option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

psicologia social GM2

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
psicologia social GM2

Descripción:
vaya pelmazo

Fecha de Creación: 2025/12/04

Categoría: Otros

Número Preguntas: 34

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

A existencia dunha correlación forte entre dúas variables, implica que unha delas é a causa da outra?. Si, a correlación forte é un indicador de causalidade. Non, a correlación forte non implica causalidade. Non, a correlación forte non implica causalidade. Sempre, a correlación é o único xeito de establecer a causalidade.

Cal é un dos valores fundamentais da Psicoloxía Social como disciplina científica?. O dogmatismo e a intuición. O sentido común e a subxectividade. A exactitude, obxectividade e escepticismo. A aceptación cega da autoridade.

Por que a Psicoloxía Social prefire o método científico en lugar do sentido común?. Porque o método científico é máis rápido e fácil de aplicar. Porque o sentido común está libre de prexuízos. Porque o sentido común é pouco fiable e o pensamento humano ten sesgos. D)Porque o sentido común sempre produce resultados idénticos aos da ciencia.

Que método de investigación na Psicoloxía Social se basea en medir dúas ou máis variables para determinar se están relacionadas dalgún xeito?. Observación sistemática. Método de enquisas. Método correlacional. Método de análise documental.

Os procesos cognitivos inflúen nas nosas reaccións ante os demais porque dependen de que?. Da aparencia externa dos demais en todo momento. Únicamente do contexto cultural. Do recordo dos seus comportamentos pasados e das nosas inferencias. Da necesidade de evitar o contacto.

As variables ambientais (o impacto do mundo físico) son de interese para a Psicoloxía Social?. Non, a Psicoloxía Social só estuda a interacción humana. Si, a influencia da contorna física é evidente nos nosos sentimentos e comportamentos. Só cando a temperatura é extremadamente alta. Só cando a lúa está chea.

O que a Psicoloxía Social entende por "Cultura" alude a un sistema de: Elementos biolóxicos e xenéticos herdados. Significados compartidos, percepcións e crenzas que manteñen as persoas dun determinado grupo. Regras estritas de comportamento que nunca cambian. Artefactos arqueolóxicos antigos.

Que concepto da Psicoloxía Evolutiva busca explicar os mecanismos psicolóxicos útiles para a supervivencia a través do proceso de evolución (variación, herdanza e selección)?. A variación cultural. A adaptación física. A evolución biolóxica. A xeración espontánea de coñecemento.

Quen é considerado un precursor do enfoque centrado no social, supedindo o individuo ao Estado e afirmando que o individuo é educado baixo a responsabilidade do Estado para ser social?. Aristoteles. Platón. Seneca. Galileo Galilei.

Quen defendeu que o home xa é social por natureza, sendo considerado precursor do enfoque centrado no individuo?. Durkheim. Platón. Aristóteles. Immanuel Kant.

A comezos do século XX, que autor consideraba que as tendencias innatas (impulsos ou instintos) definen o comportamento e a estrutura social?. Floyd Allport. W. Allport. McDougall. skinner.

Cal foi o autor que, no seu manual de 1924, marcou unha etapa de modernización na Psicoloxía Social ao introducir a experimentación e os conceptos operativos da conduta social, defendendo que a conduta social é aprendida e non instintiva?. William McDougall. F. Allport. Kurt Lewin. Sigmund Freud.

Que autor, clave na etapa de consolidación da Psicoloxía Social (principios dos anos 30 ata finais do 60 do S. XX), é coñecido pola súa Teoría de Campo, a metodoloxía de Investigación-Acción e o impulso da dinámica de grupos?. K. Lewin. adorno. Thurstone. newton.

Cal foi o contexto histórico que marcou a etapa de consolidación da Psicoloxía Social (principios dos anos 30 ata finais do 60)?. A Revolución Tecnolóxica. A Segunda Guerra Mundial. O desenvolvemento da Psicoloxía das Masas. O descubrimento de América.

Cal é un dos enfrontamentos que define a etapa de crise e situación actual da Psicoloxía Social?. Entre a bioloxía e a antropoloxía. Entre o paradigma cualitativo e o cuantitativo na construción do coñecemento social. Entre a teoría do intercambio e a teoría do rol. Entre o ser e o estar.

