Preguntas Galego
|
|
Título del Test:
![]() Preguntas Galego Descripción: Test Galego |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. En que século se afirma que o galego está constituído como lingua independente do latín vulgar?. a) Século VII. b) Século IX. c) Século XII. 2. En que época o galego parece que comeza a deixar de ser a lingua maioritariamente falada na comunidade?. a) Idade media. b) Nos Séculos Escuros. c) No século XXI. 3. En que século existe un movemento reivindicativo da conciencia lingüística galega?. a) No XIII coa poesía trobadoresca galaico-portuguesa. b) No XVIII cos ilustrados. c) No XVII coas primeiras gramáticas e dicionarios escritas en galego. 4. Como se transmitían oralmente as cantigas na Idade Media?. a) Eran cantadas e acompañadas por instrumentos musicais por xograres. b) Eran recitadas unicamente por membros da realeza. c) Eran lidas en segredo en círculos intelectuais. 5. Quen adoita ser a voz poética nas cantigas de amor?. (a) Unha muller que lamenta a ausencia do seu amado. (b) Un home que expresa o seu sufrimento pola indiferenza da dama. (c) Unha figura da natureza que testemuña os sentimentos amorosos. 6. Cal é un tema central que se atopa frecuentemente nas cantigas de amor?. (a) A exaltación das conquistas militares e a gloria dos heroes. (b) O desexo intenso e a dor causada pola falta de correspondencia amorosa. (c) A descrición da vida cotiá e os labores do campo. 7. Como se adoita referir o poeta á súa amada nas cantigas de amor?. (a) Como unha amiga e compañeira de confidencias. (b) Como un ser distante, superior e inaccesible ("senhor"). (c) Como unha igual que comparte os mesmos sentimentos. 8. Que recurso literario é común nas cantigas de amor para expresar a intensidade do sentimento?. (a) A repetición de palabras ou versos (leixapren). (b) A utilización de encabalgamentos ou atafiindas. (c) A descrición detallada de batallas e feitos históricos. 9.En que contexto social e cultural floreceron principalmente as cantigas de amor galegoportuguesas?. (a) Nos ambientes relixiosos dos mosteiros medievais. (b) Nas cortes reais e nos círculos da nobreza durante a Idade Media. (c) Nas aldeas e comunidades rurais como expresión do folclore popular. 10) As cantigas de amor caracterízanse por: a) Estar contadas por un home que eloxia a unha “amiga”. b) Estar contadas por un home que eloxia a unha “senhor”. c) Estar contadas por unha muller que eloxia a un “senhor. 11) Cal das seguintes características non é propia das cantigas de amor: a) A presenza da natureza. b) A coita de amor. c) A dama idealizada. 12) Que dous tipos de cantigas de amor podemos atoparnos: a) De mestría e de refrán. b) De finda e de verso. c) Dobres e mordobres. 13. Que tipo de composicións poéticas son as cantigas de escarnio e maldicir?. a) Cantigas sociais e satíricas que criticaban a corrupción económica e os oficios das clases altas época. b) Cantigas satíricas que criticaban persoas e costumes. c) Cantigas que representaban a situación da sociedadae da época. 14. Cal é unha característica distintiva das cantigas de maldicir en comparación coas de escarnio?. a) Son máis directas e explícitas na súa crítica. b) Sempre están escritas en primeira persoa. c) Utilizan un vocabulario máis culto e elaborado. 15. Que temas eran frecuentemente abordados nas cantigas de escarnio e maldicir?. a) A sexualidade dos cabaleiros e soldadeiras. b) Críticas á nobreza, ao clero e á vida social da época dende diferentes perspectivas (sexual, económica ,etc)b) Críticas á nobreza, ao clero e á vida social da época dende diferentes perspectivas (sexual, económica ,etc). c) As corrupcións e covardía dos cabaleiros. 16. Quen foi un dos principais trobadores coñecidos por escribir cantigas de escarnio e maldicir en portugués-galego?. a) Martín Codax. b) Airas Nunes. c) Pero da Ponte. 17. Cal é a diferenza fundamental entre as cantigas de escarnio e maldicir?. a. A sátira encuberta nas de escarnio e o ataque directo nas de maldicir. b. A sátira encuberta nas de maldicir e o ataque directo nas de escarnio. c. Non existe ningunha diferenza. 18.Que tipo de sátiras se encontran nas cantigas de escarnio e maldicir?. d. Sátiras literarias contra outros poetas. e. Sátiras de eloxio á nobreza. f. Sátiras con carácter fantástico. 