T.35
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() T.35 Descripción: PARTE ESPECÍFICA |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
Segundo o PLADIGA 2023, cando na extinción dun incendio se estableza un Punto de Recepción de Medios (PRM): O/a Director/a Técnico/a de Extinción pode decidir por motivos de operatividade que determinados medios non pasen polo PRM. As brigadas helitransportadas están obrigadas a pasar polo PRM en calquera caso. O/a Director/a Técnico de Extinción non pode decidir por motivos de operatividade que determinados medios non pasen polo PRM, debe facelo a persoa responsable do PRM. As unidades de intervención destinadas a un lume, deben avisar ao contacto do PRM da súa chegada a destino nada máis lles comuniquen a súa saída ao incendio. Segundo o PLADIGA 2023 nunha situación 1, quen será o director do Posto de Mando Avanzado?: O/a técnico/a de garda. O/a Director/a Técnico/a de Extinción. A persoa que sexa designada polo/a delegado/a territorial de entre o persoal técnico presente no incendio. O xefe do servizo provincial de prevención e defensa contra incendios forestais.. Segundo a definición do PLADIGA 2022 de Grandes Incendios Forestais (GIF) e os datos que presenta do período 2012- 2021, sinale a resposta incorrecta: Existe unha maior incidencia dos incendios de gran tamaño nas provincias de Pontevedra e Ourense. A provincia de Lugo foi a que rexistrou menor número de GIF no período. A superficie media dos GIF na provincia de Pontevedra é superior á superficie media dos GIF na provincia de Ourense. A provincia da Coruña foi a que rexistrou menor número de GIF no período. A os efectos do Real Decreto 893/2013, do 15 de novembro, polo que se aproba a Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencia por incendios forestais, unha situación de emerxencia provocada por un ou varios incendios forestais que, na súa evolución previsible, poidan afectar gravemente á poboación e bens de natureza non forestal, esixindo a adopción inmediata de medidas de protección e socorro; e poida ser necesario que, a solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma, sexan incorporados medios extraordinarios, ou poidan comportar situacións que deriven cara ao interese nacional: É unha situación operativa 0. É unha situación operativa 1. É unha situación operativa 2. É unha situación operativa 3. Na Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencia por incendios forestais, un incendio que se conseguiu illar e deter o seu avance e propagación dentro de liñas de control, defínese como: Un incendio forestal controlado. Un incendio con gravidade potencial. Un incendio forestal estabilizado. Un incendio forestal delimitado. Segundo o PLADIGA 2023, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) creada en 2021: Está formada por 20 membros da escala de axentes medioambientais e depende funcional e xerarquicamente do Director Xeral de Defensa do Monte. Está formada por 15 membros da escala de axentes medioambientais e depende funcional e xerarquicamente en cada provincia da correspondente Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural. Está formada por 20 membros da escala de axentes medioambientais e depende funcional e xerarquicamente en cada provincia da correspondente Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural. Está formada por 15 membros da escala de axentes medioambientais e depende funcional e xerarquicamente do Director Xeral de Defensa do Monte. Entre as funcións asignadas aos técnicos/as de distrito dentro da demarcación que lle asigne o xefe/a de distrito non está: Nas épocas de perigo de incendios actuará como técnico/a de garda dirixindo as accións de extinción no distrito. Poderá erixirse en director técnico de extinción dun incendio cando o estime oportuno ou ben cando lle ordene a superioridade. Planificará e elaborará o plan de queimas controladas na súa demarcación. Apoiará ao xefe/a de distrito no mantemento, execución e mellora do plan de prevención e defensa do distrito forestal. O índice de gravidade potencial dun incendio forestal (IGP) é un indicador dos danos que se prevé poida chegar a ocasionar un incendio forestal. Sinale a opción correcta: Un IGP 0 indica que na súa evolución máis desfavorable non hai ameaza para bens de natureza forestal. Un IGP 2 refírese a un lume en que, na súa evolución máis desfavorable se prevé unha ameaza seria dos núcleos de poboación e o dano forestal esperable é considerable. Un IGP 3 refírese a aquel incendio en que concorren circunstancias sobre o dispositivo de extinción que imposibilitan continuar co labor encamiñado ao control do incendio. Todas son correctas. Segundo o Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (PEIFOGA) o índice de gravidade potencial dos incendios será establecido por: O centro de coordinación de distrito a proposta do director técnico de extinción. O centro de coordinación provincial a proposta do director técnico de extinción. O centro de coordinación central a proposta do centro de coordinación provincial. O centro de coordinación central a proposta do director técnico de extinción. Segundo o artigo 15.1 do protocolo de regulación de operacións aéreas en incendios forestais, aprobado na reunión do Comité de Loita contra Incendios Forestais do 21 de novembro de 2019, o coordinador de medios aéreos xestiona as operacións aéreas, cunha serie de funcións específicas entre as que non está: Regular as operacións aéreas na área de voo en incendio (AVI). Transmitir aos medios aéreos as zonas de carga e descarga. Decidir a desmovilización de medios aéreos. Informar da posición das aeronaves saíndo ou entrando da AVI. Tras un incendio, a presenza de abundantes restos carbonosos da consunción da follaxe e mantillo sobre o solo mineral intacto, observándose en ocasións restos de cinza mineral, con solo sen cambio de color, indica un nivel de severidade do lume: Moi baixo.. Baixo. Moderado. Alto. En relación coa investigación de causas nos incendios forestais, sinale a resposta incorrecta: O método de evidencias físicas permite reconstruír a evolución do lume a través dos vestixios que este deixou no seu avance. Os vestixios son marcas e sinais que o paso do lume deixou na vexetación e no medio físico. Entre os vestixios que sinalan o progreso dun lume están o patrón de queima, a cor das cinzas ou os talos das gramíneas. Todas as respostas son correctas. |