Práctica opos EF
|
|
Título del Test:
![]() Práctica opos EF Descripción: test de respuesta múltiple V/F (2024+2025) |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). O Decreto 156/2022 obriga a Susana a traballar o contido “Achegas da cultura motriz á herdanza cultural” nas clases de Educación Física a partir de 2ºESO. Afondando na alimentación saudable en cursos avanzados, Susana explica ao seu alumnado que as vitaminas son compostos orgánicos necesarios para regular o metabolismo humano, e aínda que algunhas poden ser sintetizadas polo corpo humano a maioría son obtidas a partir dos alimentos. Dentro dos seis bloques nos que se organiza o currículo da ESO e que Susana debe traballar nas súas clases, no bloque 1 ao longo da ESO atópanse como contidos a saúde física, a saúde psicosocial e a saúde mental. Susana está a traballar a velocidade de reacción en 1º ESO, e ten en conta que os estímulos táctiles provocan un tempo de reacción menor que os visuais ou auditivos. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Dentro da aprendizaxe baseada en proxectos entre Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, realízase unha maqueta da contracción muscular na que os filamentos delgados de miosina deslízanse entre os filamentos grosos de actina para producir o acortamento do sarcómero. Susana pode aplicar hoxe en día contidos como as regras da alternancia, recuperación e intensidade para garantir un desenvolvemento óptimo da condición física, e que teñen a súa orixe na escola ximnástica sueca. Nas sesións de educación postural, Susana explica ao seu alumnado que as lordoses e as cifoses son as curvaturas naturais da columna vertebral no plano saxital. Susana pasa ao seu alumnado o test de Conconi, o cal lle permite a determinación do limiar aeróbico do seu alumnado de maneira indirecta. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Susana ao programar o ensino da EF debe ter en conta que o currículo de Educación Física da ESO, sinala que o sexto bloque de contidos incide na interacción co medio natural e urbano desde unha tripla vertente: o seu uso desde a motricidade, a súa conservación e o seu carácter compartido. Susana, cando en 2º ESO afronta o ensino de xogos colaborativos, segue a clasificación de Castañer e Camerino (1988) das capacidades socio-motrices: especialidade, temporalidade, ritmo, lateralidade e corporalidade. Seguindo os parámetros de clasificación de situacións motrices propostos por Pierre Parlebas (1981) o bádminton individual que Susana ten programado para o segundo trimestre clasificaríase como C̅ AI̅. Despois dun forte golpe na clase de Educación Física un alumno mostra na perna unha zona con equimose, o que significa que hai ruptura dalgúns vasos sanguíneos e a consecuente fuga de sangue cara os tecidos circundantes. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). No ámbito do traballo interdisciplinar realizado en 3º ESO entre Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía, Susana explica as ecuacións de Harris-Benedict e da FAO/OMS para que o seu alumnado poida determinar a súa Taxa Metabólica Basal. Susana ten que ter en conta que, dentro das liñas de actuación no proceso de E-A da EF na ESO establécese que cada centro determinará os contidos en función das instalacións e recursos materiais dispoñibles. Ao explicar ao seu alumnado de ESO os tipos de pancas, Susana expón que, nas pancas de segundo xénero o punto de apoio atópase entre a potencia e a resistencia, por exemplo na articulación Occipito-Atloidea. Co seu alumnado de 2º ESO, Susana debe traballar o contido do valor nutricional dos alimentos, segundo o Decreto 156/2022. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). O genu valgo da alumna Sara pode servir a Susana como exemplo práctico para explicar que esta patoloxía dos xeonllos adoita ir acompañada dunha colocación dos pés en supinación. Nas súas clases de Forza, Susana explica ao seu alumnado que a musculatura sinerxista é a que se opón ao movemento da musculatura antagonista. Nunha UD de orientación en 4º ESO na que se ensina o uso do compás, Susana poderá explicar que esta se basea no campo magnético terrestre indicándonos sempre a mesma dirección, o norte xeográfico. Susana ten en conta que o Decreto 156/2022 establece que os centros docentes incluirán no seu Proxecto Educativo un plan de actividades físicas e hábitos saudables. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Susana debe ter en conta que, a un alumno de 3º ESO lle diagnosticaron unha bursite no cóbado, o cal supón que ten unha inflamación dalgún dos tendóns que se insiren nesa zona. Tendo en conta que algún alumnado ten problemas posturais, Susana emplea para a detección dunha posible escoliose do seu alumnado, o test de Adams. A visibilización das figuras masculinas e femininas do deporte galego é un contido do currículo da ESO a desenvolver obrigatoriamente por parte de Susana nas súas clases. Nunha aprendizaxe de táctica deportiva de baloncesto, onde Susana exerce de guía expondo o problema, dando indicios e enlazando as posibles respostas do seu alumnado cos seguintes problemas, o estilo de ensino empregado é a Resolución de Problemas. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Cando fai un traballo de flexibilidade co seu alumnado, Susana ten que ter en conta que se se activa o reflexo miotático vai producir contracción muscular e en cambio se se activa o reflexo miotático inverso producirá relaxación muscular. A escoliose da alumna Vanesa, pode ter diferentes causas entre as que se atopan as idiopáticas, é dicir, por algún problema no desenvolvemento embrionario. Aténdose ao disposto no decreto 156/2022, a alimentación saudable é un contido de Educación Física que Susana debe desenvolver de 1º a 4º ESO. Susana sabe que a ACI dos seus alumnos é unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta a elementos non prescritivos do currículo. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Susana utiliza as tecnoloxías dixitais nas súas clases, xa que a metodoloxía elixida deberá considerar especialmente, entre outros factores, as tecnoloxías dixitais desenvolvidas nos últimos tempos. Susana traballa nas súas clases a visibilización das desigualdades, os estereotipos, a perspectiva de xénero e a coeducación, xa que así vén recollido nos obxectivos 3 e 5 do currículo galego de Educación Física. Nas súas clases de nutrición, Susana explica ao seu alumnado que as vitaminas pódense clasificar en hidrosolubles e liposolubles. Entre as segundas están por exemplo as vitaminas A, D e E. Durante as sesións nas que Susana traballa a respiración, explica ao seu alumnado que o volume residual funcional é o aire que queda nos pulmóns ao final dunha inspiración máxima (forzada). Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Un golpe fortuíto na clase cunha raqueta no antebrazo dereito da alumna Sara de 1º Bach. pode ser a orixe dunha síndrome compartimental no devandito antebrazo. Para Susana, a aprendizaxe servizo consiste en organizar actividades solidarias puntuais como a participación nunha carreira solidaria con obxecto de recadar fondos (“Save the Children”). Nas sesións de primeiros auxilios, Susana imparte o uso do DESA desde 3º ESO, xa que é prescritivo para ese curso con arranxo ao Decreto 156/2022. A Samuel, alumno de 4º ESO, aplícaselle como medida ordinaria de atención á diversidade un reforzo educativo que afecta a elementos prescritivos do currículo. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Susana revisa todas as semanas o equipamento deportivo, xa que o Manual de Seguridade en Instalacións Deportivas do CSD, recomenda a súa revisión semanal. Durante as sesións de preparación da saída ao medio natural, Susana explica ao seu alumnado que o Método natural de Herbert (1913) é un canto á vida, ao aire libre e ao traballo na natureza. Ao pasar a batería DAFIS ao seu alumnado, Susana calcula o VO2max do seu alumnado utilizando a fórmula: VO2max = 5,857 × Velocidade (Km/h) - 19,458; onde a velocidade refírese á velocidade alcanzada na última etapa completada do test e o resultado é expresado en ml/kg/min. Ao deseñar as súas tarefas, Susana ten en conta que as tarefas semi-definidas do tipo I céntranse no problema para resolver a acción motriz, sen definir as operacións nin o material para utilizar. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Susana pasa ao seu alumnado o test da Course Navette, unha proba de esforzo submáximo que permite obter un valor aproximado do VO2max, de maneira directa. Na UD de Orientación, Susana explica ao seu alumnado que o azimut representa o pequeno ángulo formado entre o norte magnético e o norte xeográfico, necesario para aprender a manexar mapa e compás. Susana ten en conta que, con arranxo ao Decreto 156/2022, a musculatura e a educación postural son contidos que debe abordar nos catro cursos da ESO. Susana debe traballar o contido “Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas” en 1º e 2º de ESO, xa que é prescritivo dentro do bloque “Vida activa e saudable”. Indica a/as afirmación/s correcta/s (0,4). Nunha UD de orientación en 3º ESO na que se ensina o uso do mapa, Susana explica que a equidistancia entre as curvas de nivel é de 5 metros para os mapas de 1:15.000. Nunha clase Susana explica ao seu alumnado o aparello circulatorio e afirma que, durante a fase da diástole, as válvulas pulmonar e aórtica atópanse abertas. Susana ten en conta que o alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que presenta dificultades derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou da comunicación e da linguaxe. Susana debe ter en conta que a atención á diversidade funcional que existe no centro esixe un conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa aos diferentes intereses e situacións sociais e culturais do alumnado. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Na UD de xogos tradicionais de 1º de Bach. englobada no bloque 5 do currículo, Fernando explica que unha das características do xogo é que é autotélico, é dicir, non busca recompensas externas e ten fin en si mesmo. Na UD de orientación Fernando explica que algúns recursos en Galicia permítennos orientarnos indicándonos a dirección norte, como son a estrela polar, as zonas de acumulación de musgo nas árbores ou os niños das aves. No traballo de forza que está a desenvolver en 3º ESO, Fernando explica ao alumnado que unha panca onde o punto de apoio ou fulcro se sitúa entre a forza e a resistencia, é unha panca de 2º xénero. Na UD de xogos e deportes tradicionais, Fernando debe atender ao seguinte contido de 4º ESO “Os deportes como sinal de identidade cultural”. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Fernando debe abordar os contidos relativos ás normas viarias e emprego da bicicleta como medio de transporte unicamente en 1º e 2º ESO. O ensino por proxectos entre Educación Física, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Anatomía Aplicada de 1º Bacharelato, implicou a realización dunha análise biomecánica do xesto técnico “salto con xeonllos ao peito” no cal o sartorio flexiona e abduce a coxa a nivel da cadeira. En educación postural, Fernando explica ao seu alumnado que historicamente a escola ximnástica sueca e o seu referente P.H. Ling, xa daba gran importancia á ximnasia hixiénica. Durante unha clase de Aerobic impartida por Fernando, o alumnado segue os seus pasos por imitación e ao ritmo imposto por el. Nesta sesión, Fernando emprega o modelo directivo de asignación de tarefas proposto por Muska Mosston. