Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESETEST PROTECCIÓN DE DATOS

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
TEST PROTECCIÓN DE DATOS

Descripción:
EDUCACIÓN

Autor:
AVATAR

Fecha de Creación:
16/03/2022

Categoría:
Otros

Número preguntas: 9
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
1. O sistema educativo debe protexer os datos persoais de: a. Alumnado, cando é menor de idade. b. Alumnado e familias por ser os usuarios do sistema educativo. c. Alumando, familias e persoal do centro. .
2. Datos de carácter persoal son: a. Calquera información concernente a persoas físicas identificadas. b. Calquera información concernente a persoas físicas identificables. c. Todas as respostas son correctas. .
3. O traslado de información que conteña datos de carácter persoal por parte do centro ao Equipo de Orientación Específico (EOE) no marco dunha demanda de intervención: a. Obriga a solicitar da familia autorización expresa e por escrito. b. Non existe cesión de datos dado que os EOE forman parte da consellería con competencias en materia de educación e, polo tanto, a información permanece en todo caso nos mesmos ficheiros. c. Esixe informar á familia para que poida exercer os dereitos ARCO (acceso, rectificación, cancelación e oposición), dado que hai un traslado de documentación.
4. Cando un cidadán (familia ou alumnado) presenta unha solicitude de exercicio dos dereitos ARCO (acceso, rectificación, cancelación e oposición): a. O centro debe atender a reclamación inmediatamente e sempre antes dun mes, por escrito e de xeito motivado. b. O centro debe remitila á maior brevidade e sempre nos tres días seguintes á súa recepción, á Secretaría Xeral Técnica da Consellería, por ser esta a responsable do ficheiro. c. Deberá informar á familia para que presente a dita solicitude perante a Inspección Educativa, por ser esta quen ten a competencia para resolver.
5. Para recoller e tratar datos sobre a orixe racial, saúde e vida sexual nos centros educativos: a. Só poderán ser solicitados, tratados e cedidos cando, por razóns de interese xeral, así o dispoña unha lei. b. Estamos amparados pola disposición adicional vixésimo terceira da LOE (redacción dada pola LOMCE) polo que o consentimento da familia se presupón. Isto non exime da necesaria custodia e tratamento dos ditos datos de especial protección por medios especialmente garantistas. c. Os centros educativos non poden recoller ese tipo de datos.
6. Cando utilizamos servizos web non corporativos (como no caso de servizos de Google-Gmail, YouTube, Facebook, Twitter, Instagram...): a. Hai que ter en conta a posible transferencia internacional de datos e solicitar a autorización expresa na que se faga constar esta circunstancia. b. Non se poden utilizar debido a que supoñen transferencia internacional de datos. c. Só se poden utilizar servizos que impliquen a posible transferencia internacional de datos con autorización da Inspección Educativa.
7. Cando un centro educativo recolle datos, por exemplo no proceso de matrícula: a. Dado que a familia fai a matrícula voluntariamente, enténdese que sabe a quen entrega os seus datos e para que finalidade. b. Debe figurar no impreso unha cláusula inequívoca (da que hai un modelo no protocolo de protección de datos) que sinale que datos son obrigatorios, das consecuencias de facilitar ou non os datos, da posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (a quen hai que dirixirse e como) e da titularidade do ficheiro. c. A recollida de datos de carácter persoal do alumnado está amparada pola disposición adicional 23 da LOE (segundo a redacción dada pola LOMCE), polo que, ao estar prevista nunha lei, non é necesario incluír ningunha cláusula específica sobre protección de datos. .
8. O envío de datos de carácter persoal de protección media ou alta: a. Non é aconsellable por correo electrónico. b. Cando sexa imprescindible o uso do correo electrónico usaranse sempre as contas dos servizos corporativos (edu.xunta.es). c. Todas as respostas son correctas. .
9. O principio de calidade dos datos establece que: a. Non poden recadarse datos de forma xenérica, senón que deben responder a unha finalidade concreta. b. Deben ser adecuados, pertinentes e non excesivos, sendo o criterio profesional de quen recada os ditos datos o que debe establecer cales son excesivos e cales non. c. Todas as respostas son correctas. .
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso