T.12-14
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() T.12-14 Descripción: PARTE ESPECÍFICA |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
indique cal das seguintes especies se pode cazar en Galicia na tempada 2022-23: Streptopelia turtur. Streptopelia decaocto. Corvus corone. Corvus monedula. A responsabilidade polos danos ocasionados polo xabaril á agricultura, en terreos situados nunha zona de exclusión, no senso do artigo 9 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, corresponde: Á Consellería competente en materia de caza. Ao titular do TECOR do que proveñan os animais. Ao titular da explotación agrícola. Ninguén é responsable dos danos, pero a persoa titular da explotación agrícola pode solicitar as axudas para paliar os danos ocasionados polo xabaril convocadas pola Xunta de Galicia. Indique, de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, a quen corresponde a titularidade cinexética das reservas de caza: Á Consellería competente en materia de caza. Á xefatura territorial da consellería competente en materia de caza. Á Xunta de Galicia. As tres respostas anteriores son incorrectas. A Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, define os días de fortuna como: Aqueles que se atopan fóra da xornada hábil de caza. Aqueles nos que, como consecuencia da néboa, nevadas, fumes ou outras causas se reduza a visibilidade de forma que poida ser perigoso para as persoas ou os bens. Aqueles nos que, como consecuencia de incendios, nevadas, epizootias, inundacións, secas ou outras causas, as pezas de caza viranse privadas das súas facultades normais de defensa ou obrigadas a concentrarse en determinados lugares. Ningunha das anteriores. ¿Nas zonas de exclusión está permitido o adestramento de cans de caza?. Si, porque as zonas de exclusión son terreos cinexéticos en réxime especial. Non, porque as zonas de exclusión teñen superficies de menos de 500 ha continuas. Si, porque o adestramento de cans non se considera acción de cazar. Non. O adestramento de cans debe levarse a cabo nas zonas de adestramento decans e aves de cetraría (ZAAC) declaradas para tal efecto. De acordo coa Lei 13/2013 a superficie mínima continua que debe ter unha nova explotación cinexética comercial de caza maior é de: 250 ha. 500 ha. 1.000 ha. 2.000 ha. De acordo coa Lei 13/2013 corresponde á Xunta de Galicia a xestión de todos os terreos cinexéticos seguintes, excepto: Reserva de caza. Explotación cinexética comercial. Zona libre. Tecor autonómico. De acordo coa Lei 13/2013 de Galicia a duración mínima das cesións dos dereitos cinexéticos é de: 10 anos. 15 anos. 30 anos. 20 anos. Nun tecor de 3.431 ha, ¿cal das seguintes distribucións de espazos vedados cumpriría cos requisitos da Lei 3/2013 en canto a superficie mínima?. Unha única superficie de 340 ha. Dúas superficies de 300 e 45 ha, respectivamente. Tres superficies de 200, 80 e 60 ha, respectivamente. Catro superficies de 120, 90, 80 e 55 ha, respectivamente. Se o titular do tecor da pregunta 5 quixese establecer nel unha zona de caza permanente (ZCP), ¿cal das seguintes características da ZCP estaría prohibida pola normativa galega en materia de caza?. Que tivese unha superficie de 175 ha. Que lindase cunha zona libre de caza. Que no seu interior houbese un parque eólico, xa que estes teñen a consideración de áreas industriais. As tres características anteriores estarían prohibidas. De acordo coa normativa galega, nas zonas de adestramento de cans e aves de cetraría (ZAAC) dos tecores, ¿está permitida a caza con armas?. Non, non está permitida. Non está permitida, agás no caso de que se leven a cabo medidas de control dos danos causados por especies cinexéticas. Si está permitida, salvo nos casos nos que a ZAAC forme parte dos vedados do tecor. Si está permitida, durante a tempada hábil de caza. De acordo coa normativa galega, nunha explotación cinexética comercial de 400 ha, ¿podería practicarse a caza maior?. Non, porque non ten a superficie mínima. Unicamente para controlar os danos causados polas especies de caza maior. Si, se a ECC declarouse antes da entrada en vigor da Lei 13/2013. Unicamente se a explotación está aberta (é dicir, que non está cercada). De acordo coa Lei 13/2013 as soltas de exemplares de especies cinexéticas: Esixirán a autorización previa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza. Serán realizadas directamente, en todos os casos, pola