option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

repaso educacion fisica

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
repaso educacion fisica

Descripción:
test ef

Fecha de Creación: 2026/01/16

Categoría: Otros

Número Preguntas: 29

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

En relación á presenza da motricidade no currículo da educación infantil, podemos afrimar que... ... o currículo recolle criterios de avaliación que deben ser desenvolvidos necesariamente a traves de tarefas motrices e outros criterios desenvolvidos necesariamente a través de tarefas non motrices. ... todos os criterios de avaliación e contidos do curriculo relacionados coa educacion física están na área Crecemento en Harmonia. ... os criterios de avaliación e contidos do curriculo relacionados coa expresion corporal están na área Comunicación e Representación da Realidade. ... os criterios de avaliación e contidos do curriculo relacionados coa espacialidade e coa expresión corporal están na área Descubrimento e Exploración da contorna.

Que debemos ter en conta cando deseñamos situacions de aprendizaxe na educacion infantil?. O punto de partida para o deseño de situacions de aprendizaxe NON son os elementos do curriculo senón o contexto de aula e o grupo-clase co que estamos a traballar. Só despois de deseñar as situacions de aprendizaxe debemos identificar no curriculo aquelo que temos traballado. O punto de partida para o deseño de situacións de aprendizaxe máis operativo e concreto que nos ofrece o currículo son os obxectivos de área. Por iso debemos deseñar partindo destes obxectivos. Os criterios de avaliación e contidos que ofrece o curriculo son o suficientemente operativos como para poder traballarse nunha sesión, sen necesidade de establecer obxectivos e contidos especificos máis concretos. Os criterios de avaliación, xunto cos seus contidos asociados, son os elementos máis concretos que ofrece o currículo como punto de partida para o deseño destas situacións de aprendizaxe.

Por que son importantes os criterios de avaliación do curriculo para un mestre/a de educacion infantil?. Porque describen o que se pretende lograr e, polo tanto, deben orientar o deseño dos procesos de aprendizaxe para o logro dos obxectivos e a adquisicon das competencias clave. Porque son as concrecións dos contidos de cada área e, na medida en que o alumnado acumules estes contidos ou saberes básicos, estará adquirindo as competencias clave e os obxectivos da etapa. Porque a educación infantil está baseada no traballo por criterios de avaliación, que son xerais para a toda a etapa educativa e que concrétanse en competencias clave e obxectivos de área para cada ciclo. Porque, aínda que NON se utilizan no momento de programar e deseñar os procesos de ensino e aprendizaxe, son o referente de avaliación e, polo tanto, deben orientar o deseño dos procedementos e instrumentos de avaliación.

Cal dos seguintes NON é un elemnto transversal segundo o artigo 16 do dECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia?. A educación para a saúde. O consumo responsable e sustentable. As cores e as formas. A diversidade familiar.

Le a seguinte tarefa: "Retos paracaidistas": Todo o grupo clase de pé en círculo arredor dun paracaídas (de 6m. de diámetro). Unha pelota de goma-espuma enriba do paracaídas. Coller o paracaídas coas mans e intentar: 1º) que a pelota se eleve todo o alto que poidamos sen colarse polo burato do centro do paracaídas; 2º) metela no burato; 3º) que chegue ao alumno/a que nomee a mestra/e. Segundo o nivel co que se explica cada compoñente da tarefa, a tarefa é... definida. semidefinida. non definida. un ambiente de aprendizaxe.

Para a ensinanza dunha canción motriz recitamos a primeira fase da cancion realizando simultáneamente a accionarial motriz proposta e invitamos ao alumnado a que repita en forma de eco a accion motriz acompañada da frase. A continuacion, recitamos a segunda frase da cancion realizando simultaneamente a seguinte accionarial motriz proposta e esperamos a que o alumnado repita a accion motriz ao tempo que verbaliza a segunda frase. A continuacion, realizamos o mesmo coa terceira e cuarta frase. Finalmente, cantamos a cancion enteira executando as accions motrices, introducindo a melodía e buscando que o alumnado tamén execute connosco as accions motrices e cante os fragmentos da letra que lembre. Que método estou empregando segundo a forma de progresión?. Global con modificación da situación real. Global con polarización da atención. Analítico secuencial. Analítico progresivo.

