RRRPP por razón de urbanismo
|
|
Título del Test:
![]() RRRPP por razón de urbanismo Descripción: RRPP por razón de urbanismo |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
A cantos conselleiros electivos nomea o Presidente da Xunta, segundo establece o artigo 3 da Lei 3/2014, de 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia?. 5. 4. 3. 2. Cal é o prazo establecido pola LCCG como regra xeral para a emisión de informes?. 1 mes. 6 meses. O que fixe a autoridade consultante. 15 días. Sinala cal das seguintes afirmacións non é correcta: As funcións da Secretaría do Pleno e das Seccións serán exercidas polo persoal funcionario do CCG que designe a Presidencia. Ese exercicio xerará percepción de axudas de custo, indemnizacións e gratificacións extraordinarias. Compoñen a Sección de Ditames a persoa titular da Presidencia do Consello e as conselleiras e os conselleiros electivos. É función do Pleno aprobar a memoria anual de actividades. Os asuntos sobre os que ditaminase o Consello Consultivo de Galicia non poderán ser sometidos polo órgano consultante a ditame posterior doutro órgano ou institución consultiva. ¿Por quen estará constituída a Secretaría do Pleno e das Seccións segundo o artigo 22 da Lei 3/2014, de 24 de abril?. As/os conselleiras/os electivos, as/os conselleiras/os natos e a/o secretaria/o xeral. A persoa que ostenta a presidencia e as/os conselleiras/os electivos. A persoa que ostenta a presidencia, as/os conselleiras/os electivos e as/os conselleiras/os natos. Ningunha é correcta. A quen corresponde a función de rotar os relatorios dos asuntos entre as persoas que integran o Consello?. A persoa que ostenta a presidencia. Ao Pleno. Á Sección de Estudos e Informes. Ao titular da Secretaría Xeral. Indica en cal dos seguintes casos non ditaminará o CCG preceptivamente: Revisión de oficio dos actos e das disposicións administrativas e recurso administrativo de revisión. Reclamacións de responsabilidade patrimonial de contía superior a 15.000 euros para as administracións locais. Convenios e acordos de cooperación con otras Comunidades Autónomas. En todos os casos anteriores ditaminará o CCG preceptivamente. As Administracións Públicas responden solidariamente: En todo caso haberá unha responsabilidade solidaria. En ningún caso pode haber responsabilidade solidaria. En caso de que os danos deriven de fórmulas conxuntas de actuación ou cando en caso de actuacións concorrentes non sexa posible determinar a responsabilidade que corresponda a cada Administración. A responsabilidade será mancomundada por regra xeral e solidaria cando así o determinen os estatutos da mancumonidade ou consorcio. Cáles dos seguintes dos supostos indemnizatorios poden estar previstos nas lexislacións autonómicas?. Incumprimento de convenios urbanísticos. A responsabilidade por información urbanísticas errónea. A responsabilidade por suspensión de licenzas. Todos as respostas son supostos indemnizatorios previstos na lexislación urbanística auotonómica. En caso de responsabilidade derivada de fórmula conxunta de actuación, o primeiro criterio para determinar que Administración debe instruír o procedemento é. Ningunha é correcta. A fixada nos estatutos ou regras da organización. A intensidade na intervención. A participación no financiamento do servizo. Con carácter xeral, cál é o procedemento para exixir Responsabilidade Patrimonial por actuacións de carácter urbanístico?. Todas as respostas son correctas. Cada lexislación autonómica ten previsto a súa propuia regulación. O procedemento é o previsto con carácter xeral no capítulo II, título IV da LPACAP (procedemento) , artigos 58 e ss , coas especialidades previstas nesos norma (artigos 61.4, 65, 67, 81, 82, 86,5, 91, 92, 96.4). Cada suposto indemnizatoiro ten o seu propio procedemento. Cál de estas afirmacións é a correcta?. A determinación urbanística do contido do dereito de propiedade non dá dereito a indemnización, cando supoña unha restricción do índice de edificabilidade, fronte a outras recoñecidas. A determinación urbanística do contido do dereito de propiedade non dá dereito a indemnización, salvo nos supostos previstos nas leis. A determinación urbanística do contido do dereito de propiedade dá dereito a indemnización, cando supoña unha restricción dos usos legalmente previstos para o tipo de solo de que se trate. Todas as respostas son correctas. Quén pode interpoñer unha reclamación de Responsabilidade Patrimonial por actuacións de carácter urbanístico?. Os titulares dos dereitos afectados polo funcionamento normal ou anormal da administración. Ningunha das respostas é correcta. Calquer persoa, en virtude da acción pública en materia de urbanismo. Os que ostenten capacidade de obrar conforme as leis. Pode unha Administración declarar a responsabilidade patrimonial de outra?. Non, en ningún caso. O Estado pode declarar a responsabilidade das CCAA. As CCAA poden declarar a responsabilidade das EELL. Si. Cál dos seguintes conceptos non é un suposto indemnizatorio?. Todos son supostos indemnizatorios. Anulación xudicial de licenzas. Limitacións singulares que excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construccións e edificaciones, ou leven consigo unha restricción da edificabilidade. Cambios