option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

POLITICA SOCIAL

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
POLITICA SOCIAL

Descripción:
TRABALLO SOCIAL

Fecha de Creación: 2026/06/30

Categoría: Otros

Número Preguntas: 30

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1) O efecto redistributivo das políticas sociais: a) Supón que cada cidadán contribúe ó seu financiamento en función da súa necesidade e recibe os seus beneficios en función da súa capacidade. b) Permite evitar un excesivo distanciamento entre a capacidade adquisitiva da poboación, o cal beneficia necesariamente a actividade económica porque aumenta a demanda agregada. c) A inversión en políticas asistenciais é a medida que máis favorece o efecto redistributivo das políticas sociais.

2) O New Deal americano: a) Foi un programa de reformas instauradas polo presidente Roosvelt para superar a crise económica de 1939 diante dun escenario de alarmante desemprego, cos bancos en quebra e dramáticos problemas agrícolas. b) Constou de dúas etapas. A primeira delas consistiu nunha serie de reformas encamiñadas a fortalecer a posición dos traballadores e campesiños mediante a creación dunha amplia gama de institucións públicas e a aprobación de dúas normas fundamentais como foron a ​ National Labor Relation Act e a Social Security Act​. c) A través da ​ National Industrial Recovery Act, ​ se implementou un enorme programa de construcción de obras públicas levada a cabo pola Administración e un programa destinado a regular o funcionamento das empresas.

3) A crise do Estado Liberal dos anos 30 (sinala a incorrecta): a) Derivou, entre outras cousas, da crise social provocada polos efectos da revolución industrial no ámbito laboral (como o traballo infantil, as xornadas prolongadas, a falta de salubridade, os salarios precarios, a ausencia de descansos…). b) Provocou a aparición de procesos transformadores do Estado liberal como o Estado social e democrático e de procesos rupturistas como os Estados comunistas e fascistas. c) Tivo a súa orixe nunha crise política e social e estalou coa crise económica de 1927 que deu en chamarse o ​ Gran Crash.

4) Dentro do enfoque funcional das políticas sociais, estas serviron para cubrir as necesidades da evolución do sistema capitalista: a) No século XVIII de maneira caritativo asistencial, atendendo só aqueles casos que supuñan una verdadeira situación de emerxencia. b) No s. XIX como políticas inseridas no sistema económico e que interviñan na regulación da economía. c) No s. XX como mantedoras da orde pública ó actuar como concesións do capitalismo cando este se vía realmente premido pola clase traballadora.

5) O Estado de Benestar é un modelo que se responsabiliza da seguridade material dos cidadáns ante os riscos do mercado, elo implica: a) Proporcionar servicios básicos ante situacións de enfermidade, xubilación, desemprego, viuvez ou orfandade, que o mercado non subministra. b) Protexer a renda, a través das prestacións sociais en efectivo, como a educación, a sanidade ou a vivenda. c) Garantir un mínimo de subsistencia mediante prestacións asistenciais.

6) A importancia de Von Stein como precedente teórico do Estado de Benestar radica en (sinala a incorrecta): a) Entendía que a estabilidade do Estado víase ameazada pola revolución social, que aparece cando as clases oprimidas adquiren conciencia da súa situación. b) Introduce a mediados do s. XIX o concepto de plutocracia social –sufraxio universal pero con mantemento de desigualdades-. c) Partía de que a fortaleza do Estado dependía do nivel moral e material dos seus cidadáns, contraditoria coa miseria da maioría da poboación.

7) A interpretación oficial nos países chamados de “socialismo real” é que a crise dos setenta demostrou que o Estado Social: a) Como estado asistencial converteuse nunha etapa de anticipación do socialismo. b) Impuxo os valores da solidariedade e da igualdade fronte ó individualismo dos neoliberais. c) Enmascarou a persistencia da explotación de clases e contribuíu a perpetuar o capitalismo.

8) Baseándose na tipolixía creada por Harold Wilensky e Charles Lebaux, Titmuss estableceu tres modelos de política social dos cales o modelo institucional é aquel no que: a) O benestar social é una institución moi importante que proporciona servicios sociais _______ baseándose no principio de necesidade e no de igualdade social. b) Os beneficios do benestar distribúense en función dos méritos e da productividade laboral. c) As institucións do benestar só interveñen no caso de que o Mercado non satisfaga as necesidades básicas dun individuo.

9) Keynes, na súa teoría económica: a) Negaba que o sistema económico se autorregulase, para Keynes o desemprego é _____ e a súa causa é a insuficiencia da demanda colectiva. b) Afirma que o aforro é a medida fundamental……. c) Toda oferta, calquera que sea a súa magnitude, crea a súa propia demanda. Os mecanismos do mercado igualan automáticamente a oferta e a demanda.

