option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

REPASO TIPO TEST UD_1_OADS_25_26 (Gallego)

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
REPASO TIPO TEST UD_1_OADS_25_26 (Gallego)

Descripción:
OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA

Fecha de Creación: 2025/10/18

Categoría: Otros

Número Preguntas: 59

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Os determinantes da saúde inclúen : Só factores xenéticos. Só o sistema sanitario. Xenética, condicións de vida, estilo de vida e sistema sanitario. Só alimentación e exercicio físico.

2. O sistema sanitario refírese a: Un hospital concreto. Só o sector público. O conxunto de políticas, financiamento e servizos de saúde públicos e privados. Só as compañías aseguradoras.

3. O servizo de saúde é: O Ministerio de Sanidade. O sistema sanitario enteiro. A unidade concreta que presta atención directa á xente. Un seguro privado.

4. Un exemplo de servizo de saúde autonómico é: SERGAS en Galicia. OMS en Xenebra. Ministerio de Sanidade. CISNS.

5. O modelo liberal ou de mercado baséase en: Financiamento público universal. Cotizacións obrigatorias. Pago directo entre usuario e provedor. Mutualidades públicas.

País representativo do modelo liberal: España. Reino Unido. Estados Unidos. Portugal.

No modelo de seguros voluntarios privados, a cobertura depende: Do Estado. Da renda do usuario e da cota contratada. Das mutualidades estatais. Da OMS.

Un exemplo de compañías de seguros privados en España é: SERGAS. Sanitas ou Adeslas. INGESA. MUFACE.

O modelo Bismarck é un sistema de: Financiamento tripartito: Estado, empresarios e traballadores. Só financiamento estatal. Pago directo. ONG e beneficencia.

O sistema Bismarck xorde en: Reino Unido. Francia. Alemaña. España.

En España aplicouse o modelo Bismarck ata: 1942. 1978. 1986. 2002.

O modelo Beveridge baséase en: Cotizacións obrigatorias. Financiamento estatal a través de impostos. Pagos directos entre usuario e provedor. Mutualidades privadas.

Países representativos do modelo Beveridge: Irlanda, Reino Unido, España. Estados Unidos e México. Alemaña e Francia. Suíza e Holanda.

En España implántase o modelo Beveridge a partir de: 1942. 1974. 1978. 1986.

O modelo de beneficencia está orientado a: Funcionarios. Persoas sen recursos. Poboación urbana con seguros privados. Empresarios.

Exemplos de entidades que prestan asistencia de beneficencia: SERGAS e MUFACE. Cruz Vermella e Cáritas. INGESA e INSALUD. OMS e ONU.

As igualas dos gremios na Idade Media consistían en: Pagos variables segundo enfermidade. Contratar médicos para atender aos membros por unha cota fixa. Servizos privados con financiamento estatal. Hospitalización pública.

O primeiro organismo de previsión social en España (1908) foi: INSALUD. MUFACE. INP (Instituto Nacional de Previsión). SERGAS.

A Lei Xeral de Seguridade Social de 1974 ampliou cobertura a: Só traballadores asalariados. Só funcionarios. Traballadores, autónomos, estudantes e pensionistas. Só empresarios.

A Lei Xeral de Sanidade de 1986 establece: Cobertura sanitaria só para traballadores. Cobertura sanitaria universal para cidadáns e residentes. Seguridade social obrigatoria. Financiamento exclusivo mediante cotas laborais.

Que artigo da Constitución Española recoñece o dereito á protección da saúde?. Artigo 41. Artigo 43. Artigo 45. Artigo 47.

A Lei Xeral de Sanidade é do ano: 1978. 1986. 1993. 2003.

Cal foi a principal finalidade da Lei de cohesión e calidade do SNS (Lei 16/2003)?. Recentralizar competencias en saúde. Garantir cohesión, calidade e equidade no sistema. Privatizar a asistencia sanitaria. Eliminar as mutualidades.

Que órgano de cooperación crea a Lei 16/2003?. O SERGAS. Ministerio de Sanidade. O CISNS. O INGESA.

A carteira común de servizos do SNS garante: Só atención hospitalaria. Só atención primaria. Prestacións sanitarias básicas en todas as CCAA. Prestacións privadas para funcionarios.

Cal destas características NON pertence ao SNS?. Universalidade. Atención integral. Accesibilidade. Centralización absoluta.

A atención integral e integrada entende ao usuario como: Só un ser biolóxico. Só un paciente con enfermidades. Un ser biopsicosocial. Un consumidor de servizos.

A principal vía de financiamento do SNS é: As cotizacións sociais. As taxas farmacéuticas. As transferencias do Estado con cargo aos orzamentos xerais. As doazóns das empresas privadas.

A quen corresponde a competencia exclusiva da coordinación xeral da sanidade?. As comunidades autónomas. O Estado. Os concellos. O CISNS.