Le a seguinte tarefa: "Retos paracaidistas": Todo o grupo clase de pé en círculo arredor dun paracaídas (de 6m. de diámetro). Unha pelota de goma-espuma enriba do paracaídas. Coller o paracaídas coas mans e intentar : 1º) que a pelota se eleve todo o alto que poidamos sen colarse polo burato do centro do paracaídas; 2º) metela no burato; 3º) que chegue ao alumno/a que nomee a mestra/e. A que dominio de acción motriz pertence a tarefa?. Psicomotriz. Sociomotriz de cooperación-oposición. Sociomotriz de cooperacion. Sociomotriz de oposicion.

Por que son importantes os criterios de avaliación do curriculo para un mestre/a de educación infantil?. Porque describen o que se pretende lograr e, polo tanto, deben orientar o deseño dos procesos de aprendizaxe para o logro dos obxectivos e a adquisición das competencias clave. Porque, aínda que NON se utilizan no momento de programar e deseñar os procesos de ensino e aprendizaxe, son o referente de avaliación e, polo tanto, deben orientar o deseño dos procedementos e instrumentos de avaliación. Porque son as concrecións dos contidos de cada área e, na que medida en que o alumnado acumule estes contidos ou saberes básicos, estará adquirindo as competencias clave e os obxectivos da etapa. Porque a educación infantil está baseada no traballo por criterios de avaliación, que son xerais para toda a etapa educativa e que concretanse en competencias clave e obxectivos de área para cada ciclo.

Que debemos ter en conta cando deseñamos situacións de aprendizaxe na educación infantil?. Criterios de avaliación e contidos que ofrece o curriculo son o suficientemente operativos como para poder traballarse nunha sesión, sen necesidade de establecer obxectivos e contidos específicos máis concretos. O punto de partida para o deseño de situacións de aprendizaxe NON so os elementos do currículo senón o contexto de aula e o grupo-clase co que estamos a traballar. Só despois de deseñar as situacións de aprendizaxe debemos identificar no currículo aquelo que temos traballado. O punto partido para o deseño de situacións de aprendizaxe máis operativo e concreto que nos ofrece o currículo son os obxectivos da área. Por iso debemos deseñar partindo destes obxectivos. Os criterios de avaliación, xunto cos seus contidos asociados, son os elementos máis concretos que ofrece o currículo como punto de partida para o deseño destas situacións de aprendizaxe.

Cal das seguintes tarefas é máis adecuada para alcanzar o obxectivo motriz "Mellorar os lanzamentos e recepcións con móbiles"?. Todo o grupo-clase en fronte dunha diana xigante. Cada alumno/a cunha pelota. Os alumnos/as deben lanzar un frisbee (disco volador), intentando acertar na diana, dicindo o seu nome e unha palabra que empece coa inicial do seu nome. A tarefa ten unha duración de 5 minutos. Calquera da tarefas anteriores cumpre co obxectivo de forma específica xa que a organización do grupo e a utilización do espazo son cuestións que non inflúenciables na consecución dos obxectivos didácticos. En parellas, un membro da parella en fronte do outro. Cada parella en fronte do outro. Cada parella terá un frisbee (disco volador). Pasarse o frisbee durante os 5 minutos que dura a tarefa. Todo o grupo-clase (20 alumnos/as) en círculo cun frisbee (disco volador). As/os alumnas/os deben pasarse o frisbee dicindo previamente o nome da/o compañeira/o ao que van a pasarlle. A tarefa ten unha duración de 5 minutos.

Que debemos ter en conta cando decidimos a estrutura dunha sesión de eduación física na educación infantil?. Que sempre debemos comezar cun quecemento e rematar cunha fase de volta á calma para evitar posibles lesións. Que a estrutura básica habitual é unha sesión divida en tres partes: unha asamblea inicial ou momento de encontro, unha parte de actividade notriz e unha asamblea final ou momento de despedida. A asamblea inicial e a asamblea final debemos eliminalas das sesións de educación física porque é tempo sen compromiso motor e reduce o tempo de actividade física dos nosos alumnos e alumnas. A fase de animación e a fase de desenlace son fases sen movemento dedicadas, entre outras cousas, a explicacións iniciais, postas en común e verbalización de que se está a traballar.

Cales dos seguintes poden ser obxectivos específicos dunha sesión de educación física na educacion infantil?. Adquirir nocións básicas de motricidade e coordinación; e Alimentos saudables non habituais nas merendas: caqui, mango, melva, hummus e guacamole. Desenvolver a espacialidade e as capacidades socio-motrices a través das habilidades motrices básicas; e Fomentar hábitos saudables de alimentación, hixiene e actividade física. Coñecer os usos negativos das pantallas antes de durmir; e Localizar o meu corpo respecto a diferentes obxectos: dentro-fóra, diante-detrás e encima-debaixo. Progresar no coñcemento do corpo e das súas posibilidades motrices; e aproximarse á temporalidade.