10) Segundo a teoría dos mecanismos selectivos de Clauss Offe: a) A través deles o capitalismo consegue neutralizar as reivindicacións …. b) Existen dous mecanismos de adaptación para protexer…. c) Os mecanismos selectivos son un conxunto de medidas económicas dedicadas a desenmascarar o protosocialismo.

11) Sinala a afirmación incorrecta sobre a Política Social: a) Segundo Titmuss está orientada a busca dos efectos redistributivos, esto é, a igualación dos medios dos cidadáns. b) Pódese definir como a dirección dos servicios específicos do Estado en aspectos como a saúde, o traballo, a vivienda…. c) Segundo Marshall é a política dos gobernos dirixida a ter un impacto directo no benestar dos cidadáns a través de servizos ou ingresos.

12) Ao respecto da valoración dos avances en Política Social antes da II Guerra Mundial: a) O primeiro sistema de seguros ___ en Europa foi o creado por Bismark en Alemania entre os anos 1883 e 1889. Dentro de estes seguros estaba o seguro obrigatorio de enfermidade financiado polo Estado, o seguro de accidentes de traballo e o sistema obrigatorio de xubilación para obreiros da industria con rentas baixas. b) Ata a I GM os seguros sociais están escasamente desenvolvidos…. c) Dende finais do século XIX considérase que a sociedade….

13) Sinala a afirmación correcta sobre os antecedentes do Estado do Benestar no período de entreguerras: a) As políticas suecas desta época, cos socialdemócratas no poder, afrontaron a crise económica mediante un programa de reformas sociais estimulando a económica mediante acontencios dos gastos públicos e a reducción de impostos. b) No establecemento dun sistema de Benestar incipiente en Suecia…. c) En Suecia implantouse un programa de creación de emprego no sector privado como medio para combatir o paro e a producción….

14) Na súa obra “El Capital”, Marx mantén que: a) A igualdade dos salarios debe ser o obxectivo da revolución social. b) A solución á orde liberal non había que buscala nunha nova forma de distribución da riqueza, senon na transformación do sistema económico. b) A solución á orde liberal non había que buscala nunha nova forma de distribución da riqueza, senon na transformación do sistema económico.

15) O concepto do Estado de Benestar (sinala a incorrecta): a) Supón unha ruptura do Estado liberal, nun intento de dar resposta as tensións sociais e ós problemas económicos. b) A súa finalidade non se limita á seguridade xurídica e física das persoas e dos bens (Eº liberal), esténdese as de natureza econ. c) Foi nomeado a través de diferentes denominacións: Estado social, Estado de providencia, Estado protector.

16) Segundo o enfoque confluctualista: a) O Estado de Benestar capitalista está abocado ó fracaso porque os seus osxectivos ____ e redistributivos son incompatibles co modo de producción capitalista. b) No Estado de Benestar capitalista hay una tendencia a que o gasto público medre máis axiña que os medios disponibles para o seu financiamento. c) O Estado de Benestar é froito, non só dos intereses capitalistas, senón sobre todo da presión da loita da clase traballadora.

17) Tras a crise dos anos 70, os críticos marxistas acusaron ó Estado social: a) De funcionar como mecanismo de control social para manter a paz social e reforzar a lexitimidade. b) De afondar na estrutura de explotación de clases capitalista. c) De desprenderse definitivamente do marxismo.

18) Segundo Adam Smith: a) Desde unha perspectiva contraria ó utilitarismo, sostén que o comportamento colectivo ríxese polo móvil de maximizar o pracer e evitar a dor da sociedade. b) As persoas tratarán de acadar os seus intereses nunha situación de liberdade e neste contexto, guiados por unha man invisible, lograrán a riqueza das nación. c) O mercado permite a armonización dos intereses diverxentes coa necesaria intervención do Estado na economía.

19) Sinala a afirmación incorrecta sobre a Política Social e a Constitución española (CE): a) O artigo primeiro da CE, no seu primeiro apartado, establece a responsabilidade social do Estado español ao declarar que España se constitúe nun Estado Social e Democrático de Dereito. b) O artigo 41 da CE sinala que os poderes públicos manterán un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns que garanta a asistencia e prestación sociais ante situacións de necesidade. c) Os artigos referentes á Política Social atópanse dentro dos Dereitos Fundamentais da CE de xeito que gozan dunha especial protección e poden ser esixidos xudicialmente.

20) A Nova Dereita económica, cando fala de sobrecarga do Estado (goverment overload) refírese a: a) A inflación de reivindicacións, a actitude electoralista dos partidos e a tendencia da maquinaria burocática á restricción. b) A escaseza de reivindicacións, á actitude paternalista dos partidos e á tendencia da iniciativa privada a medrar desmesuradamente. c) A inflación de reivindicacións sociais, a actitude electoralista dos partidos e a tendencia da maquinaria burocrática a autorreproducción.

