidades e os intereses do alumnado e centros docentes solicitante. a e b son correctas. Todas son correctas.

Entre os obxectivos qe se deben contemplar no plan que presenten os centros participantes no CPINCLÚE estarán: Lograr un clima de aula e de centro que favoreza o proceso de ensino e aprendizaxe e Fomentar accións para promover a igualdade, a convivencia e a inclusión no ámbito educativo. Favorecer a atención educativa dos colectivos menos vulnerables para mellorar a súa formación e previr os riscos de exclusión social e fracaso escolar. Implicar as familias do alumnado na súa educación e nos proceso de ensino e aprendizaxe. a e b son correctas. a e c son correctas. Todas son correctas.

Unha das actuación que se poderá incluír no plan é QUÉDA-T da que debemos coñecer os seguintes aspectos: que ten entre outros os obxectivos de aumentar as posibilidades de éxito escolar no ensino obrigatorio; e Fomentar a participación de o alumnado de abandono temperán nas actividades do centro, potenciando a motivación e o interese por continuar os seus estudos. dirixida a Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar. con esta actuación implementaranse medidas específicas de calquera índole (pedagóxicas, organizativas…) que contribúan ao avance de todo o alumnado, especialmente daquel en situación de vulnerabilidade. a e b son correctas. b e c son correctas. Todas son correctas.

A actuación na que se desenvolveranse accións que interveñan no fomento da coeducación, isto é, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; a prevención, a detección e o tratamento das violencias machistas; e a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e de xénero...será. INCLÚE-T. CONVIVE-T. IGUÁLA-T.

No CONVIVE-T, desenvolveranse medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos e outras accións similares. Preténdese acadar os seguintes obxectivos. Promover medidas que fomenten a convivencia positiva e promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre todos os membros da comunidade educativa. Impulsar a participación cooperativa das familias na mellora da convivencia escolar. Mellorar a competencia social e cívica. b e c son correctas. a e c son correctas. Todas son correctas.

INCLÚE-T, é unha actuación consistente nun: Conxunto de medidas que fomenten e melloren a inclusión nos centros educativos, dirixidas á atención á diversidade, á inclusión educativa e social de todo o alumnado, á mellora das necesidades educativas do alumnado de altas capacidades, ao respecto aos diferentes ritmos de aprendizaxe, á identificación e promoción das neae do alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo, á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas semellantes vencelladas á diversidade que pon de manifesto a pluralidade do alumnado. Conxunto de medidas que fomenten e melloren a inclusión nos centros educativos, dirixidas á atención á diversidade, á inclusión educativa e social de todo o alumnado, á mellora das necesidades educativas do alumnado de altas capacidades, ao respecto aos diferentes ritmos de aprendizaxe, á identificación e promoción dos talentos do alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos igualitarios e inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo, á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas semellantes vencelladas á diversidade que pon de manifesto a pluralidade do alumnado.

EMOCIÓNA-Té unha actuación necesaria, e máis nestes tempos de pandemia, para poñer en valor a importancia e repercusión das aprendizaxes non cognitivas (emocionais) para o benestar e o progreso social, coa vontade de optimizar a calidade educativa como un sinal permanente nos contextos escolares. Nesta actuación ... desenvolveranse accións para a mellora da competencia socioemocional de toda a comunidade educativa, que redunde no benestar emocional persoal e social e na súa calidade de vida. un dos obxectivos o que se plantea é adquirir e desenvolver competencias emocionais (conciencia emocional, autonomía emocional, regulación das emocións propias e alleas...), en toda a comunidade educativa, entendidas como competencias básicas para a vida. desenvolvernase estratexias que favorezan o aumento da autoestima, a empatía e a resiliencia, a mellora das habilidades comunicativas, o incremento do autocontrol emocional, a superación, a identificación das emocións dos demais e o coñecemento das propias. a e b son correctas. a e c son correctas. Toda son correctas.

O plan que elabore o centro para a mellora do éxito escolar do alumnado concretará as medidas que se pretenden desenvolver e a súa temporización que... deberán ser concretas, innovadoras e orientadas aos obxectivos propostos. poderán recoller singularidades como o horario de apertura e peche do centro e a organización do centro. poderán recoller singularidades como a organización e optimización dos recursos humanos, a asignación e/ou distribución de recursos materiais e o modelo de xestión organizativa e pedagóxica que requiran as medidas. a e c son correctas. Todas son correctas.

Entre os obxectivos do Plan de centro para a mellora do éxito educativo en materia de innovación educativa (CPInnova) están: Implementar proxectos de innovación que conduzan a unha mellora da calidade educativa do centro. Incorporar á práctica educativa os principios de calidade, equidade e excelencia. Fomentar os hábitos de vida saudables e capacitar ao alumnado para desenvolver un comportamento socialmente responsable. a e b son correctas. a e c son correctas. Todas son correctas.

As modalidades do CPINNOVA son entre outras: O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora en rede(EDUinnova) e o centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). (EDUsostibilidade). O centro docente como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento. (EDUexcelencia) e O centro educativo como modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento (EDUcalidade). O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables (EDUsaúde). a e b son correctas. b e c son correctas. Todas son correctas.

A modalidade EDUinnova... incorporará metodoloxías cooperativas que sitúen ao alumnado como protagonista da súa aprendizaxe, favorecendo o desenvolvemento máximo das súas capacidades, e que fomenten o traballo interdisciplinar e en equipo. pretende ofrecer ao alumnado metodoloxías didácticas diversificadas e activas para garantir o desenvolvemento máximo do seu potencial e a personalización da aprendizaxe como un dos seus obxectivos. atende os intereses do alumnado, ofrecéndolle respostas personalizadas para avanzar na súa aprendizaxe.

EDUexcelencia trata de dar resposta aos intereses comúns de aprendizaxe dun determinado número de alumnado. Os seus destinatarios serán... Alumnado de educación primaria, de educación secundaria e de formación profesional básica matriculados en CEP, CEIP, CPI ou IES, que conten con alumnado que presenta un destacado interese en profundar na aprendizaxe dun determinado ámbito de coñecemento. O alumnado que curse as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.

En relación a EDUsostibilidade debemos coñecer que... Esta modalidade poderase desenvolver dentro ou fóra do horario lectivo. É un conxunto de medidas organizativas, metodolóxicas ou de actividades deseñadas para que os centros educativos evolucionen cara a un funcionamento ambientalmente responsable, e desenvolvan unha educación práctica para o desenvolvemento sostible, que impulse a concienciación e a adquisición de hábitos no alumnado, encamiñados a construír unha sociedade futura próspera, sostible ambientalmente e involucrada contra o cambio climático. Ten entre os seus obxectivos o de familiarizar ao alumnado coas fontes de enerxía sostibles e contaminantes, imprescindibles para combatir o cambio climático e que aportan beneficios de carácter económico e medioambiental. a e b son correctas. a e c son correctas. Todas son correctas.

EDUsaúde consiste nun conxunto de actividades, medidas organizativas e/ou metodolóxicas deseñadas para o fomento dos hábitos de vida saudables do alumnado durante o horario lectivo coas que se pretende... que o alumnado adquira hábitos alimenticios saudables. que o alumnado incremente o cómputo total de actividade física efectiva desenvolvida ao longo do día, fora do horario lectivo. Ambas respuestas son correctas.

Denunciar Test