option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

repaso mediación ud2

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
repaso mediación ud2

Descripción:
cultura da paz e conflito

Fecha de Creación: 2025/12/08

Categoría: Otros

Número Preguntas: 55

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Cando falamos de perspectiva de xénero na mediación, referímonos a…. analizar só os conflitos que teñen a violencia de xénero como causa principal. integrar o xénero únicamente se algunha das partes o solicita expresamente. incorporar o xénero en toda intervención, mesmo cando o conflito non é de xénero. tratar homes e mulleres exactamente igual, sen analizar diferenzas sociais.

O impacto de xénero nun proceso de mediación mídese en función de…. como afecta a intervención ás relacións de xénero entre as partes. a intensidade da confrontación verbal. os resultados económicos derivados do conflito. o grao de consenso previo entre as partes.

Que elemento NON debe ocorrer nunha mediación con perspectiva de xénero?. linguaxe inclusiva. trato igualitario en tempos e quendas. reprodución de estereotipos e linguaxe sexista. análise das barreiras de participación.

Nas accións de difusión do servizo de mediación, a perspectiva de xénero implica…. empregar imaxes neutras sen persoas. evitar adaptar os materiais ás necesidades das mulleres. ter en conta dificultades como conciliación, aspectos culturais ou dependencia económica. priorizar só a estética sobre a accesibilidade.

Cal é o motivo principal polo que NON se pode garantir a voluntariedade da mediación en casos de violencia de xénero?. porque a mediación require sempre a presenza de menores. porque a vítima pode estar sometida ao agresor e non actuar libremente. porque o maltratador adoita negarse a participar. porque a voluntariedade non é un requisito real da mediación.

Segundo o Convenio de Istambul, que se prohibe respecto da mediación?. toda mediación en contextos familiares. a mediación obrigatoria como forma de resolución de conflitos. a mediación realizada por profesionais. a mediación cando hai menores implicados.

Segundo Torrego (2000), nun conflito…. as emocións non inflúen de maneira significativa. as partes sempre teñen intereses totalmente incompatibles. a relación pode mellorar ou deteriorarse segundo o proceso de resolución. o conflito sempre se percibe do mesmo modo polas partes.

Na fase preparatoria do desencadeamento dun conflito…. prodúcese xa o estalido e a ruptura directa. a parte máis forte intenta romper a relación de intercambio. unha das partes intenta romper pola parte máis débil. ambas partes negocian antes da detonación.

Cando un conflito está altamente polarizado…. as partes recoñécense erros mutuamente. percíbese unha variedade de grises e matices. hai interese por coñecer os valores compartidos. as partes créense totalmente na razón e negan a razón ao outro.

O conflito, en si mesmo, é…. negativo. positivo. neutral, depende de como se xestione. sempre é violenta.

En que fase do conflito aparece un detonante ou chispa?. prepatoria. acendido. medidas de presión. resolución.

Cal dos seguintes é un elemento relativo ás persoas?. a dinámica do conflito. a substancia(datos). as emocións e sentimentos. a comunicación entre ambas partes.

Que son as posicións nun conflito?. ahistoria previa entre as partes. o que cada parte pide inicialmente. os valores culturais. as emocións implícitas.

Cal é a diferenza entre substancia e relación?. a substancia é emocional e a relación é racional. a substancia son feitos; a relación é o vínculo entre as partes. A relación é menos relevante. A substancia depende das percepcións.

As distorsións cognitivas como o pensamento dicotómico levan a…. focalizar en múltiples aspectos da realidade. interpretar a realidade con matices e termos relativos. percibir as situacións como totalmente boas ou malas. mellorar a comunicación entre as partes.

Os elementos relativos ao problema nun conflito inclúen. As emocións e sentimentos das partes. A substancia, os datos e os feitos da situación. O poder e a influencia dos protagonistas. Os estereotipos e prexuízos culturais.