Imaxina un circuito lineal, no que cada alumno/a tarda aproximadamente un minuto en completar o circuito. O alumnado colocado en fila ao inicio do percorrido (20 alumnos-7as). Ao sinal da mestra/e, saeteras o primeiro da fila, completa o percorrido o/a seguinte da fila. Cando finaliza o percorrido, sae o/a seguinte e así sucesivamente. A tarefa remata cando os/as 20 alumnos/as realizaron o percorrido. Sinala a resposta correcta sobre este soposto. O tempo de compromiso motor é de 20 minutos, aproximadamente. O tempo empregado na tarefea é de 20 minutos, aproximadamente. Na educación física todos os tempos sen práctica motriz considéranse tempos sen aprendizaxe. Tanto o tempo de compromiso motor como o tempo empregado na tarefa é de 1 minuto, aproximadamente.

Cando programamos en educación infantil debemos ter en conta que... ... todos os criterios de avaliación e contidos do segundo ciclo deben traballarse e avaliarse en cada un dos tres cursos. É dicir, un mesmo criterio e contido desenvolverase obrigatoriamente en 4º, 5º e 6º de educación para facilitar a súa consecución ao rematar a etapa. ... un criterio de avaliación e/ou un contido do segundo ciclo só pode traballarse e avaliarse nun dos tres cursos. É dicir, se desenvolvo un criterio ou contido en 4º de educación infantil non volverei nin en 5º nin en 6º. ... a distribución temporal dos criterios de avaliación e contidos do currículo para cada trimestre é decisión dos mestres/as que elaboran a programación didáctica. É dicir, os mestres/as que elaboran unha programación didáctica poden decidir que criterios e contidos dos que teñen que desenvolver nese curso avaliarán no primeiro trimestre e cales no terceiro trimestre. ... ao rematar a etapa de infantil deben terse traballados os criterios de avaliación e contidos do currículo que os mestres/as decidan que se axustan ao seu contexto educativo. É dicir, NON todos os criterios de avaliación e contidos do currículo teñen que ser desenvolvidos en todos os centros.

Se exerzo como mestre/a en 5º de educación infantil, que documento debo revisar antes de elaborar a miña programación didáctica para establecer as relacións entre os obxectivos de área e as competencias clave e para coñecer se existen acordos de centro sobre cales son os criterios de avaliación e contidos que deben traballarse e avaliarse nese curso?. A memoria da Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP). O currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de gALICIA (Decreto 150/2022). A Programación Xeral Anual (PXA). A concreción curricular, dentro do Proxecto Educativo (PE).

Que aparece no boletín informativo de valoración que se achega ás familias ao final do primeiro trimestre?. A valoración cualitativa, utilizando con dificultade-en proceso-sen dificultade, de cada un dos contidos programados a través da aplicación Proens e traballados no primeiro trimestre. A valoración numérica (nunha escala do 1 ao 10) de cada unha das tres áreas do currículo. Os criterios de avaliación do currículo programados para o primeiro trimstre a través da aplicación Proens e a valoración cualitativa para cada un deles. O resultado da avaliación inicial, concretado nunha das seguintes opcións: con dificultade, en proceso ou sen dificultade, e as accións a desenvolver co alumno/a ao longo do curso en base a dita avaliación.

Cando estou programado en Proens (aplicación informatica de uso obrigatorio para a entrega de programacións didácticas en Galicia), debo saber que... ... o número de sesións que teño que dedicar ao desenvolvemento de cada unha das tres áreas do curriculo aparece por defecto na propia aplicacion e é o mesmo para cada unha das tres áreas. ... teño que elaborar unha programación por cada área, xa que non é posible combinar criterios de avaliación e contidos de diferentes áreas. ... no apartado distribución do currículo entre as unidades didácticas atoparei sempre 7 filas numeradas do 1 ao 7 e terei que engadir o título de cada unidade didáctica e a descrición das mesmas. ... o número de sesións que teño que dedicar ao desenvolvemento de cada unha das tres áreas do curriculo o deciden os/as docentes e pode ser diferente para cada unha das áreas, pero sempre respectando o dereito do alumnado a recibir as ensinanzas indicadas no currículo das tres áreas.