Que cidades son excepción na xestión sanitaria autonómica e dependen directamente do Estado a través do INGESA?. Madrid e Barcelona. Ceuta e Melilla. Vigo e A Coruña. Palma e Ibiza.

Que administración exerce funcións de sanidade exterior e acordos internacionais?. O Estado. As CCAA. Os concellos. As diputacións.

O control sanitario da auga potable nos municipios é competencia de: O Estado. CCAA. Os concellos. As deputacións.

A quen corresponde elaborar e aprobar a normativa básica de seguridade alimentaria en España?. As comunidades autónomas. Os concellos. O Estado. As deputacións.

As áreas de saúde delimitan unha poboación aproximada de: 5.000 a 25.000 habitantes. 50.000 a 100.000 habitantes. 200.000 a 250.000 habitantes. Máis de 500.000 habitantes.

Que estrutura básica garante o marco territorial da atención primaria?. A área de saúde. O distrito sanitario. A zona básica de saúde. O hospital comarcal.

En Galicia, as áreas de saúde reciben o nome de: Áreas comarcais. Distritos. Áreas sanitarias. Rexións de saúde.

Cantas áreas sanitarias ten o SERGAS?. 4. 6. 7. 9.

Dentro da organización territorial galega, que división existe entre área sanitaria e zona sanitaria?. Distritos sanitarios. Comarcas hospitalarias. Subzonas urbanas. Regiñas clínicas.

Unha zona básica de saúde delimítase para unha poboación aproximada de: 500 a 2.000 habitantes. 5.000 a 25.000 habitantes. 50.000 a 100.000 habitantes. 100.000 a 200.000 habitantes.

O CISNS está formado por: Representantes das deputacións e do Ministerio de Facenda. Conselleiros de Sanidade das CCAA e o Ministro de Sanidade. Alcaldes das cidades máis poboadas. Representantes das universidades e do Ministerio de Educación.

Durante a pandemia da Covid-19, o CISNS coordinaba principalmente: O transporte público. A política educativa. As medidas sanitarias comúns. A economía das comunidades autónomas.

O primeiro nivel asistencial do SNS é: Atención primaria. Atención especializada. Atención hospitalaria. Atención farmacéutica.

O centro físico da atención primaria é: O hospital. O centro de saúde. O PAC. A farmacia.

Nas zonas rurais, os centros máis pequenos dependentes do centro de saúde chámanse: Clínicas. Consultorios locais. Centros de especialidades. Hospitais comarcais.

As consultas de atención primaria poden ser: demanda, programadas, de urxencias e a domicilio. Programadas, online, telefónicas e hospitalarias. A demanda, urxentes, privadas e públicas. Programadas, de control, farmacéuticas e odontolóxicas.

A consulta a domicilio (ADO) está dirixida a: Pacientes con dificultades económicas. Pacientes que non poden desprazarse ao centro de saúde. Pacientes que viven en cidades grandes. Pacientes que desexan comodidade.

Dentro das actividades específicas de primaria, a atención á muller inclúe: Seguimento do embarazo e prevención de cancro xinecolóxico. Só consultas de planificación familiar. Tratamento exclusivo de menopausa. Únicamente control de anticonceptivos.

O equipo de atención primaria (EAP) é un equipo: Monodisciplinar. Multidisciplinar. Exclusivamente médico. Formado só por persoal administrativo.

Cada médico de familia atende aproximadamente: 2000 pacientes. 1000 pacientes. 1250-1500 pacientes. 500 pacientes.

A asistencia especializada inclúe: Só consultas externas. Actividades diagnósticas, terapéuticas e rehabilitación. Únicamente hospitalización. Só atención paliativa.

Un hospital de día está pensado para: Consultas de urxencia. Tratamentos como quimioterapia. Internamentos de longa duración. Atención bucodental.

Segundo o financiamento, un hospital pode ser: Público, privado ou mixto. Rural ou urbano. Local ou internacional. Comarcal ou xeral.

Os hospitais especializados céntranse en: Atención á poboación rural. Unha especialidade médica ou cirúrxica. Todas as áreas médicas. Atención primaria.

Un hospital comarcal pertence a: O terceiro nivel. O primeiro nivel hospitalario. O nivel estatal. O nivel CSUR.

Os hospitais de referencia estatal coñécense como: SERGAS. CSUR. CISNS. HADO.

En España existen aproximadamente: 1.000 centros de saúde. 3.050 centros de saúde. 500 centros de saúde. 10.000 centros de saúde.

O número de profesionais do SNS é: Máis de 300.000. Máis de 500.000. Máis de 613.000. Máis de 1 millón.

O perfil técnico máis frecuente no SNS é: Técnico de laboratorio. Técnico en imaxe. Técnico auxiliar de enfermaría. Técnico en farmacia.

O nivel con maior número de traballadores no SNS é: Atención primaria. Atención especializada. Atención privada. Atención comunitaria.

Denunciar Test