Que función ten a relación e comunicación entre as partes nun conflito?. determinar a legalidade do conflito. facilitar ou dificultar a resolución do conflito segundo o nivel de confianza. definir as necesidades materiais das partes. substituír a dinámica latente do conflito.

Que caracteriza un conflito latente?. maniféstase abertamente entre as partes. existe pero non se manifesta claramente, podendo estar agochado ou evítase. sempre xera resultados negativos para o grupo. só aparece en relacións interpersoais.

Que tipo de conflito intrapersoal aparece cando unha persoa non alcanza unha meta desexada?. conflito de roles. conflito de intereses. frustración. conflito intergrupal.

Que tipo de conflito intrapersoal implica que unha mesma opción teña cualidades positivas e negativas ao mesmo tempo?. atracción-atracción. atracción-evitación. evitación-evitación. conflito de roles.

Que conflito se produce entre dous ou máis grupos dentro dunha mesma organización?. intragrupal. intergrupal. interpersonal. intrapersonal.

Que tipo de conflito favorece a creatividade, a calidade das decisións e o interese entre os membros dun grupo?. conflito disfuncional. funcional. latente. interpersonal.

Que consecuencias ten un exceso ou defecto de conflitos nun grupo?. sempre aumenta a motivación do grupo. perxudica as metas e provoca estancamento ou desmotivación. mellora automaticamente a resolución de problemas. non ten ningún efecto sobre o grupo.

Que tipo de conflito intrapersoal se produce cando unha persoa debe escoller entre dúas opcións igualmente pouco favorables?. atracción-atracción. evitación-evitación. atracción-evitación. conflito de roles.

Segundo Galtung, o conflito non se soluciona completamente, senón que se: ignora. elimina. transfórmase. agrava.

Que tipo de violencia é visible e manifesta en condutas físicas ou verbais concretas?. violencia cutural. estrutural. directa. latente.

A violencia estrutural caracterízase por: ser provocada por actos directos dunha persoa. dificultar a satisfacción das necesidades básicas e dereitos debido a estruturas sociais ou organizativas. ser sempre visible e inmediata. non ter relación coa desigualdade social.

A violencia cultural serve para: manter e lexitimar a violencia a través de crenzas, valores e actitudes. substituír a violencia directa. reducir a desigualdade. actuar só sobre o corpo físico das persoas.

Cal é o estilo de afrontamento do conflito que busca acadar os seus obxectivos sen deterarse a pensar nos demais?. estilo de evitación. estilo de acomodación. competitivo ou dominante. tendencia ao compromiso.

Que estilo se caracteriza por esquivar o conflito, pospoñer falar ou retirarse ante situacións ameazantes?. competitivo. evitación. colaboración. compromiso.

Que estilo implica sacrificar os propios intereses en función do outro, aceptando perder para que gañe a outra parte?. acomodación ou servillista. competitivo. tendencia ao compromiso. estilo de evitación.

Que estilo se basea na negociación e busca un acordo intermedio onde ambas partes ceden algo para lograr unha decisión mutuamente aceptable?. competitivo. colaboración. tendencia ao compromiso. estilo de acomodación.

Que significa provención segundo Paco Cascón?. evitar que os conflitos aparezan. intervir antes da crise para explicar, analizar e previr consecuencias negativas. impedir que as persoas se enfrenten entre si. atender só os conflitos de alta intensidade.

Cal é o obxectivo principal da provención de conflitos?. evitar que as persoas discutan. crear condicións para afrontar as diferencias e conflitos de maneira non violenta e construtiva. resolver todos os conflitos de forma inmediata. aumentar a autoridade dun grupo sobre outro.

Que ferramentas son fundamentais para traballar a provención do conflito nos centros educativos?. castigos e sancións. obradoiros, taller e dinámicas grupais de comunicación. ignorar os conflitos latentes. intervencións legais obrigatorias.

Cal é o obxectivo de fomentar o sentimento de pertenza e de identidade nun grupo?. incrementar a competitividade entre os membros. que as persoas se coñezan, intégrense e se sintan aceptadas. reducir a comunicación entre os membros. evitar a participación de novos integrantes.