Cal dos seguintes procedementos ou instrumentos de avaliación NON podería utilizar para realizar unha heteroavaliación do seguinte criterio: CA 1.5. Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos e á vida cotiá, mostrando un variado repertorio motriz?. Lista de control. Intercambios orais co alumnado. Escala numérica. Observación sistémica.

Le ls siguiente experiencia de avaliación realizada na etapa de educación infantil (Pérez-Pastor e López-Pueyo, 2017) e sinala de que tipo de avaliación se trata: Utilízase unha escala gráfica (cara sorrindo=moi ben, cara neutra= regular, cara triste= mal) e unha folla de rexistro tamaño mural. Esta folla reflexa na primeira fila os días do mes e na primeira columna dúas normas acordadas con pictográmas en amarelo, as mesmas dúas normas en laranxa e as dúas mesmas normas en violeta. Cada unha das tres cores refírese a cada un dos tres equipos nos que esta dividido o grupo-clase. A folla-mural colócase na zona da asamblea. Cada día un compoñente de cada equipo encargase de completar no momento da asamblea final a folla-mural, valorando se os outros dous equipos cumpriron as dúas normas acordadas. Os nenos/as responsables de valorar transmiten a súa valoración aos equipos, xustificando o motivo de dita valoracion e aportando suxestións para poder mellorar. Avaliación da práctica docente. Coavaliación. Heteroavaliación. Autoavaliación.

Que debo ter en conta á hora de articular o proceso de avaliación na educación infantil?. Debo deseñar un instrumento de avaliación para cada criterio de avaliación que pretenda avaliar. Os indicadores observables dun instrumento de avaliación son os mínimos de consecueción incluídos na programación didáctica. NON podo avaliar un criterio de avaliación con diferentes instrumentos. Pode avaliar varios criterios de avaliación cun mesmo instrumento de avaliación e podo utilizar varios instrumentos para avaliar un mesmo criterio de avaliación.

Observa o seguinte fragmento dun instrumento da avaliación e indica que tipo de instrumento é: Escala verbal. Rúbrica. Lista de control. Rexistro anecdótico.

Cando utilizo a guía física (Martin e Pear, 2008) para inducir os movementos dun alumno/a debo ter en conta que... NON podo dar instruccions verbais simultáneamente porque porudiciría unha saturación de información no alumno/a. NON debo combinalo coa modelaxe. É preciso decidir se utilizo o modelo ou a guía física, segundo o caso. este recurso debe eliminarse gradualmente, sempre que sexa posible. que o alumno/a teña capacidade imitativa é fundamental.

Le a seguinte tarefa e a súa adaptación para unha alumna con necesidades educativas especiais (diversidade funcional motora) e identifica que criterio de adaptación utilizouse. Tarefa: "Memory de cores": 4 equipos. Cada equipo nunha fila. En fronte de cada fila haberá 5 conos de diferentes cores (azul, verde, vermello, amarelo e laranxa), moi separados e dispersos no espazo. A mestra/e dirá unha secuencia de catro cores (ex. verde-amarelo-azul-laranxa) e gritará "Memory" (que será como o "xa" para saír). Os primeiros/as de cada fila correrán aos conos correspondentes, tocándoos na orde sinalada pola mestra/e, e volverán á súa fila. Se o fan correctamente anotan un punto para o seu equipo. Ademais, o primeiro/a que chegue tendo realizado correctamente a secuencia anota un punto extra para o seu equipo (total: 2 puntos). Adaptación: a alumna que precisa adaptación só se desprazará a tocar os dous primeiros conos mencionados pola mestra/e e non á secuencia completa. Habilidades: modificación das formas de desprazamento dos rivais directos ou engadir habilidades ao resto para equiparar desvantaxe. Material: utilización de material adaptado. Monitor/a como soporte: alumno/a colaborador/a. Espazo: variación de distancias para compensar.

