option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Preguntas tipo tests

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Preguntas tipo tests

Descripción:
Oposicións ESO - EF

Fecha de Creación: 2025/11/17

Categoría: Oposiciones

Número Preguntas: 17

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Os aminoácidos esenciais son aqueles que o organismo humano non pode sintetizar, ou non en cantidades suficientes, polo que é imprescindible obtelos mediante a alimentación. B) Durante a adolescencia experiméntase unha redución xeneralizada do rango de movemento da articulación escápulo-umeral, o cal provoca unha perda de mobilidade articular na devandita articulación. C) As curvaturas fisiolóxicas da columna vertebral no plano saxital contribúen a amortecer as forzas axiais. D) As fibras musculares tipo I son as principais responsables da produción de forza máxima e de forza explosiva en accións neuromusculares.

2) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) As dietas hiperproteicas teñen un efecto termoxénico superior ao das dietas centradas nos carbohidratos e as graxas, o que incrementa o gasto calórico postprandial. B) Durante a adolescencia, o potencial de mellora das capacidades coordinativas estabilízase completamente, polo que o deseño de tarefas coordinativas en educación secundaria debería enfocarse exclusivamente en manter as habilidades previamente adquiridas. C) A escoliose idiopática estrutural dunha alumna de 2º ESO, pode corrixirse a través de exercicios que poderían integrarse para a alumna nas clases de Educación Física. D) Durante a adolescencia recoméndase evitar as cargas externas excesivas sobre a columna vertebral debido ao proceso incompleto de osificación do raque.

Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) A aplicación de cargas de adestramento na educación secundaria, debe respectar os principios de individualización, sobrecarga progresiva e recuperación para garantir procesos de adaptación saudables e eficaces. B) En 3º e 4º ESO, o currículo de Educación Física inclúe contidos sobre saúde mental, a través dos efectos negativos dos modelos estéticos predominantes e trastornos vinculados ao culto insán ao corpo. C) A mellora significativa do VO₂ max non se inclúe como un dos factores para a mellora do rendemento en esforzos de duración superior a 12 minutos. D) Os contido “Suplementación e dopaxe no deporte e Riscos e condicionantes éticos” aparecen en 1ºBAC, Bloque 1 Saúde social.

4) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Os modelos de predición de Harris-Benedict e Mifflin empréganse para a estimación directa da taxa metabólica de repouso. B) En 4º ESO o contido “Autoavaliación das capacidades físicas (como requisito previo á planificación): probas de valoración” aparece no Bloque 1 Vida activa e saudable. C) A implementación da taxonomía proposta por Fernández Calero e Navarro na planificación de sesións de iniciación ao Adestramento Funcional de Alta Intensidade en clases de Educación Física non é posible, xa que para esta actividade requírese unha fase previa de experimentación. D) Segundo os datos máis recentes do estudo PASOS, en España a taxa de obesidade nas nenas é case o dobre que a taxa de obesidade nos nenos na franxa de idade entre 11 e 18 anos.

5) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Segundo as recomendacións máis recentes da OMS, os adolescentes deberían realizar polo menos 40 minutos diarios de actividade física de intensidade moderada a vigorosa. B) En 3º ESO, o currículo de Educación Física inclúe contidos sobre os efectos na saúde de malos hábitos vinculados a comportamentos sociais. C) O limiar aerobio delimita o límite inferior da zona de transición aerobia-anaerobia e asóciase a un valor de referencia de 2 mmol/l de lactato en sangue. D) Para o alumnado con escoliose, os protocolos de exercicio físico recomendan fortalecer a musculatura do lado cóncavo e estirar a musculatura do lado convexo.

6) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) A normativa N.I.D.E. ten carácter vinculante para os centros educativos en España, o cal permite aos órganos de xestión dos IES solicitar á administración educativa a dotación de instalacións deportivas seguras, de calidade e conforme aos estándares recomendados para a práctica de Educación Física escolar. B) Nunha actividade de orientación, a declinación magnética é un valor estable que implica calcular a diferenza angular entre o norte xeográfico e o norte magnético. C) Os mapas de orientación adoitan usar escalas de 1:15.000, cunha equidistancia entre curvas de nivel de 5 metros, nos cales 1 centímetro no mapa representa 150 metros no terreo. D) Cando introducimos os xogos para moldear as respostas motrices do alumnado na aprendizaxe da especialidade de obstáculos, estamos a utilizar a Teoría Construtivista de Vigotsky dentro do Modelo Ludotécnico para o ensino do atletismo.

7) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) O adestramento discriminativo do tempo de reacción mellora non só a velocidade de resposta senón tamén a capacidade perceptiva e de toma de decisión do alumnado. B) Unha baixa variabilidade da frecuencia cardíaca pode indicar estrés agudo, fatiga acumulada ou soño insuficiente. C) As vitaminas hidrosolubles poden acumularse no tecido adiposo cando se consomen en exceso, representando un risco elevado de toxicidade para o deportista. D) En 1º bacharelato o criterio de avaliación CA4.2, “Establecer mecanismos de relación e entendemento co resto de participantes durante o desenvolvemento de diversas prácticas motrices…”, vincúlase co OBX2, “Adaptar autonomamente as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas…”.

8) Indica a/s afirmación/s correctas: A) A utilización do método analítico de Pestalozzi é incompatible coa aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) nas clases de Educación Física. B) O contido “O uso da bicicleta como medio de transporte habitual” comeza a traballarse no 2º curso da ESO dentro do Bloque 6. Interacción eficiente e sostible coa contorna, e mantense nos cursos seguintes. C) A presenza dun deporte individual como o Atletismo na nosa programación de Bacharelato xustifícase polo OBX2 e ten no Bloque 3 como referentes principais para a súa avaliación o CA3.1 e o CA3.3. D) Para Huizinga, a cultura precede ao xogo, xa que este último orixínase como reflexo de prácticas culturais preexistentes.

9) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) O contido “Prevención de accidentes nas prácticas motrices: calzado deportivo e ergonomía” aparece no Bloque 3. Organización e xestión da actividade física de 1º ESO. B) O modelo de “aprender facendo” na Educación Física, inspirado en Dewey e Kolb, prioriza a experiencia práctica e a experimentación activa no desenvolvemento de competencias motrices, relegando a reflexión metacognitiva e a conceptualización abstracta a un papel secundario. C) A clasificación sociolóxica do xogo proposta por Caillois identifica a categoría "Ilinx" como xogos relacionados co desexo de experimentar sensacións de vertixe ou inestabilidade. D) Na lenda dun mapa de orientación a planimetría representa a estrutura e o relevo do terreo e móstrase con liñas finas de cor marrón.

10) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) CrossFit é un método de adestramento da condición física e marca de dominio público que se pode incluír en unidades didácticas de Educación Física na educación secundaria. B) Nas clases de Educación Física en secundaria, unha estratexia de práctica distribuída produce unha aprendizaxe das habilidades motrices máis efectivo ca a aplicación dunha estratexia de aprendizaxe fundamentada en práctica masiva. C) No control motor en bucle pechado, o movemento regúlase constantemente mediante retroalimentación sensorial externa e interna. D) No ensino dos deportes individuais na ESO, a toma de decisións motrices durante a práctica non debe considerarse unha competencia central en secundaria obrigatoria, xa que a súa lóxica interna non esixe adaptación significativa do comportamento motor.”.

11) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Como docentes deberiamos ter en conta que a billarda (tamén chamada estornela), tradicional xogo galego de pau e palán, foi recoñecida en 2020 oficialmente pola Secretaria Xeral para o Deporte como modalidade deportiva en Galicia. B) O control en bucle aberto non permite ningún tipo de axuste durante a execución do movemento. C) En baloncesto, o desmarque coñecido como “porta atrás” ten por obxectivo que o xogador ou xogadora reciba o balón en movemento cara ao aro. D) No complexo K2 de voleibol, todos/as xogadores/as excepto un que se sitúa en posición 2, 3 ou 4 próximo á rede, distribúense en zona de defensores para recibir o saque.

12) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Segundo o sistema de clasificación de Parlebas (1981), o lanzamento de disco que temos na nosa programación encádrase na categoría CAI. B) Cando abordamos a aprendizaxe da técnica de lanzamento de peso, ao comezo desta mesma atopámonos na Fase de Automatización do Movemento (Meinel). C) Se nas sesións de aprendizaxe do triplo salto de atletismo comezamos cunha fase de desenvolvemento da coordinación global seguida doutra de desenvolvemento da coordinación fina estaremos a seguir as bases da Escola Soviética. D) Desde a teoría psicoanalítica freudiana, o xogo é fundamentalmente un medio para que os nenos enfronten e superen traumas infantís mediante a repetición.

13) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Débese minimizar a retroalimentación aumentado cando o alumnado non ten experiencia previa na execución dunha tarefa motriz. B) No desenvolvemento da unidade didáctica “PALAS” en 2ºESO debemos insistir nalgúns aspectos técnicos como o principio das 4 esquinas. C) Nunha sesión de Educación Física na que abordamos unha introdución á Loita Libre en 3º ESO, ao incluír accións como levantamentos ou entradas estamos a utilizar Unidades Motrices Luctatorias Primarias. D) Cando traballamos os Deportes de Raqueta ao longo da ESO podemos apreciar elementos técnicos comúns neles, como poden ser a coordinación segmentaria ollo-mano e ollo-implemento, a coordinación espazo-temporal, a técnica de golpeo e a comunicación non verbal.

14) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Durante o deseño dunha unidade didáctica para 3º ESO centrada na iniciación ao judo, é pedagoxicamente adecuado darlle prioridade a aprendizaxe técnica das proxeccións desde o inicio, xa que a execución biomecánicamente correcta é a base do éxito motriz, mesmo en contextos de incerteza. B) Nunha sesión de balonmán, a realización dun exercicio de pase e vai, segundo a Praxioloxía Motriz, supón unha Interacción Motriz Esencial Directa de Comunicación. C) O lecer e o tempo libre, así como as actividades recreativas que podemos incluír nas sesións de Educación Física recóllense no currículo da ESO nos OBX1, OBX2 e OBX3 da materia. D) A teoría evolutiva de Piaget considera que o xogo regrado precede ao xogo simbólico, xa que é necesario que o neno aprenda primeiro normas claras para logo poder simbolizar situacións.

15) Indica a/s afirmación/s correctas: A) No marco dunha sesión de Educación Física en secundaria, o desenvolvemento do equilibrio dinámico implica unicamente a estimulación vestibular e propioceptiva, sendo de pouca importancia os factores mecánicos como a base de sustentación ou a liña de gravidade. B) O MET é unha unidade que se emprega para estimar o gasto enerxético de distintas actividades físicas, tomando para iso como referencia o gasto de enerxía en repouso, estandarizado en 1 MET. C) O pé varo considérase supinador e presenta un risco maior de producir escordaduras que afecten o ligamento lateral externo do nocello. D) O exceso de vitaminas liposolubles almacénase no fígado e no tecido adiposo e algunhas delas poden chegar a ter efectos tóxicos.

R1) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) Para unha valoración anatómico-funcional estando o corpo en posición anatómica, o plano transversal está definido polo eixo transversal e polo eixo lonxitudinal. B) O uso de estruturas competitivas en tarefas para a mellora da forza en clases de Educación Física con adolescentes, pode ser unha metodoloxía eficaz cando estas se propoñen como un xogo ou desafío e non se establecen comparacións entre o alumnado do grupo. C) Na aplicación didáctica dalgún dos principios do adestramento, débese garantir que os estímulos de carga superen o limiar mínimo individual para provocar adaptacións funcionais favorables. D) Durante o exercicio físico de intensidade moderada-alta, o volume sistólico diminúe proporcionalmente á intensidade do exercicio en favor do incremento lineal da frecuencia cardíaca.

R2) Indica a/s afirmación/s correcta/s: A) A metodoloxía clúster, aplicada a adolescentes en clases de Educación Física, consiste en establecer durante unha sesión, unha secuencia de 10-12 exercicios multiarticulares realizados cada un deles ao número máximo ou case máximo individual das repeticións posibles. B) O reflexo miotático inverso desencadéase principalmente pola activación dos órganos tendinosos de Golgi cando estes detectan un aumento significativo da tensión muscular, provocando unha reacción de protección en forma de relaxación muscular reflexa. C) Na avaliación formativa dunha sesión de Educación Física, basta con observar só a execución técnica dun xesto motor básico (por exemplo, un salto) para considerar que o alumnado domina esa habilidade. D) Os micronutrientes non achegan enerxía, pero son esenciais para os procesos metabólicos que permiten utilizar adecuadamente a enerxía dos macronutrientes.

Denunciar Test