de planeamento que deixen forá de ordenación de edificacións e impidan disfrutar da mesma durante a súa vida útil. Cál de estas afirmacións é a correcta?. As EELL non poden regular supostos de responsabilidade patrimonial por razón urbanísticas porque non teñen competencias lexislativas. As CCAA pode regular supostos de responsabilidade patrimonial por razón urbanísticas porque teñen competencia exclusiva en materia de urbanismo. O Estado pode regular supostos de responsabilidade patrimonial por razón urbanísticas porque ten competencia exclusiva en materia de “Sistema de responsabilidad de todas las Administraciones públicas” e “regulación de las condiciones básicas que garanticen la igualdad de todos los españoles en el ejercicio de los derechos y en el cumplimiento de los deberes constitucionales”. Todas as respostas son correctas. A Responsabilidade Patrimonial derivada do incumprimento dun Convenio urbanístico é: RP contractual. RP polo funcionamento anormal dos servizos públicos. RP civil. RP extracontractual. De acordo co artigo 48.a) do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, as situacións de fóra de ordenación producidas polos cambios na ordenación territorial ou urbanística: Serán indemnizables en todo caso. Non serán indemnizables, sen prexuízo de que poida serlo a imposibilidade de usar e gozar lícitamente da construcción ou edificación incursa na dita situación durante a súa vida útil. Non serán indemnizables, sen prexuízo de que poida serlo a imposibilidade de usar e gozar da construcción ou edificación incursa na dita situación durante a súa vida útil. Serán indemnizables sempre que se reclame a indemnización antes do transcurso dun ano desde a entrada en vigor da nova ordenación. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, regula a situación de fóra de ordenación: No artigo 9. No artigo 84. No artigo 83. No artigo 90. Para os efectos da aplicación do suposto indemnizatorio do artigo 48.a) do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana: O cambio de ordenación anticipado é susceptible de xerar dereito a indemnización só cando existen prazos de execución concretos fixados no correspondente plan. O cambio de ordenación anticipado é susceptible de xerar dereito a indemnización só cando así o prevexa expresamente o correspondente plan. O cambio de ordenación anticipado nunca é susceptible de xerar dereito a indemnización neste suposto indemnizatorio. O cambio de ordenación anticipado é susceptible de xerar dereito a indemnización cando existen prazos de execución concretos e expresos e tamén nos casos de prazos de execución implícitos que abrangan “o tempo razoablemente necesario” para a execución. De acordo coa Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, quedan incursos no réxime de fóra de ordenación: Os edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións por estaren afectados por viarios, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos. Calesquera edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións. Os edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade ou con posterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións por estaren afectados por viarios, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos. Os edificios, construcións e instalacións erixidos con posterioridade á aprobación definitiva do plan urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións. De acordo co artigo 4.1 do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, a determinación das facultades e deberes do dereito de propiedade do solo que se estableza pola ordenación urbanística: Só confire dereito a esixir indemnización nos casos de fóra de ordenación. Non confire dereito a esixir indemnización, salvo nos casos expresamente establecidos nas leis. Confire dereito a esixir indemnización en todo caso. Non confire dereito a esixir indemnización en ningún caso. En relación cos prexuízos derivados da anulación dun instrumento de planeamento urbanístico: Non existe dereito a indemnización en ningún caso. Existe dereito a indemnización se concorren os requisitos da responsabilidade patrimonial por anulación, singularmente o requisito da antixuridicidade. Existe dereito a indemnización en todo caso. Só existe dereito a indemnización no caso de anulación por motivos substantivos pero non por motivos formais. O prazo para reclamar unha indemnización ao abeiro do suposto previsto no artigo 48.a) do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana é: Dous anos. Nove meses. Seis meses. Un ano. É xurisprudencia tradicional en materia de dereito á indemnización por cambios na ordenación urbanística: O dereito á indemnización de meras expectativas non adquiridas. A esixencia de patrimonialización de dereitos no eido urbanístico. A esixencia de demanialización de dereitos. O dereito á indemnización por lucro cesante sen necesidade de probar a súa existencia. Son requisitos para que proceda o dereito a indemnizar conforme o artigo 48.a) do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana: Que se produza un dano efectivo en relación coa situación preexistente en canto ao exercicio da execución da urbanización ou da participación dos propietarios nela. Que se produza un cambio da