19.Que tipo de léxico é frecuente nas cantigas de escarnio e maldicir?. g. Vocabulario culto e linguaxe poética. h. Palabras propias da lingua falada con carácter obsceno e escatolóxico. i. Linguaxe formal e eloxiosa. 20.Que recurso adoita atoparse nas cantigas de amigo?. a. Paralelismo. b. Hipérbole. c. Hipérbaton. 21.Cal destas características é propia das cantigas de amigo?. d. A muller está casada. e. A presenza da natureza. f. Aparece a palabra “senhor”. 22. Cales das seguintes características se corresponden ás cantigas de amigo? : a) Presenza da palabra amigo, referencias habituais á natureza e a existencia de recursos como o leixaprén ou o refrán. b) Existencia de recursos como o refrán e o leixaprén e ausencia da natureza na historia. c) As personaxes habituais son o amigo e a amiga, presenza da ironía ao longo da cantiga e utilización de léxico popular. 23. Quen é a voz poética das cantigas de amigo?. a) Un crego. b) Unha muller. c) Un home. 24. Que recursos estilísticos aparecen nas cantigas de amigo?. a) Paralelismo, refrán e leixapréns. b) Leixaprén, metáfora e refrán. c) Paralelismo, poliptoto e leixaprén. 25. Quen é a figura central que adoita transmitir voz poética nas cantigas de amigo?. a) Unha amiga, a nai ou unha confidente. b) Un xograr. c) Unha moza namorada. 26. Cal é un tema común que se atopa nas cantigas de amigo?. a) O amor do amigo. b) A vida da xente non cortesá. c) A saudade, o amor e a espera do amado. 27. A quen adoita dirixirse a voz poética nas cantigas de amigo cando expresa a súa angustia?. a) Ao rei e á súa corte. b) Diríxese directamente ao amado ausente. c) Á nai, ás amigas ou á natureza. 28. Que elemento da natureza é frecuentemente utilizado como confidente ou testemuña dos sentimentos da protagonista?. a) O raio e os animais. b) O mar, o río ou a fonte. c) O vento e o mar. 29. Que figura relixiosa é a principal destinataria das Cantigas de Santa María de Afonso X?. a) San Pedro. b) A Virxe María. c) Santiago Apóstolo. 30. Cal é un tema recorrente nas Cantigas de Santa María?. a) Os rezos, rogos e pregarias á Virxe. b) A devoción mariana e a Xesús. c) Os milagres atribuídos á Virxe. 31. Que tipo de estrutura poética é máis común nas Cantigas de Santa María?. a) O romance. b) O verso libre. c) A cantiga de refrán. 32. Ademais de ser un rei, cal era outra faceta destacada de Afonso X que influíu na creación das Cantigas?. a) Era un famoso guerreiro. b) Era un importante xurista. c) Era un recoñecido erudito e mecenas das artes. 33. Cal é o título do poemario máis coñecido de Rosalía de Castro que se publicou en 1880?. a) Follas Novas. b) Cantares Gallegos. c) En las orillas del Sar. 34. Cal é unha das temáticas centrais que se atopan frecuentemente en toda a poesía de Rosalía de Castro?. a) A defensa das clases sociais desfavorecidas e a lingua. b) A defensa da lingua e a saudade. c) A presencia da dor existencial. 35. Que tipo de personaxes adoitan protagonizar as súas obras narrativas?. a) Homes da sociedade galega da época. b) Mulleres sinxelas, a miúdo marxinadas e que sofren. c) Mulleres galegas migrantes que van traballar a Castela. 36. Con que movemento literario se asocia tradicionalmente a figura de Rosalía de Castro?. a) O Romanticismo e o Rexurdimento galego. b) O Neoclasicismo ilustrado. c) O Surrealismo vangardista. 37.Cal dos seguintes é un dos temas que se abordan en Cantares Gallegos?. a. Denuncia a marxinación á que están sometidos os labregos, os emigrantes e as mulleres. b. Manifesta o seu estado anímico, caracterizado polo desasosego e o pesimismo. c. Rosalía quere deixar clara a súa plena identificación co pobo galego. 38.Cal é a principal característica formal dos poemas de Follas Novas?. a. Extensos e con abundantes recursos estilísticas. b. Breves e con combinacións métricas pouco ríxidas. c. Escritores en verso libre e con gran complexidade formal. 39. Cal é o título do poemario máis coñecido de Curros Enríquez?. a) Follas Novas. b) Aires da miña terra. c) Queixumes dos pinos. 40. En que localidade galega transcorre a obra a Virxe do Cristal de Manuel Curros Enríquez?. a) Ourense. b) Celanova. c) Vilanova dos Infantes. |