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Para saber cal é a dominancia lateral de ollos, mans ou pés dunha das súas alumnas con NEE, Fernando emprega o test de Galifret-Granjon. Entre os contidos que pode impartir Fernando na UD de Baile moderno (Hip-Hop) englobada dentro do bloque 5 do currículo de 1º de BACH, poderían estar as “Técnicas específicas de expresión corporal” e “Mercado, consumismo e deporte”. Na parte principal dunha sesión de flexibilidade en 4º ESO, Fernando vai traballar co método de traballo dinámico PNF. Fernando informa ao alumnado que a inervación recíproca é o mecanismo responsable da resposta reflexa de acortamento do músculo sometido a un estiramento. O alumnado de Fernando aprende que o volume dunha carga determina o aspecto cuantitativo do estímulo empregado no proceso de adestramento. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). O contido de autoconstrución de materiais como complemento e alternativa na práctica da actividade física e do deporte, Fernando debe traballalo ao longo de toda a etapa de ESO. No ámbito da detección temperá, os equipos docentes poden participar na detección das necesidades educativas do alumnado xa que non é unha competencia exclusiva do departamento de orientación. Hugo está escolarizado no centro onde traballa Fernando, aínda que a tempo parcial vai ao centro de Educación Especial xa que a súa modalidade de escolarización é a Escolarización Combinada. Para o desenvolvemento das actividades complementarias fóra do centro, que se realicen na localidade onde está situado o centro, o alumnado será acompañado polo profesorado correspondente na proporción dun/ha profesor/a por cada vinte alumnos/as. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Fernando comeza a UD de xogos tradicionais atendendo ao contido prescritivo da materia para 2º ESO: “Xogos, deportes, danzas e bailes autóctonos de Galicia como elemento transmisor do patrimonio cultural”. Fernando debe explicar ao seu alumnado de 3º ESO que a nutrición consiste en proporcionar ao noso organismo as substancias necesarias para o mantemento da vida sendo un proceso consciente, voluntario e educable. O Decreto 156/2022 esixe facer referencia ás figuras deportivas masculina e feminina galegas de forma recorrente ao longo da ESO. A batería DAFIS inclúe a proba de 4x10m para valorar a velocidade, a axilidade e a coordinación. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Nas súas clases, Fernando ten en conta que as recomendacións do Ministerio de Sanidade (2022) sobre a Actividade Física para a Saúde e redución do sedentarismo, suxiren limitar o tempo dedicado ás actividades sedentarias, especialmente o tempo de lecer fronte á TV e outras pantallas (móbiles, videoxogos e computadores). O Decreto 156/2022 establece que Fernando deberá considerar a nutrición como un elemento transversal do currículo. O alumnado de Fernando debería saber que a maioría dos regulamentos deportivos foron evolucionando nos últimos anos. Un exemplo diso é a distancia da liña de 3 puntos do baloncesto nas competicións FIBA que pasou de 6,25 a 6,75 m. na parte frontal ao aro, e algo menos nas zonas paralelas ás bandas laterais. Na UD de Baloncesto, Fernando utiliza o modelo de Ensino Comprensivo do Deporte, o cal se basea na organización por tempadas, asignación de roles, a contorna da competición e os procesos de organización. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Fernando pode utilizar o test do Flamenco para valorar a coordinación do seu alumnado. O alumnado de Fernando debe comezar a ver a planificación para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas en 4º ESO. Durante unha sesión de habilidades ximnásticas, unha alumna fai unha demostración dunha roda lateral, explicando aos seus compañeiros e compañeiras que ese movemento faise ao redor dun eixo transversal. Fernando explica os tipos de tarefas ao seu alumnado poñendo como exemplo dunha tarefa discreta un kata de judo, dunha tarefa seriada un golpeo de golf e dunha tarefa continua ir en bicicleta. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). O alumnado de ESO de Fernando deberá coñecer o lugar que ocupa o deporte nas sociedades actuais, así como as súas implicacións no ámbito económico, político, social e da saúde. Na preparación das súas sesións de Educación Física Fernando ten en conta que a transferencia lateral na aprendizaxe motora, dáse cando un individuo é capaz de executar unha tarefa similar e de maior nivel de complexidade como consecuencia de aprender outra previamente. O alumnado do centro de Fernando debe coñecer a autoavaliación das capacidades físicas ao longo de toda a etapa da ESO. Unha alumna de 1º Bach. que dirixía unha sesión de relaxación diante dos seus compañeiros/as, decidiu utilizar o “Adestramento autóxeno de Schultz”, cuxa técnica busca un ton muscular idóneo á actividade que en cada momento se realice. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Fernando ten programada unha actividade de Surf, que segundo os parámetros de clasificación de situacións motrices propostos por Pierre Parlebas (1981) se clasificaría como C̅ A̅ I. O genu varu de Miguel, alumno de 4º ESO caracterízase por unha rotación externa do fémur de modo que os xeonllos sepáranse máis do habitual. Nas súas clases de nutrición, Fernando explica ao seu alumnado que os nutrientes inorgánicos necesarios para o organismo humano son a auga, os sales minerais e as vitaminas. Fernando explica ao seu alumnado que os movementos de rotación interna e externa das articulacións do corpo realízanse no plano saxital e no eixo transversal. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). É competencia dos municipios autorizar a realización de actividades deportivas no patrimonio público municipal que Fernando queira realizar fóra do centro. O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica recomenda un equipamento fixo nas pistas polideportivas de fútbol e canastras de baloncesto e previsión de ancoraxe para o voleibol. Segundo o RD 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros, os centros docentes que imparten ensino secundario, como o de Fernando, deben contar cun ximnasio cunha superficie adecuada ao número de postos escolares. O convenio marco de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e a FEGAMP sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería, establece a obrigación dos concellos de limpar as instalacións despois de cada uso, de forma que queden en condicións de ser utilizadas inmediatamente, neste caso por Fernando nas súas clases. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). O contido “Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas (forza e resistencia)” é un contido prescritivo do bloque de contidos “Vida activa e saudable” en 3º e 4º ESO. Fernando avalía a UD de deportes colectivos na Educación Física na ESO a través do Criterio de Avaliación 3.2 “Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo establecendo mecanismos para reconducir os procesos de traballo”. Fernando vai facer unha saída co alumnado de 3º ESO polo medio natural, nas sesións previas á mesma explica as partes do compás, dando relevancia ás liñas norte sur pintadas no interior do limbo, que son as que nos sinalan o norte magnético. Na primeira sesión dunha UD sobre expresión corporal que vai desenvolver Fernando co alumnado de 1º Bach., fálalles das 4 áreas que contemplan a expresión corporal: artística, metafísica, psicolóxica e pedagóxica. Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). Cando Fernando utiliza o estilo de ensino de resolución de problemas nas súas clases, ten en conta que a característica principal deste estilo é que o alumnado é capaz de atopar as respostas por si mesmo, con achegas directas por parte do profesor. Fernando ten moi presente que o convenio marco de colaboración firmado entre a Consellería de Educación e a FEGAMP sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería, establece como actividades non permitidas nesas instalacións, as actividades promovidas polos partidos políticos con obxecto educativo, deportivo e cultural. O centro de Fernando ten que, de ser o caso, aplicar o protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil, o cal establece a creación dentro do programa Alerta Escolar dun novo programa “Punto Laranxa” que inclúe un rexistro dos casos de risco suicida. Nunha UD sobre expresión corporal para 1º Bach,, Fernando traballa os elementos fundamentais da expresión, atendendo en especial á análise do xesto como capacidade de execución, que é o resultado da conxunción de 4 características: o corpo (e os seus segmentos), o espazo, o tempo e a intensidade. Indica a/as afirmación/s correcta/s: A práctica excesiva de exercicio aerobio de alta intensidade e longa duración, pode producir unha diminución transitoria da función do sistema inmunolóxico, e favorecer a aparición de infeccións respiratorias especialmente en vías respiratorias altas. As mulleres adolescentes presentan unha maior curvatura lordótica no raque lumbar que os homes adolescentes da súa mesma idade. O desequilibrio propioceptivo non se atopa entre as posibles causas das alteracións posturais en adolescentes. A vitamina D considérase hidrosoluble e pode ser sintetizada polo organismo a partir do colesterol e da acción da radiación UV-A. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Ao abordar a hixiene postural en 1º BAC lémbrase ao alumnado que o raque presenta catro curvaturas no plano frontal, dúas lordoses e dúas cifoses. A diminución da frecuencia respiratoria en repouso considérase unha adaptación crónica asociada ao adestramento aerobio regular. O quecemento específico de voleibol debe incluír saltos e golpes a menor intensidade, xunto coa práctica a intensidade máis reducida das habilidades técnicas propias deste deporte. Incluír técnicas de respiración consciente nunha unidade didáctica de xogos cooperativos unicamente incide en mellorar a dimensión fisiolóxica da actividade física. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Para unha valoración anatómico-funcional, estando o corpo en posición anatómica, o plano transversal está definido polo eixo transversal e polo eixo lonxitudinal. O uso de estruturas competitivas en tarefas para a mellora da forza en clases de Educación Física con adolescentes, pode ser unha metodoloxía eficaz cando estas se propoñen como un xogo ou desafío e non se establecen comparacións entre o alumnado do grupo. Na aplicación didáctica dalgún dos principios do adestramento, débese garantir que os estímulos de carga superen o limiar mínimo individual para provocar adaptacións funcionais favorables. Durante o exercicio físico de intensidade moderada-alta, o volume sistólico diminúe proporcionalmente á intensidade do exercicio en favor do incremento lineal da frecuencia cardíaca. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Para o desenvolvemento da capacidade aerobia a través dunha metodoloxía de HIIT con intervalos de esforzo de entre 1 e 2 minutos de duración, a intensidade óptima debe asociarse a unha carga interna arredor do 90% da frecuencia cardíaca máxima e cunha recuperación efectiva entre intervalos. En probas máximas de forza resistencia, existe un descenso de entre un 8-10% por década a partir da idade de rendemento físico máximo en homes e mulleres. Un test de esforzo máximo de 20 minutos de carreira estima con precisión a velocidade aerobia máxima do/a corredor/a. O criterio de avaliación CA1.4 de 3º ESO “Desenvolver e compartir con seguridade a práctica física cotiá manexando recursos e aplicacións dixitais vinculados ao ámbito da actividade física e do deporte”, vincúlase co OBX1. Indica a/as afirmación/s correcta/s: En Educación Física, o método natural de Hébert considérase un precursor do que actualmente se coñece como adestramento funcional. Ao implementar a filosofía Body Positive nas clases de Educación Física en secundaria suprimimos as probas de condición física para evitar comparacións entre o alumnado. A ecuación de Fick relaciona o gasto cardíaco e a diferenza arterio-venosa de osíxeno