ordenación urbanística antes de transcorridos os prazos para o desenvolvemento ou, logo de transcorridos estes, se a execución non se levou a cabo por causas imputables á Administración. Todas as respostas son correctas. Que o cambio da ordenación urbanística produza unha alteración das condicións de exercicio da execución da urbanización ou das condicións de participación dos propietarios nela. O suposto indemnizatorio do artigo 48.a) do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana: Só se aplica nos casos de cambio de ordenación anticipado pero nunca cando o cambio de ordenación se produce unha vez transcorridos os prazos para o desenvolvemento. Se aplica nos casos nos que o cambio de ordenación se produce logo de transcorrido o prazo para o desenvolvemento se a situación de “inexecución” se ten causado pola propia Administración sen que medie pasividade ou neglixencia por parte dos promotores ou propietarios. Se aplica nos casos nos que o cambio de ordenación se produce logo de transcorrido o prazo para o desenvolvemento se a situación de “inexecución” se debe a causas imputables aos propietarios ou promotores. Se aplica nos casos nos que o cambio de ordenación se produce logo de transcorrido o prazo para o desenvolvemento se a situación de “inexecución” se ten causado pola propia Administración, aínda que medie pasividade ou neglixencia por parte dos promotores ou propietarios. A pretensión indemnizadora por vinculación ou limitación singular esixe. Todas as respostas anteriores son incorrectas. Requisitos de fondo e requisitos de forma. Só requisitos de fondo. Só requisitos de forma. A reclamación por vinculación ou limitación singular. Pódese exercitar fora de prazo. Ademais de exercitarse en prazo hai que ter en conta que non se pode exercitar antes de que naza o dereito á indemnización. É imprescritible. Pódese exercitar antes de que nazca o dereito a indemnización. Dan lugar en todo caso a dereito de indemnización as lesións nos bens e dereitos que resulten das. Vinculacións e limitacións singulares que excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construcións e edificacións, ou leven consigo unha restrición da edificabilidade ou o uso que non sexa susceptible de distribución equitativa. Vinculacións e limitacións singulares que non excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construcións e edificacións, ou leven consigo unha restrición da edificabilidade ou o uso que non sexa susceptible de distribución equitativa. Vinculacións e limitacións que non leven consigo unha restrición da edificabilidade ou o uso que non sexa susceptible de distribución equitativa. Vinculacións e limitacións singulares que excedan de deberes non impostos legalmente. O criterio comparativo. Hai que analizalo dende un punto de vista temporal. Hai que analizalo dende un punto de vista espacial. Non se ten en conta. Hai que analizalo dende un punto de vista temporal e dende un punto de vista espacial. O dereito de propiedade dos terreos. Non comprende conservalos nas condicións legais de seguridade. Comprende realizar as obras adicionais que a Administración ordene por motivos turísticos e por motivos culturais. Non comprende realizar as obras adicionais que a Administración ordene por motivos turísticos e por motivos culturais. Comprende realizar as obras adicionais que a Administración ordene por motivos turísticos pero non por motivos culturais. O dereito de propiedade dos terreos,instalacións, construcións e edificacións comprende con carácter xeral os seguintes deberes. Conservalos nas condicións legais de seguridade,. Realizar as obras adicionais que a Administración ordene por motivos turísticos. Tódalas respostas son correctas. Dedicalos a usos que sexan compatibles coa ordenación territorial e urbanística. Os requisitos de fondo das vinculacións singulares son. Só a imposibilidade dunha distribución equitativa. Unha restrición no aproveitamento urbanístico e no uso, a imposibilidade dunha distribución equitativa, a producción dun dano e unha limitación singular. Só unha restrición no uso. Só unha limitación singular. Os tipos de vinculaciones singulares son. Tanto as vinculacións e limitacións que excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construcións e edificacións e como as vinculacións e limitacións que non excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construcións e edificacións. As vinculacións e limitacións que excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construcións e edificacións e as que leven consigo unha restrición de aproveitamento urbanístico ou do uso do chan que non sexa susceptible de distribución equitativa. So as vinculacións e limitacións que excedan dos deberes legalmente establecidos respecto de construcións e edificacións. So as vinculacións que leven consigo unha restrición de aproveitamento urbanístico ou do uso do chan que non sexa susceptible de distribución equitativa. Un dos procedementos para a a reclamación por vinculación ou limitación singular é o previsto: Todas as respostas son incorrectas. No Capítulo II, Título IV da LPACAP e no Capítulo IV do Título I da LRJSP. No artigo 33 da Constitución Española. No Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana. |





