prevencion mates
|
|
Título del Test:
![]() prevencion mates Descripción: prevencion mm |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Lucas é un neno de Educación Infantil que está a facer unha actividade matemática de clasificar figuras xeométricas con base en dúas características: forma e tamaño. A súa profesora observa que lle custa clasificalas segundo a súa forma e comete moitos erros. Con todo, fai moi ben a correspondencia e clasificación de figuras cando ten o apoio visual dun modelo. Que tipo de competencia matemática está a traballar Lucas?. Formal. Informal. Tanto formal como infomal. Laia é unha nena de 2° de Educación Primaria á que lle custa ordenar algunhas cifras de menor a maior e de maior a menor. Ademais, en bastantes ocasións, confunde a representación arábiga do número 5 coa do número 2 tanto en series escritas como ao ditado. A situación descrita mostra que Laia podería ter algunha dificultade no manexo das competencias matemáticas: Formais. Informais. Tanto nas formais como nas informais. Un neno de 5º de Educación Primaria leva desde que estaba en terceiro manifestando dificultade para seguir secuencias de cálculo máis aló do 1000. Isto aféctalle a todo tipo de operacións matemáticas, especialmente a aquelas nas que se utiliza a unidade seguida de ceros (3x100; 5x1000). A dificultade manifestada no exemplo concreto relaciónase co manexo da súa competencia matemática: Formais. Informais. Tanto nas formais como nas informais. Unha nena de 4° de Educación Primaria está a traballar a multiplicación coas centenas de milleiro. O profesor na clase explicoulles a secuencia detallada de pasos para resolver as multiplicacións en numerosas ocasións indicándolles que sempre é o mesmo procedemento. A pesar diso, a nena equivócase en todas as operacións que fai xa que comete algún erro de procedemento e equivócase no resultado da operación. O exemplo descrito supón que a nena podería ter dificultade na comprensión de: O heurístico da multiplicación. O algoritmo da multiplicación. A representación da multiplicación. Pablo esta resolvendo un problema matemático de cambio con dúas operacións (multiplicación e sume) Cando Pablo le o problema comprendeo perfectamente pero cando ten que multiplicar e despois sumar, fai varias sumas porque non se dá conta que se multiplica xa resolve varias desas operacións nunha soa. O dempeño de Pablo no problema matemático non é adecuado porque cometeu varios erros ao sumar. A forma en que Pablo resolveu o problema demostra que lle custa manexar: O razoamento heurístico do problema. A automatización da multiplicación. O algoritmo da suma. Jaime ten 7 anos e está en 2° de Educación primaria, desde que tiña 5 anos (6° de Educación Infantil) sempre lle custou entender as operacións matemáticas de suma e resta cun díxito tanto de forma manipulativa como coas súas representacións simbólicas (números arábigos). Actualmente segue tendo moitos fallos e nunha proba de matemáticas (TEDI-MATH) obtivo unha porcentaxe acumulada de 7 en operacións e 9 en operacións lóxicas. Aínda que nas demais áreas non manifesta dificultades, ás veces móstrase inatento nas tarefas matemáticas. Segundo o detallado: Jaime parece cumprir cos criterios diagnósticos do DSM-V e podería diagnosticárselle un trastorno específico de aprendizaxe en matemáticas, a falta de completar os datos con máis probas e observacións. Jaime non cumpre cos criterios diagnósticos do DSM-V para o Trastorno Específico de Aprendizaxe porque aínda está en proceso de aprendizaxe da suma e resta dun dixito. Jaime non pode ter Trastorno Específico de Aprendizaxe porque ten un problema de atención. Xulia é unha nena que está en 3° de Educación Primaria e mostra moita dificultade para ler e escribir cifras matemáticas, para lembrar feitos numéricos e comete moitos erros na execución de operacións matemáticas básicas como suma, resta e multiplicación. Segundo o especificado, Xulia podería ter dificultade matemática no dominio de: Concepto de número. A numeración. O procesamento do número. Pedro está en 1° de Primaria e desde que estaba na etapa Infantil sempre tivo dificultades para contar de forma adecuada, xa que, non mantén a orde cando conta obxectos ou cantidades, conta varias veces os mesmos obxectos e non asocia de forma correcta o cardinal do os números tres e sete. No colexio comezaron a traballar de forma preventiva estas dificultades situadas en: A numeración. O procesamento numérico. O concepto de número. Alexia está en 6° de Educación Infantil e para mellorar o rendemento lóxico-matemático do grupo clase, o seu profesor Breixo está a seguir unha secuencia de traballo nas tareas matemáticas que consiste en implicalos nas tarefas, explicarlles claramente cal é o obxectivo das mesmas, logo modélaas, déixalles que traballen en grupo, dalles feedback e ao final revisan o que fixeron. Esta secuencia metodolóxica correspóndese con: O nivel 3 e 4 do sistema de resposta á intervención para traballar con grupos de risco e nenos e nenas con dificultade matemática. O nivel 1 do sistema de resposta á intervención para traballar con todo o grupo aula de forma preventiva na área de matematicas. A fase 2 de mediación e apoio do sistema metodolóxico de inferencia indutiva do programa módulos matemáticos. Ángel que é o titor dun grupo de nenos e nenas de 6° de Educación Primaria está a usar na materia de matemáticas unha secuencia de instrución baseada en explicar ben as actividades de matemáticas a realizar, logo modélaas, déixalles que traballen en grupos, dalles feedback correctivo, volve modelar, déixalles prácticar os exercicios de forma individual e dálles feedback individual a quen o necesita. Esta secuencia metodolóxica emprégaa porque: Na súa clase hai nenos e nenas con dificultade matemática ou en risco de tela. Na súa clase quere traballar a autorregulación matemática para que afronten mellor este tipo de aprendizaxe. Na súa clase quere traballar de forma preventiva para que nigún neno ou nena chegue a ter dificultades na área de matemáticas. |