21) J.M. Barbalet utiliza o termo “meliorismo” para: a) Designar á versión “tímida” do Estado social. As institucións asistenciais limitaríanse a mellorar as condicións de vida dos desfavorecidos, pero sen ocuparse das causas últimas da desigualdade. b) Designar o primeiro paso a un proceso de transición cara o socialismo. c) Para referirse ó Estado do Benestar xa como unha forma de socialismo.

22) Cal dos seguintes é un dos factores fundamentais, segundo Peter Flora, da crise económica dos 70. a) O esgotamento da explosión demográfica de posguerra e o avellentamento da poboación que leva a un aumento dos produtores que sosteñen o sistema e a unha disminución dos asistidos. b) A expansión galopante dos gastos sociais e das expectativas que ameazan o equilibrio dos orzamentos estatais. c) A convicción de que se acadaron os limites económicos e psicolóxicos da imposición fiscal co conseguinte malestar das clases máis baixas que son os que pagan máis impostos.

23) A crise económica dos anos setenta provocou a súa vez a crise dos modelos de benestar poque (sinala a incorrecta): a) A crise económica reduciu drásticamente as fontes de liquidez do Estado ó aumentar a poboación activa e as inversión privadas. b) Porque os Estados de Benestar estaban asentados sobre a base dun crecemento económico sostido. c) Os servizos asistenciais do Benestar presupuñan un nivel alto de gasto público, só viable sobre a base dunha economía sá e expansiva.

24) James O´Connor na sua obra “The Fiscal Crisis of the States” opina que as funcións de lexitimación: a) Obrigan o Estado a realizar gastos produtivos (fomento da inversión…). b) Garanten o beneficio empresarial, a inversión e o crecemento económico. c) Impoñen o Estado gastos económicamente improductivos (asistencia de parados, anciáns, enfermos).

25) Segundo a teoría de Hayek a catalaxia: a) Era a colaboración inconsciente entre suxeitos con fins particulares heteroxéneos, de xeito que todos contribúen a satisfacer as necesidades alleas inconscientemente, beneficiando desta maneira ó mercado. b) Derivaba en que todas as tentaivas de controlar racionalmente a economía estaban necesariamente encamiñadas ó éxito se o estado ____ axeitadamente aqueles fins heteroxéneos. c) Significaba que o Estado debería retornar a un ​ laissez faire​, controlado por unha intervención moderada do Estado.

26) Conforme o enfoque funcionalista (sinala a incorrecta): a) O Estado de Benestar é intrínsecamente contraditorio e, desde o principio, está abocado á crise. b) Os seus obxetivos humanitarios redistributivos son compatibles co modo de producción capitalista inda que de maneira matizada. c) Desde os anos setenta a política social colisiona co sistema económico e o Estado asistencial deixa de ser funcional para o capitalismo.

27) Sinala a afirmación incorrecta sobre os Pactos da Moncloa: a) Foron asinados por representantes do partido de gobernó, a UCD e polos principais partidos da oposición, ademais de participar outros interlocutores sociais como os sindicatos maioritarios. b) O acordó esencial destes Pactos foi unha concesión dos traballadores respecto a moderación salarial para frear a inflación a cambio de determinadas concesións sociais que asentaron o modelo social que acabaría tendo reflexo na Constitución. c) Asináronse en outubro de 1977, aínda durante o réxime franquista, para consolidar o modelo de benestar implementado por este durante os últimos anos da ditadura.

28) España non se pode considerar un Estado de Benestar durante o franquismo, entre outras: a) Porque o gasto social era ridículo en comparación os estándares dos estados de benestar. b) Porque non tiña aceptado un sistema económico capitalista nin aplicaba ningún tipo de política económica capitalista. c) Porque os servizos sociais estaban totalmente privatizados.

29) A fórmula política do Estado Social de Dereito foi acuñada por: a) Karl Marx. b) Herman Heller. c) Louis Blanc.

30) As medidas máis destacadas respecto a Política Social durante a II República foron: a) No art. 46 da súa Constitución establece, entre outras cousas que a súa lexislación social regulará os casos de seguro de enfermidade, accidentes, paro forzoso, invalidez e norte. b) A aprobación do Foro do Traballo, embrión e centro da lexiislación social, en desenvolemento da súa Constitución, onde se regulan salarios, duración das xornadas laborais e vacacións e, en xeral, a normativa laboral da República. c) A implantación dun sistema completo de seguros sociais entre os que se atopaban o ​ Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez, o Seguro Obrigatorio de Enfermidade, e a Obra de Auxilio Social​ que creaba o sistema público de políticas asistenciais.

Denunciar Test