En relación á atención ao alumnado NEAE, cal das seguintes afirmacións é correcta?. Para decidir as adaptacións da tarefa motriz máis adecuadas para un alumno/a o máis importante é coñecer o se diagnóstico. Por exemplo, se unha alumna está diagnosticada con Síndrome de Rett sabemos que todas as tarefas motrices deben modificar necesariamente o espazo, o material, as regras do xogo, as habilidades motrices a executar e incorporar un mestre/a de apoio. Colocar ao final dun circuíto lineal un aro con tantos conos dentro como repeticións queremos que realice o alumno/a e pedirlle que recolla un cono cada vez que complete o percorrido, facilita que o alumno/a comprenda cantas voltas ten que dar ao circuíto, cantas voltas lle faltan en cada momento e cando terminou a tarefa. As historias sociais utilizanse en educación física para descompoñer e explicar as tarefas motrices ao alumnado con dificultades de accesibilidade cognitiva e redáctanse en terceira persoa para que o alumno/a non se sinta sinalado. Os Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC) NON son un recurso útil nas clases de educación física porque están dirixidos a alumnado con dificultades na linguaxe e na comunicación e NON resultan de axuda en sesións dirixidas ao desenvolvemento da motricidade.

Se na miña aula teño un alumno/a con necesidades especificas de apoio educativo, debo ter en conta que nas sesións de educacion físicas... ... o moldeamento ou método de aproxamacións sucesivas consiste en dividir a tarefa en partes, ensinar todas as partes por separado e xuntalas ao final para alcanzar a condición final desexada. ... se o alumno/a non ten linguaxe oral, NON debemos acompañar a utilización de pictogramas con instruccions verbais, xa que estaremos saturando ao alumno/a con informacion que non comprende. ... podo combinar a modelaxe (utilización do modelo) coa guía física, segundo as necesidades. todo o alumnado debe poder realizar as mesmas tarefas do mesmo xeito. En caso contrario, estariamos discriminando ao alumno/a con necesidade específicas de apoio educativo.

Tendo en conta as definicións dos temos "actividade física" e "deporte", podemos afirmar o seguinte: Saír a correr media hora todos os días coa intención de mellorar a condicion física poderiamos dicir que é deporte se entendemos o termo deporte dende unha perspectiva pechada. Subir as escaleiras da miña casa ou correr detrás dun autobus que estou a punto de perder á exercicio físico. Utilizamos o termo deporte, dende unha perspectiva pechada, para refeirnos á actividade física planeada, estruturada e repetitiva que se fai co obxectivo de adquirir, manter ou mellorar a forma física. De forma xeral, podemos dicir que o deporte e o exercicio físico implican actividade física.

Sobre os termos "edicación física", "motricidade", "ximnasia" e "xogo motor", cal das seguintes afirmacións é CORRECTA?. Para referirnos ao desenvolvemento da motricidade na idade infantil e no ámbito escolar, podemos utilizar indistintamente os termos educación física ou ximnasia. A educación física é un contido dentro do currículo da educación infantil. Pese a que na etapa de educación infantil non existe unha área O de educación física, si se recollen contidos e criterios de avaliación vinculados ao desenvolvemento da motricidade. Por este motivo, os/as autores/as utilizan os termos educación física e/ou motricidade nesta etapa educativa. O xogo motor NON é un recurso didáctico adecuado na educación formal porque debe ser voluntario, pracenteiro e partir de regras aceptadas libremente polos xogadores e xogadoras.

A cultura corporal, é dicir, as percepcións dos nosos corpos e o conxunto de crenzas e valores que orientan a nosa práctica como mestres de educación física... ... construense socialmente a través de complexos procesos e fan que se reproduzan inconscientemente ideas sobre a educación física creadas pola historia e non sempre acertadas. .....é moi permeable e favorece a continua incorporación de prácticas motrices novidosas e alternativas na educación física escolar. ... tradicionalmente vinculouse coa saúde entendida como OneHealth («Una sola salud» é un enfoque integral e unificador cuxo obxectivo é equilibrar e optimizar a saúde das persoas, os animais e os ecosistemas). ...son naturais e non dependen dos movementos ximnásticos e deportivos do século XIX, nin doutros momentos históricos, sociais ou políticos.

Que sinala a perspectiva holística da motricidade na educación infantil?. Que a educación física debe centrarse en potenciar as condicións físicas básicas e o desenvolvemento de determinadas destrezas deportivas. Que o desenvolmento das criazas debe analizarse dende disciplinas como a biomecánica ou a fisioloxía. Que é imprescindible unha visión dualista da educación física para poder desenvolver, por separado, tanto o ámbito físico como o cognitivo, afectivo e social dos cativos e as cativas. Que a actuación pedagóxica da educación física na educación infantil dirixese ao desenvolvemento global das crianzas (que Móvense, Respiran, Pensan, Sinten, Emociónanse, Exprésanse, Comunícanse..) e que, en consonancia cos compoñentes desa globalidade, debe ter en conta os ámbitos físico, cognitivo, afectivo e social.

Denunciar Test