consellería competente en materia de conservación da natureza. Só están permitidas no caso de especies autóctonas. Só están permitidas no caso de especies de caza menor. A caza con arco en Galicia: Está prohibida, igual que a caza con ballesta. É unha modalidade autorizada unicamente para caza menor. É unha modalidade autorizada unicamente para caza maior. É unha modalidade autorizada para caza maior ou menor, indistintamente. Nunha estrada que atravesa un tecor prodúcese, durante a tempada hábil, un accidente de tráfico un domingo ás 6.00 h, ocasionado pola irrupción dun animal na vía. De acordo coa Lei 13/2013 e coa lexislación de tráfico, ¿en cal dos seguintes casos o responsable dos danos será o titular do tecor?. Se o coche impactou cun corzo, e no tecor houbo unha batida ese domingo de 11.00 a 13.45 h. Se o coche impactou cun teixugo, e no tecor houbo unha batida o sábado de 15.00 a 18.30 h. Se o coche impactou cun xabaril, e no tecor houbo unha batida o sábado de 14.00 a 19.30 h. Todas son correctas. De acordo co artigo 64 da Lei 13/2013, os cans de caza dentro dun terreo cinexético: Deben desprazarse en todo momento suxeitos con correa. Deben desprazarse formando mandas (grupos de entre 15 e 25 cans). Deben permanecer a unha distancia da persoa que os custodia suficientemente reducida como para que nunca queden ocultos pola vexetación. Non poden afastarse mais de 100 metros da persoa que os custodia. De acordo coas resolucións anuais de caza publicadas en 2023 e 2024, está permitida a caza das poboacións silvestres da seguinte especie: Rula común (Streptopelia turtur). Pombo torcaz (Columba palumbus). Pomba zura (Columba oenas). Pomba brava (Columba livia) fóra do ámbito da cetrería. De acordo coas resolucións anuais de caza publicadas en 2023 e 2024, está permitida a adopción de medidas de control por danos: De corzo e cervo. De lobo. De visón americano. Todas son correctas. ¿Cal das seguintes modalidades de caza menor tamén está autorizada en Galicia para a caza do xabaril?. Zapeo. Tobo. Ao salto. Axotamento. Indica a afirmación correcta de acordo coa Lei 13/2013: Para cobrar unha unha peza de caza que entre en terreos de titularidade allea é necesario que o cazador entre a cobrala coa arma descargada. Os menores de 18 anos non poden practicar en Galicia a caza con armas de fogo. Como norma xeral, non está permitido cazar antes da saída do sol. A munición de postas está permitida no exercicio da caza maior. ¿Cal das seguintes modalidades de caza non emprega cans en ningún caso?. Axotamento. Batida. Ao dente. Zapeo. Na Lei 13/2013 as infraccións graves prescriben: 1 ano. 2 anos. 3 anos. 4 anos. ¿Cal das seguintes modalidades de caza non está permitida na normativa galega para a caza do raposo (Vulpes vulpes)?: Tobo. Zapeo. Batida. Montaría. Un axente denuncia a unha persoa por cazar tendo a licencia caducada desde hai sete meses (infracción leve). De acordo coa Lei 13/2013, a sanción maior que pode recibir é: Multa de 100 €. Multa de 600 €. Multa de 600 € e inhabilitación para obter a licenza de caza durante un ano e un día. Multa de 600 € e comiso da escopeta. Segundo o Regulamento de caza de Galicia, ¿cal das seguintes especies cinexéticas está considerada como de caza maior?. Mustela vison (visón americano). Cervus elaphus (cervo). Vulpes vulpes (raposo). Turdus philomenos (tordo galego). Indica en cales das seguintes especies cinexéticas os machos acadan un peso máximo de arredor de 60 kg: Corzo e rebezo. Cervo. Cabra montés. Gamo e muflón. Novembro é un mes típico para a esmouca (desmogue) da seguinte especie: Corzo. Cervo. Cabra montés. Gamo. A época de celo nos meses de novembro e decembro é característica: Das especies de cérvidos silvestres de Galicia. Do cervo e da cabra montés. Das especies de bóvidos silvestres de Galicia. Os cérvidos é correcta, exceptuando o corzo. ¿Cal dos seguintes animais ten unha dieta omnívora?. Corzo. Gamo. Xabaril. Rebezo. ¿Cal das seguintes especies ten, con carácter xeral, un comportamento gregario?. Raposa. Gamo. Corzo. Lebre. ¿Cal das seguintes especies ten, como norma xeral, carácter migrador na Península Ibérica?. Paspallás (Coturnix coturnix). Arcea (Scolopax rusticola). Estorniño pinto (Sturnus vulgaris). Todas son migradoras. Os polos de perdiz rubia (indica a afirmación falsa): Son nidífugos. Tardan dous meses en aprender a voar. Aliméntanse principalmente de invertebrados. Non reciben cuidados