TEST RRHH 2024
|
|
Título del Test:
![]() TEST RRHH 2024 Descripción: EXAMEN ALO |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Cal das afirmacións en relación cos contratos laborais é incorrecta?. O contrato por circunstancias da produción pode usarse para atender situacións ocasionais, previsibles e que teñan unha duración reducida e delimitada. O contrato para a práctica profesional ten por obxecto compatibilizar a actividade laboral retribuida cos correspondentes procesos formativos no ámbito da formación profesional, os estudos universitarios ou o Catálogo de especialidades formativas do Sistema Nacional de Emprego. O contrato por substitución da persoa traballadora pode empregarse para completar a xornada reducida por outra persoa traballadora, cando dita redución se ampare en causas legalmente establecidas ou reguladas no convenio colectivo. O contrato de fixos discontinuos é un contrato indefinido que se pode usar para traballos de natureza estacional ou vinculados a actividades produtivas de tempada. Todas as afirmacións son falsas. No ámbito dos recursos humanos, con que relacionarias o inventario de RRHH?. Coa avaliación da xestión dos recursos humanos. É un método para avaliar a xestión dos recursos humanos. Coa planificación dos recursos humanos. É un método de previsión de dispñibilidades de recursos humanos. Coa planificación recursos humanos. É un método cuantitativo de previsión de necesidades de recursos humanos. Coa avaliación do rendemento dos recursos humanos. É un método para a avaliación do rendemento do persoal. Coa planificación recursos humanos. É un método cualitativo de previsión de necesidades de recursos humanos. En relación á planificación de persoal: A análise da razón establece relacións de causalidade entre as necesidades de persoal e outras variables relacionadas. A análise da razón prevé as dispoñibilidades de persoal considerando a relación entre o volume de vendas e o número de empregados/as. As listas substitución son unha das técnicas que se empregan para a análise da demanda de persoal. Nas técnicas Delphi, a presión do grupo pode restar precisión á valoración realizada. Ningunha das respostas anteriores é correcta. Un profesor/a da túa facultade tende a poñer mellores notas a aqueles alumnos/as que en cursos foron alumnos/as seus e obtiveron boa nota nas materias que el impartía anteriormente. Que erro relacionado coa avaliación do rendemento pode estar cometendo?: Erro de contraste. Erro de contaxio. Efecto halo. Erro de recencia. Ningunha das respostas anteriores é correcta. Cal das seguintes afirmacións é correcta?. As compensacións financeiras directas percíbense polo feito de formar parte da organización. As compensacións financeiras indirectas están relacionadas coa actividade que realiza cada persoa e o seu rendemento. A compensación derivada de recibir o premio ao empregado do mes é unha compensación financeira directa. A retribución é un concepto máis amplo que a compensación. Ningunha das respostas anteriores é correcta. Os métodos para a avaliación da xestión dos recursos humanos inclúen: Listas de verificación. Incidentes críticos. Indicadores clave. Escalas gráficas. Tódolos anteriores son métodos para a avaliación da xestión dos recursos humanos. O método de avaliación do desempeño no que os avaliados/as son clasificados en base a niveis preestablecidos (por exemplo, ex. 10% excelentes, 20% bos, 40% normais, 20% regulares, 10% deficientes) clasifícase como: Subxectivo de características e comparativo. Subxectivo, de comportamento e categorización. Subxectivo de comportamento e narrativo. En base a resultados. Ningunha das respostas anteriores é a correcta. Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: De acordo á visión estratéxica da dirección de RRHH, a xestión de RRHH ten un impacto relevante nos resultados empresariais. O feito de que as contornas (entornos) nas que operan as empresas cambian cada vez máis rapidamente e os cambios son máis complexos propicia o paso da visión tradicional da dirección de RRHH á estratéxica. O aumento dos custos dos RRHH propicia o paso da visión tradicional da dirección de RRHH á estratéxica. Unha das características da visión tradicional da dirección de RRHH é que busca anticiparse aos posibles problemas. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c) e d) é incorrecta. Cal das afirmacións a), b), c), d) é correcta?. A auditoría de recursos humanos é un método para avaliar o rendemento dos recursos humanos. A semana de traballo reducida implica a redución do número de días de traballo por semana e do número de horas de traballo. No ámbito da selección de persoal, unha vantaxe das entrevistas estandarizadas é que implican un escaso nivel de formación do entrevistador/a. En relación ao horario flexible, o aumento da duración do núcleo central implica maior flexibilidade. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c) e d) é correcta. Cal das seguintes afirmacións é correcta?: O coaching implica a realización de actividades ao aire libre, buscando desenvolver e adestrar habilidades que poidan ser aproveitadas na vida profesional (compañeirismo, organización, traballo en equipo) dos empregados. A formación virtual ou e-learning pode ser síncrona ou asíncrona. Os assessment centers utilízanse para impartir formación. O outdoor training utilízase para impartir formación. Todas as respostas anteriores son correctas. Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: A ampliación do traballo engade novas tarefas que implican tanto cambios no nivel de contido como no nivel de responsabilidade do posto. A orientación é a actividade de RRHH que se ocupa de introducir ós novos empregados/as na organización, nos cometidos do posto e presentarlles a outras persoas coas que traballarán. A selección de persoal busca predicir que candidatos/as lograrán un rendemento e axuste elevado. Os plans de carreira son unha ferramenta para a mobilidade e xestión dos RRHH a partir do deseño das posibles rutas que pode seguir unha persoa dentro da organización, no caso de cumprirse certos requisitos definidos e ponderados previamente. Marca esta opción se cres que ningunha das afirmacións a), b), c) e d) é incorrecta. A empresa na que traballas manexando unha máquina que produce botellas de cristal, modifica as súas políticas retributivas, establecendo que, a partir de agora, unha porcentaxe da retribución pasa a depender do número de botellas que produzas diariamente, aumentando o teu salario a medida que aumenta o número de botellas producidas. A túa empresa: Estableceu unha compensación financeira directa. Busca unha maior flexibilidade contractual. Estableceu unha compensación financeira indirecta. Estableceu unha compensación non financeira. Ningunha das respostas anteriores é correcta. Con que relacionas a auditoría de recursos humanos?: Co recrutamento de persoal. Es un método de recrutamento. Coa planificación de recursos humanos. Es un método para prever necesidades de persoal. Coa formación do persoal. Es un instrumento de formación. Coa avaliación do rendemento. Es un método de avaliación do rendemento. Ningunha das afirmacións anteriores é correcta. Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: A rotación de postos é un método de formación. As matrices de transición poden utilizarse para prever necesidades de recursos humanos. Un principio da retribución destaca que a retribución é xusta se se toman como referencia os salarios pagados na organización, de modo que individuos no mesmo nivel deben recibir a mesma retribución. A ampliación do traballo utilízase para reducir o nivel de especialización do posto de traballo. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c), d) é incorrecta. En relación á evolución da xestión dos RRHH: A escola do enriquecemento do traballo presta especial atención á selección e confección de nóminas e as relacións e negociacións cos sindicatos. A aparición dunha administración especializada en RRHH prodúcese coa aparición das grandes corporacións. Administración científica do traballo aporta a consideración das necesidades psicosociais e diferentes elementos de motivación. Cuestións como a selección e confección de nóminas e as relacións e negociacións cos sindicatos adquiren relevancia coa Administración científica do traballo. Ningunha das respostas anteriores é correcta. Cal destas afirmacións a respecto das Empresas de Traballo Temporal (ETTs) é correcta?. A empresa usuaria paga aos traballadores/as que recibe da ETT. A ETT encárgase da dirección e control do traballador na empresa usuaria. Existe un contrato laboral entre o traballador e a empresa usuaria. Son útiles cando a oferta de recursos humanos supera á demanda. Ningunha das respostas anteriores é correcta. Cal das afirmacións a), b), c), d) é correcta?: A ampliación do traballo engade novas tarefas que implican tanto cambios no nivel de contido como no nivel de responsabilidade do posto. Os contratos temporais poden ter período de proba. As habilidades horizontais ou extensivas relaciónanse co desempeño de tarefas especializadas. A selección de persoal inclúe un conxunto de actividades tendentes a atraer un número suficiente de candidatos/as cualificados/as para ocupar un posto de traballo. Marca esta opción se cres que ningunha das afirmacións a), b), c) e d) é correcta. Cal das afirmacións a), b), c) e d) en relación aos contratos laborais é incorrecta?. A incorporación dun relevista a unha empresa implica que unha persoa xubilouse anticipadamente nesa empresa. O contrato de formación en alternancia implica a percepción dunha retribución polo traballador/a contratado/a. O contrato para a práctica profesional ten, con carácter xeral, unha duración que non poderá ser inferior a seis meses nin exceder do ano. Cando se usa para atender situacións ocasionais, previsibles e que teñan unha duración reducida e delimitada, o contrato de circunstancias da produción ten unha duración máxima de 90 días no ano natural que non se poden utilizar de maneira continuada. Marca esta opción se cres que ningunha das opcións a), b), c), d) é incorrecta. Cal das seguintes afirmacións é correcta?: Os despedimentos poden ser disciplinarios, colectivos e por causas obxectivas. A xubilación anticipada posibilita a percepción dunha pensión do sistema da Seguridade Social, compatible con traballo a tempo parcial. A redución das horas extra é útil cando a demanda de persoal dunha organización é superior á oferta. Os grupos de expertos poden utilizarse para prever necesidades de recursos humanos. Ningunha das afirmacións anteriores é correcta. Cal das afirmacións a), b), c), d) é incorrecta?: A avaliación do desempeño está incluída nos procesos de afectación do departamento de recursos humanos. Un exemplo de práctica de orientación/socialización formal é que o equipo directivo organice un xantar de benvida para que o persoal se coñeza mellor. A incorporación dun relevista a unha empresa implica que nesa empresa unha persoa xubilouse parcialmente. A ampliación do traballo busca reducir o nivel de especialización. Marca esta opción se cres que as afirmacións a), b), c) e d) son incorrectas. Tras realizar novas contratacións, a empresa X asigna a un traballador con experiencia para facilitar a integración e adaptación ó posto do novo persoal. Con que proceso do departamento de RRHH relacionas esta intervención?: Básicos. Non se relaciona con ningún proceso. Avaliación e compensación. Formación e desenvolvemento. Ningunha das respostas anteriores é correcta. A descrición do posto de traballo: É un documento que se realiza seguindo un formato estándar preestablecido. Incorpora información relativa aos requisitos necesarios para desenvolver as actividades do posto ao que se refire. Non require a previa recollida e análise da información relativa ao posto. As opcións a) e b) son correctas. Ningunha das afirmacións anteriores é correcta. |