coa cantidade de osíxeno por minuto que o corpo utiliza para producir enerxía en calquera tipo de esforzo. A musculatura do lado convexo dunha escoliose estruturada presenta elongación mantida no tempo. Indica a/as afirmación/s correcta/s: O contido “Autoavaliación das capacidades físicas e coordinativas como requisito previo á planificación: técnicas, estratexias e probas de valoración” do Bloque 1. Vida activa e saudable, relaciónase co criterio CA1.1 e o OBX1 en 1º Bacharelato. En literatura científica, o “Nordic Hamstring Exercise” está clasificado como un exercicio para o desenvolvemento da forza isotónica concéntrica para a prevención de lesións musculares en músculos isquiotibiais. A medición da curvatura escoliótica ou cifótica realízase co método de Cobb mediante radiografía. Se un docente nas súas clases de Educación Física fai uso de reloxos intelixentes para medir a frecuencia cardíaca en clase, viola a privacidade do alumnado segundo a LOMLOE. Indica a/as afirmación/s correcta/s: A metodoloxía clúster aplicada a adolescentes en clases de Educación Física, consiste en establecer durante unha sesión unha secuencia de 10-12 exercicios multiarticulares, realizados cada un deles ao número máximo ou case máximo individual das repeticións posibles. O reflexo miotático inverso desencadéase principalmente pola activación dos órganos tendinosos de Golgi cando estes detectan un aumento significativo da tensión muscular, provocando unha reacción de protección en forma de relaxación muscular reflexa. Na avaliación formativa dunha sesión de Educación Física, basta con observar só a execución técnica dos xestos motores básicos (por exemplo, un salto) para considerar que o alumnado domina esa habilidade. Os micronutrientes non achegan enerxía, pero son esenciais para os procesos metabólicos que permiten utilizar adecuadamente a enerxía a partir dos macronutrientes. Indica a/s afirmación/é correcta/s: O emprego por parte do profesorado de Educación Física nas súas clases dun portfolio que integre vídeos de execucións técnicas, reflexións e autoavaliacións, permite unha avaliación formativa de coñecementos, procedementos e actitudes, pero non cumpre co enfoque competencial da LOMLOE. O uso de analoxías para o ensino do saque de voleibol en principiantes adolescentes de educación secundaria mellora significativamente a eficacia da aprendizaxe deste recurso técnico. Un coñecemento de resultados frecuente favorece a execución durante a práctica, pero pode crear dependencia no alumnado. Nunha actividade interdisciplinar coa materia de Bioloxía, os alumnos de 3ºESO poden estudar a dopaxe no deporte xa que é un contido prescritivo para a Educación Física neste curso. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Pódense usar nomes de marcas rexistradas para titular unha unidade didáctica (Pilates, Zumba...), a condición de que o seu logo non sexa utilizado. Un docente pode utilizar os datos DAFIS do seu alumnado de 1º Bacharelato para un traballo de investigación sen solicitar consentimento informado, xa que este tipo de dato emprégase principalmente para a avaliación do alumnado, e DAFIS é unha batería impulsada pola Xunta de Galicia. Na aprendizaxe de habilidades motrices, dirixir a atención do alumnado cara os efectos do seu movemento na contorna (foco externo) demostrou ser máis efectivo que dirixila cara aos movementos do seu propio corpo (foco interno). Nunha sesión de Educación Física en educación secundaria, incorporar elementos de competición sen modificación regulamentaria respecta completamente a lóxica educativa do deporte segundo Seirulo. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Se un docente quere utilizar a taxonomía de Simpson para deseñar unha unidade de parkour nas súas clases de Educación Física, ten que saber que a través desta taxonomía non vai a poder deseñala, xa que require fases ríxidas de imitación. En Galicia, a cesión de instalacións deportivas municipais para uso escolar articúlase mediante a sinatura de convenios de colaboración entre a dirección dos centros educativos e os concellos. Nunha actividade de orientación, se a declinación magnética é de -3°, o norte magnético está 3° ao oeste do norte xeográfico. Se como docente de Educación Física quero aplicar nas miñas clases a corrente hedonista, debo de ter en conta que esta corrente xustifica eliminar a planificación de clases para dar prioridade o desfrute a través do xogo e non coartar a espontaneidade do alumnado. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Como docentes deberiamos saber que o xogo da Chave, un dos xogos populares de Galicia, logrou recoñecemento formal recentemente e desde 2023 está incluído como modalidade deportiva federada na categoría de deportes autóctonos galegos. O modelo de aprendizaxe motora “Teaching games for understanding” prioriza o ensino dos fundamentos técnicos antes de abordar o coñecemento táctico do xogo. A evidencia científica desaconsella, para o desenvolvemento da atención selectiva, que o alumnado realice tarefas de observación previas á introdución global da aprendizaxe de habilidades motrices. Cando nos atopamos na Fase de Desenvolvemento dos elementos básicos da táctica colectiva como aproximación sucesiva na unidade didáctica “Baloncesto” en 4ºESO, estaremos a empregar o Modelo de Lasierra e Lavega baseado na lóxica construtivista. Indica a/as afirmación/s correcta/s: En BAC a contido “Xestión do éxito e da fama en contextos físico-deportivos: exemplos, dificultades e estratexias” pertence ao Bloque 4. Autorregulación emocional e interacción social en situacións motrices, e vincúlase co criterio CA4.1 e o OBX3. En adolescentes non iniciados en atletismo, dividir e executar de forma secuencial as fases dun salto de lonxitude mellora o resultado de aprendizaxe a longo prazo en oposición a unha práctica enfocada á execución do xesto técnico na súa totalidade. A definición de estruturas condicionais favorece unha toma de decisión máis rápida e efectiva nas situacións de xogo en deportes de invasión. A progresión metodolóxica baseada na pedagoxía analítica permite unha transferencia efectiva do xesto técnico a contextos de xogo real, especialmente en deportes sociomotores colectivos. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Durante as sesións da unidade didáctica “Baloncesto” podemos comprobar que, segundo o Modelo de Análise dos Universais Ludomotores de Parlebás, o tipo de Rede de comunicación e contra-comunicación motriz é unha rede inestable. O ciclo de investigación-acción proposto por Lewin non contempla especificamente o uso de análise factorial exploratoria, senón que se basea unicamente en ciclos de planificación, acción, observación e reflexión. En 1º BAC, o contido “Fomento da mobilidade activa, segura, saudable e sostible en actividades cotiás. A aprendizaxe da práctica ciclista urbana segura” do Bloque 6. Interacción eficiente e sostible coa contorna, vincúlase co criterio CA6.1 e o OBX5. En 1º ESO, o currículo de Educación Física inclúe contidos sobre estratexias de autorregulación colectiva do esforzo en situacións motrices. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Enculturación e aculturación son procesos opostos: a enculturación implicaría adoptar xogos doutras culturas, mentres que aculturación refírese á transmisión dos xogos propios dunha comunidade aos seus novos membros. Ao expor unha sesión de expresión corporal debemos ter en conta que as liñas diagonais no movemento expresivo simbolizan dinamismo, vida e esforzo, segundo a semiótica do espazo. O concepto de ritmo en danza é poliédrico e inclúe dimensións fisiolóxicas, perceptivas, musicais e estruturais. Se un docente de Educación Física na súa tarefa de deseño dunha unidade didáctica de expresión corporal emprega a taxonomía de Harrow ten que saber que esta non é válida para deseñar a devandita unidade didáctica. Indica a/as afirmación/s correcta/s: Se como docente de Educación Física quero traballar no marco da neuroeducación, debo saber que baixo este enfoque considérase inadecuado dividir as habilidades motrices en partes máis simples para a súa aprendizaxe, xa que este contradí os fundamentos científicos actuais e debería evitarse na práctica educativa. O fomento do uso da bicicleta como medio de transporte é un contido que aparece en todos os cursos da ESO e 1º BAC dentro do Bloque 6. Interacción eficiente e sostible coa contorna. Cando expomos un xogo cooperativo na sesión de Educación Física debemos ter en conta catro compoñentes para o seu éxito (Terry Orlick): cooperación, aceptación, participación e diversión. O CA3.3 de 3º ESO, “Mostrar habilidades para a adaptación e a actuación ante situacións cunha elevada incerteza, aproveitando eficientemente as propias capacidades e aplicando de maneira automática procesos de percepción, decisión e execución en contextos reais ou simulados de actuación”, vincúlase co OBX1. Indica a/as afirmación/s correcta/s: No marco dunha sesión de Educación Física en secundaria, o desenvolvemento do equilibrio dinámico implica unicamente a estimulación vestibular e propioceptiva, tendo pouca relevancia os factores mecánicos como a base de sustentación ou a liña de gravidade. O MET é unha unidade que estima o gasto enerxético de distintas actividades físicas, tomando como referencia o gasto de enerxía en repouso estandarizado en 1 MET. O pé varo considérase un pé supinador e presenta un risco maior de producir escordaduras que afecten o ligamento lateral externo do nocello. O exceso de vitaminas liposolubles almacénase no fígado e no tecido adiposo e algunhas delas poden chegar a ter efectos tóxicos. Indica a/as afirmación/s correcta/s: A normativa N.I.D.E. ten carácter vinculante para os centros educativos en España, o cal permite aos órganos de xestión dos IES solicitar á administración educativa a dotación de instalacións deportivas seguras, de calidade e conformes aos estándares recomendados para a práctica de Educación Física escolar. Nunha actividade de orientación, a declinación magnética é un valor estable que implica calcular a diferenza angular entre o norte xeográfico e o norte magnético. Os mapas de orientación adoitan usar escalas de 1:15.000, cunha equidistancia entre curvas de nivel de 5 metros, nos cales 1 centímetro no mapa representa 150 metros no terreo. Cando introducimos os xogos para moldear as respostas motrices do alumnado na aprendizaxe da especialidade de obstáculos, estamos a utilizar a Teoría constructivista de Vigotsky dentro do Modelo Ludotécnico para o ensino do atletismo. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Os aminoácidos esenciais son aqueles que o organismo humano non pode sintetizar, ou non en cantidades suficientes, polo que é imprescindible obtelos mediante a alimentación. Durante a adolescencia experiméntase unha redución xeneralizada do rango de movemento da articulación escápulo-umeral, o cal provoca unha perda de mobilidade articular na devandita articulación. As curvaturas fisiolóxicas da columna vertebral no plano saxital contribúen a amortecer as forzas axiais. As fibras musculares tipo I son as principais responsables da produción de forza máxima e de forza explosiva en accións neuromusculares. Indica a/s afirmación/s correcta/s: As dietas hiperproteicas teñen un efecto termoxénico superior ao das dietas centradas nos carbohidratos e as graxas, o que incrementa o gasto calórico postprandial. Durante a adolescencia, o potencial de mellora das capacidades coordinativas estabilízase completamente, polo que o deseño de tarefas coordinativas en educación secundaria debería enfocarse exclusivamente en manter as habilidades previamente adquiridas. A escoliose idiopática estrutural dunha alumna de 2º ESO, pode corrixirse a través de exercicios que poderían integrarse para a alumna nas clases de Educación Física. Durante a adolescencia recoméndase evitar as cargas externas excesivas sobre a columna vertebral debido ao proceso incompleto de osificación do raque. Indica a/s afirmación/s correcta/s: A aplicación de cargas de adestramento na educación secundaria, debe respectar os principios de individualización, sobrecarga progresiva e recuperación para garantir procesos de adaptación saudables e eficaces. En 3º e 4º ESO, o currículo de Educación Física inclúe contidos sobre saúde mental, a través dos efectos negativos dos modelos estéticos predominantes e trastornos vinculados ao culto insán ao corpo. A mellora significativa do VO₂ max non se inclúe como un dos factores para a mellora do rendemento en esforzos de duración superior a 12 minutos. Os contido “Suplementación e dopaxe no deporte e Riscos e condicionantes éticos” aparecen en 1ºBAC, Bloque 1 Saúde social. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Os modelos de predición de Harris-Benedict e Mifflin empréganse para a estimación directa da taxa metabólica de repouso. En 4º ESO o contido “Autoavaliación das capacidades físicas (como requisito previo á planificación): probas de valoración” aparece no Bloque 1 Vida activa e saudable. A implementación da taxonomía proposta por Fernández Calero e Navarro na planificación de sesións de iniciación ao Adestramento Funcional de Alta Intensidade en clases de Educación Física non é posible, xa que para esta actividade requírese unha fase previa de experimentación. Segundo os datos máis recentes do estudo PASOS, en España a taxa de obesidade nas nenas é case o dobre que a taxa de obesidade nos nenos na franxa de idade entre 11 e 18 anos. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Segundo as recomendacións máis recentes da OMS, os adolescentes deberían realizar polo menos 40 minutos diarios de actividade física de intensidade moderada a vigorosa. En 3º ESO, o currículo de Educación Física inclúe contidos sobre os efectos na saúde de malos hábitos vinculados a comportamentos sociais. O limiar aerobio delimita o límite inferior da zona de transición aerobia-anaerobia e asóciase a un valor de referencia de 2 mmol/l de lactato en sangue. Para o alumnado con escoliose, os protocolos de exercicio físico recomendan fortalecer a musculatura do lado cóncavo e estirar a musculatura do lado convexo. Indica a/s afirmación/s correcta/s: A normativa N.I.D.E. ten carácter vinculante para os centros educativos en España, o cal permite aos órganos de xestión dos IES solicitar á administración educativa a dotación de instalacións deportivas seguras, de calidade e conforme aos estándares recomendados para a práctica de Educación Física escolar. Nunha actividade de orientación, a declinación magnética é un valor estable que implica calcular a diferenza angular entre o norte xeográfico e o norte magnético. Os mapas de orientación adoitan usar escalas de 1:15.000, cunha equidistancia entre curvas de nivel de 5 metros, nos cales 1 centímetro no mapa representa 150 metros no terreo. Cando introducimos os xogos para moldear as respostas motrices do alumnado na aprendizaxe da especialidade de obstáculos, estamos a utilizar a Teoría Construtivista de Vigotsky dentro do Modelo Ludotécnico para o ensino do atletismo. Indica a/s afirmación/s correcta/s: O adestramento discriminativo do tempo de reacción mellora non só a velocidade de resposta senón tamén a capacidade perceptiva e de toma de decisión do alumnado. Unha baixa variabilidade da frecuencia cardíaca pode indicar estrés agudo, fatiga acumulada ou soño insuficiente. As vitaminas hidrosolubles poden acumularse no tecido adiposo cando se consomen en exceso, representando un risco elevado de toxicidade para o deportista. En 1º bacharelato o criterio de avaliación CA4.2, “Establecer mecanismos de relación e entendemento co resto de participantes durante o desenvolvemento de diversas prácticas motrices…”, vincúlase co OBX2, “Adaptar autonomamente as capacidades físicas, perceptivo motrices e coordinativas…”. Indica a/s afirmación/s correctas: A utilización do método analítico de Pestalozzi é incompatible coa aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) nas clases de Educación Física. O contido “O uso da bicicleta como medio de transporte habitual” comeza a traballarse no 2º curso da ESO dentro do Bloque 6. Interacción eficiente e sostible coa contorna, e mantense nos cursos seguintes. A presenza dun deporte individual como o Atletismo na nosa programación de Bacharelato xustifícase polo OBX2 e ten no Bloque 3 como referentes principais para a súa avaliación o CA3.1 e o CA3.3. Para Huizinga, a cultura precede ao xogo, xa que este último orixínase como reflexo de prácticas culturais preexistentes. Indica a/s afirmación/s correcta/s: O contido “Prevención de accidentes nas prácticas motrices: calzado deportivo e ergonomía” aparece no Bloque 3. Organización e xestión da actividade física de 1º ESO. O modelo de “aprender facendo” na Educación Física, inspirado en Dewey e Kolb, prioriza a experiencia práctica e a experimentación activa no desenvolvemento de competencias motrices, relegando a reflexión metacognitiva e a conceptualización abstracta a un papel secundario. A clasificación sociolóxica do xogo proposta por Caillois identifica a categoría "Ilinx" como xogos relacionados co desexo de experimentar sensacións de vertixe ou inestabilidade. Na lenda dun mapa de orientación a planimetría representa a estrutura e o relevo do terreo e móstrase con liñas finas de cor marrón. Indica a/s afirmación/s correcta/s: CrossFit é un método de adestramento da condición física e marca de dominio público que se pode incluír en unidades didácticas de Educación Física na educación secundaria. Nas clases de Educación Física en secundaria, unha estratexia de práctica distribuída produce unha aprendizaxe das habilidades motrices máis efectivo ca a aplicación dunha estratexia de aprendizaxe fundamentada en práctica masiva. No control motor en bucle pechado, o movemento regúlase constantemente mediante retroalimentación sensorial externa e interna. No ensino dos deportes individuais na ESO, a toma de decisións motrices durante a práctica non debe considerarse unha competencia central en secundaria obrigatoria, xa que a súa lóxica interna non esixe adaptación significativa do comportamento motor.”. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Como docentes deberiamos ter en conta que a billarda (tamén chamada estornela), tradicional xogo galego de pau e palán, foi recoñecida en 2020 oficialmente pola Secretaria Xeral para o Deporte como modalidade deportiva en Galicia. O control en bucle aberto non permite ningún tipo de axuste durante a execución do movemento. En baloncesto, o desmarque coñecido como “porta atrás” ten por obxectivo que o xogador ou xogadora reciba o balón en movemento cara ao aro. No complexo K2 de voleibol, todos/as xogadores/as excepto un que se sitúa en posición 2, 3 ou 4 próximo á rede, distribúense en zona de defensores para recibir o saque. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Segundo o sistema de clasificación de Parlebas (1981), o lanzamento de disco que temos na nosa programación encádrase na categoría CAI. Cando abordamos a aprendizaxe da técnica de lanzamento de peso, ao comezo desta mesma atopámonos na Fase de Automatización do Movemento (Meinel). Se nas sesións de aprendizaxe do triplo salto de atletismo comezamos cunha fase de desenvolvemento da coordinación global seguida doutra de desenvolvemento da coordinación fina estaremos a seguir as bases da Escola Soviética. Desde a teoría psicoanalítica freudiana, o xogo é fundamentalmente un medio para que os nenos enfronten e superen traumas infantís mediante a repetición. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Débese minimizar a retroalimentación aumentado cando o alumnado non ten experiencia previa na execución dunha tarefa motriz. No desenvolvemento da unidade didáctica “PALAS” en 2ºESO debemos insistir nalgúns aspectos técnicos como o principio das 4 esquinas. Nunha sesión de Educación Física na que abordamos unha introdución á Loita Libre en 3º ESO, ao incluír accións como levantamentos ou entradas estamos a utilizar Unidades Motrices Luctatorias Primarias. Cando traballamos os Deportes de Raqueta ao longo da ESO podemos apreciar elementos técnicos comúns neles, como poden ser a coordinación segmentaria ollo-mano e ollo implemento, a coordinación espazo-temporal, a técnica de golpeo e a comunicación non verbal. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Durante o deseño dunha unidade didáctica para 3º ESO centrada na iniciación ao judo, é pedagoxicamente adecuado darlle prioridade a aprendizaxe técnica das proxeccións desde o inicio, xa que a execución biomecánicamente correcta é a base do éxito motriz, mesmo en contextos de incerteza. Nunha sesión de balonmán, a realización dun exercicio de pase e vai, segundo a Praxioloxía Motriz, supón unha Interacción Motriz Esencial Directa de Comunicación. O lecer e o tempo libre, así como as actividades recreativas que podemos incluír nas sesións de Educación Física recóllense no currículo da ESO nos OBX1, OBX2 e OBX3 da materia. A teoría evolutiva de Piaget considera que o xogo regrado precede ao xogo simbólico, xa que é necesario que o neno aprenda primeiro normas claras para logo poder simbolizar situacións. Indica a/s afirmación/s correctas: No marco dunha sesión de Educación Física en secundaria, o desenvolvemento do equilibrio dinámico implica unicamente a estimulación vestibular e propioceptiva, sendo de pouca importancia os factores mecánicos como a base de sustentación ou a liña de gravidade. O MET é unha unidade que se emprega para estimar o gasto enerxético de distintas actividades físicas, tomando para iso como referencia o gasto de enerxía en repouso, estandarizado en 1 MET. O pé varo considérase supinador e presenta un risco maior de producir escordaduras que afecten o ligamento lateral externo do nocello. O exceso de vitaminas liposolubles almacénase no fígado e no tecido adiposo e algunhas delas poden chegar a ter efectos tóxicos. Indica a/s afirmación/s correcta/s: Para unha valoración anatómico-funcional estando o corpo en posición anatómica, o plano transversal está definido polo eixo transversal e polo eixo lonxitudinal. O uso de estruturas competitivas en tarefas para a mellora da forza en clases de Educación Física con adolescentes, pode ser unha metodoloxía eficaz cando estas se propoñen como un xogo ou desafío e non se establecen comparacións entre o alumnado do grupo. Na aplicación didáctica dalgún dos principios do adestramento, débese garantir que os estímulos de carga superen o limiar mínimo individual para provocar adaptacións funcionais favorables. Durante o exercicio físico de intensidade moderada-alta, o volume sistólico diminúe proporcionalmente á intensidade do exercicio en favor do incremento lineal da frecuencia cardíaca. Indica a/s afirmación/s correcta/s: A metodoloxía clúster, aplicada a adolescentes en clases de Educación Física, consiste en establecer durante unha sesión, unha secuencia de 10-12 exercicios multiarticulares realizados cada un deles ao número máximo ou case máximo individual das repeticións posibles. O reflexo miotático inverso desencadéase principalmente pola activación dos órganos tendinosos de Golgi cando estes detectan un aumento significativo da tensión muscular, provocando unha reacción de protección en forma de relaxación muscular reflexa. Na avaliación formativa dunha sesión de Educación Física, basta con observar só a execución técnica dun xesto motor básico (por exemplo, un salto) para considerar que o alumnado domina esa habilidade. Os micronutrientes non achegan enerxía, pero son esenciais para os procesos metabólicos que permiten utilizar adecuadamente a enerxía dos macronutrientes. |