Que se busca ao facilitar a comunicación e a toma de decisións por consenso?. intercambiar información sen necesidade de entenderse. desenvolver a capacidade comunicativa e a escoita activa. que un só membro decida por todos. reducir o número de reunións.

Que se pretende ao promover a cooperación nun grupo?. que todos compitan entre si. que se valore a diferenza como un recurso e se busque un obxectivo común. que as persoas obteñan premios individuais. evitar calquera tipo de interacción entre os membros.

Cal é a finalidade principal dos Círculos de Paz ou Círculos de Diálogo?. resolver todos os conflitos de forma inmediata. crear espazos seguros de diálogo, reforzar relacións e fomentar a responsabilidade. castigar condutas inadecuadas. reforzar a autoridade dun único líder no grupo.

Que permite a reflexión nos conflitos intrapersoais?. ignorar os obxectivos incompatibles. aplicar esquemas novos ou revisar os anteriores para tomar mellores decisións. que outros decidan por nós. evitar analizar o conflito.

Que son os pensamentos distorsionados nos conflitos?. interpretacións que recollen só un aspecto parcial da realidade e exclúen alternativas. ideas claras e obxectivas sobre a situación. opinións que sempre resolven o conflito. información totalmente correcta e completa.

Que se busca ao promover o diálogo e a confianza entre as partes?. limitar a influencia de factores emocionais e bloqueantes. evitar que as partes se expresen. aumentar a confrontación directa. que unha das partes impoña a súa vontade.

Cal destas instrucións forma parte do proceso previo á resolución pacífica dun conflito?. evitar asumir responsabilidades. poñerse no lugar do outro/a. focalizar só nos errores da outra parte. ignorar as emocións propias.

Por que é importante poñerse no lugar do outro/a nun conflito?. para manipular á outra persoa. é un requisito necesario para resolver conflitos de forma intelixente e xusta. para demostrar quen ten razón. para evitar tomar decisións.

Que permite a dramatización ou "role-playing"?. unha resolución inmediata sen análise previa. explorar, innovar e practicar nun contexto protexido evitando riscos reais. ignorar os sentimentos das partes. imposición dun único punto de vista.

Cal destes é un beneficio da representación de papeis?. aumento do conflicto sen solución. favorecer a empatía e a comprensión dun mesmo/a. reducción da competencia social. evitar feedback sobre a propia conducta.

Que busca a técnica de proxección de futuro?. avaliar só o pasado do conflito. comprender a relación entre os plans persoais a longo prazo e as posibles consecuencias da situación actual. incrementar a ambivalencia nas conductas. substituír a negociación por imposición.

Cal destas é unha vía exóxena de resolución de conflitos?. confrontación. negociación. xustiza. mediación.

Que caracteriza á arbitraxe?. non require terceiros. unha das partes sempre perde. busca un acordo mutuo. non ten regras pactadas.

A mediación céntrase en: determinar quen ten razón. buscar comprensión mutua e satisfacer intereses das partes. imposición dunha decisión vinculante. evitar a participación das partes.

Entre as vías endóxenas destaca: xustiza. arbitraxe. confrontación. ningunha das anteriores.

A negociación como técnica de resolución de conflitos implica: un gaña e outro perde. concesións mutuas para un acordo que satisfaga intereses comúns. decisións dun árbitro. decesión obrigatoria do xuíz.

Que característica ten o xuízo como técnica de resolución de conflitos?. voluntario e informal. pasado, un gaña e outro perde,vinculante. centrado no futuro. facilita comprensión mutua entre as partes.

Na conciliación, o rol do/a xuíz/a consiste en: dictar unha sentenza vinculante. reunir ás partes ou transmitir información entre elas. crear un acordo sen participación das partes. aforrar pasos no proceso formal.

Cal das seguintes técnicas implica unha resolución voluntaria e a participación activa das partes?. arbitraxe. xuízo. mediación. xustiza.

Denunciar Test