A que se refire a crise da Psicoloxía Social coa crítica de "Irrelevancia social e descontextualización sociocultural"?. A que os investigadores non citan as súas fontes. A que as investigacións se realizan en contextos artificiais de laboratorio e non abordan problemas sociais relevantes. A que a Psicoloxía Social está demasiado enfocada na bioloxía. A que os estudos se publiquen en latín.

Que psicólogo social demostrou a conformidade cos xuízos falsos da maioría en 1951?. Stanley Milgram. Leon Festinger. Solomon Asch. Ivan Pavlov.

Quen publicou A Theory of Cognitive Dissonance en 1957, enfatizando a necesidade de consistencia entre cognición e comportamento?. Fritz Heider. Gordon Allport. Leon Festinger. Max Planck.

En que ano Stanley Milgram publicou a súa investigación sobre a obediencia á autoridade?. 1954. 1957. 1963. 1899.

O Journal of Applied Social Psychology fundouse na etapa de: Fase inicial (1908-1929). Diminución das aplicacións (1950-1969). Incremento exponencial das aplicacións (1970- actualidade). Época medieval.

A creación da Dinámica de Grupos e a aparición da Investigación-acción sitúase no período de: 1950-1969. 1940-1949. 1970- ata os nosos días. 1900-19009.

A publicación do primeiro volume do Handbook of Social Psychology tivo lugar en: 1968. 1954. 1963. 2005.

A investigación sobre a ameaza do estereotipo e o desempeño intelectual de afroamericanos foi publicada por Claude Steele e Joshua Aronson na Journal of Personality and Social Psychology en: 1989. 1991. 1995. 2004.

Cal é unha das funcións básicas da teoría na Psicoloxía Social?. O cultivo da arte e a subxectividade. Explicación e predición. A mera descrición dos fenómenos. Fabricación de obxectos.

Que outra función (ademais das básicas) cumpre a teoría na Psicoloxía Social?. O establecemento de dogmas. O reforzo do sentido común. Guía da investigación e derivación de hipóteses. A xustificación da inacción.

A orientación teórica do Condutismo está determinada por que principio?. O conflito entre a natureza animal e a sociedade. O home está determinado polo medio e polas consecuencias inmediatas de pracer e dor. A procura dunha concepción organizada do mundo. A análise dos soños e o inconsciente.

As Teorías do Intercambio Social integran a teoría condutista con principios de que outra disciplina?. Antropoloxía cultural. Socioloxía. Economía clásica. Arqueoloxía.

Que concepto central das Teorías do Intercambio Social se calcula como Retribucións - Costes?. O nivel de comparación de alternativas. O reforzo diferencial. Utilidades. O punto de inflexión.

Segundo a Teoría da Aprendizaxe Social (Bandura), a conduta transmítese socialmente principalmente por: Castigos e reforzos directos. Observación a través de exemplos de persoas influíntes (modelado). O impulso dos instintos innatos. Telepatía.

Cal dos seguintes non é un dos tres efectos principais do modelado?. Que o observador adquire respostas novas. Que inhibe ou desinhibe respostas xa aprendidas. A determinación xenética do comportamento. Reflexionar.

O Interaccionismo Simbólico considera que os seres humanos actúan sobre as cousas na base de que?. Os seus instintos biolóxicos primarios. custo e o beneficio económico. s significados que teñen para eles. A cor do obxecto.

Cal é a premisa central da Orientación Cognitiva e a Teoría da Gestalt?. Que o comportamento se herda xeneticamente. Que o home busca desenvolver unha concepción organizada e significativa do seu mundo. Que o home está en conflito entre a súa natureza animal e a sociedade. A reflexión.

Cal é o principio clave da Teoría da Gestalt?. O reforzo diferencial. O todo, a percepción organizada e a busca da "boa forma". O individualismo metodolóxico. O reforzo cognitivo.

A Orientación Sociobiolóxica defende que o comportamento social vén determinado por: Unicamente o contexto cultural. O pensamento racional. Factores xeneticos. As tradicións familiares.

Denunciar Test