parentais. ¿Cal das seguintes enfermidades non é característica dos lagomorfos (coellos ou lebres)?. Mixomatose. Tularemia. Enfermidade hemorráxica vírica. Enfermidade de Aujeszky. De acordo co artigo 63 da Lei 13/2013, o uso de pezas de roupa de alta visibilidade por parte dos participantes nunha batida é obrigatorio: En todos os casos. Nas batidas de especies de caza maior. Nas batidas de raposo. Nas batidas de xabaril. No caso de que se autorice a un cazador a realizar unha espera nocturna de xabaril, e os axentes atopen o seu posto a 120 m das coordenadas do punto autorizado: O cazador terá cometido unha infracción, por cazar nun sitio no que non estaba autorizado. Dependendo das circunstancias, é posible que o cazador teña instalado correctamente o seu posto. O cazador terá actuado correctamente, xa que ten permiso para instalarse a unha distancia de ata 150 m do punto autorizado. É correcta, sempre que o cazador non entre noutro terreo cinexético diferente, ou en zonas de seguridade. Segundo a Lei 13/2013, se uns cazadores crúzanse no monte cunha familia de excursionistas, os cazadores: Deben descargar as súas armas se se atopan a menos de 50 m de distancia. Deben descargar e enfundar as súas armas se se atopan a menos de 80 m de distancia. Deben descargar as súas armas ata que deixen de ter contacto visual cos excursionistas. Non teñen que tomar ningunha medida especial, xa que a actividade cinexética ten prioridade sobre outros usos do monte durante a tempada hábil de caza. Segundo a Lei 13/2013, ¿en que modalidade colectiva de caza pode ser obrigatoria a instalación de pantallas para protexer os postos?. Nas monterías. Nas batidas. Nos axotamentos. En todas as modalidades colectivas de caza. Nun tecor de 2.000 ha (20 km2) detectáronse, en 2023, 80 rastros de pegadas de xabaril. En 2024, na mesma época do ano e na mesma zona, e aplicando o mesmo sistema, detectáronse 120 rastros. A igualdade doutras variables, poderíase afirmar: Que a poboación de xabarís aumentou de 4 a 6 exemplares por km2. Que en 2024 hai máis de 100 xabarís no tecor. Que busca de pegadas no tecor foi máis eficaz en 2024 que en 2023. Que a poboación de xabarís aumentou entre 2023 e 2024 arredor dun 50%. Nun tecor de 3.000 ha lévase a cabo unha batida sen caza, nunha superficie de 500 ha cuxa distribución de usos do solo é representativa do conxunto do tecor. Como resultado da batida, obsérvanse 8 corzos. ¿En canto podería estimarse a poboación total de corzos no tecor?. 8 exemplares. 32 exemplares. 48 exemplares. 26 exemplares. ¿Para que tipo de animais silvestres sería máis efectivo o censo por contaxe directa?. Especies de caza menor e comportamento solitario. Especies de caza maior e comportamento gregario. Especies de caza menor e comportamento gregario. Especies de caza maior e comportamento solitario. Para levar a cabo o censo das poboacións de coello dun tecor, realízase un itinerario de 25 km, percorrendo toda a superficie de matogueira do tecor, a unha velocidade de 10 km/h, e comezando dúas horas antes do amencer. ¿Existe algunha razón pola que os resultados do itinerario non serán representativos do estado da poboación no conxunto do tecor?. O percorrido do itinerario é demasiado curto. O itinerario comezou a unha hora demasiado temprana. O percorrido non tivo en conta todos os estratos de vexetación presentes no tecor. Non, o itinerario realizouse correctamente. No caso de que se pretenda estimar a poboación dunha especie cinexética mediante a contaxe de restos fecais, é necesario coñecer todos os datos seguintes, agás: A antigüidade dos restos fecais, en días. O número medio de restos fecais por unidade de mostraxe entre dúas contaxes consecutivas. A taxa de defecación. Os días que transcorren entre dúas contaxes consecutivas. A relación J/A (exemplares nacidos no ano actual/ exemplares nacidos en anos anteriores) é especialmente relevante: No estudo das dinámicas poboacionais de especies de caza maior. No estudo das dinámicas poboacionais dos mamíferos. No estudo das dinámicas poboacionais de especies de caza menor. No estudo das dinámicas poboacionais dos xabarís. Os xabarís de 40-80 kg, como norma xeral: Unicamente deben cazarse se son exemplares solitarios. Deben supoñer arredor to 70-80% do número total de capturas do ano. Non deben cazarse, xa que son exemplares inmaduros. Non deben cazarse, xa que constitúen o principal grupo de reprodutores. |