TEMA 2 - EDUCACIÓN INFANTIL (25 preg-Gallego)
|
|
Título del Test:
![]() TEMA 2 - EDUCACIÓN INFANTIL (25 preg-Gallego) Descripción: OPOSICIONES EDUCACIÓN INFANTIL |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. Que concepto se refire ás implicacións psicolóxicas que se dan no movemento e na actividade corporal, durante a relación entre o organismo humano e o medio no que se desenvolve?. A psicomotricidade. O desenvolvemento. A personalidade. 2. O desenvolvemento motriz trabállase dende a aula de E.I. baixo unha metodoloxía globalizadora, partindo do principio de flexibilidade, no cal se traballan contidos das diferentes áreas curriculares, pero especialmente e de xeito máis concreto a ... Área de Comunicación e Representación da Realidade. Área de Crecemento en Harmonía. Área de Descubrimento e Exploración da Contorna. 3. O conxunto de tódolos cambios que se producen na actividade motriz dun suxeito durante a súa vida... ... é o desenvolvemento motriz. ... é a actividade motora. ... é a motricidade fina. 4. En Educación Infantil no referente á psicomotricidade preténdese educar as seguintes capacidades: Sensitiva. Perceptiva. Psicolóxica. Simbólica. Representativa. 5. Esta refírese a que o control dáse antes nas partes do corpo que se atopan máis próximas á cabeza, estendéndose posteriormente cara abaixo. Os músculos do pescozo contrólanse antes cos do tronco, os brazos contrólanse antes cas pernas, e sostense antes a cabeza que se mantén sentado. Lei próximo-distal. Lei céfalo-caudal. Lei do progresivo afinamento e coordinación. Lei de actividades de masa. 6. Esta refírese a que o control dáse antes nas partes que están máis preto do eixe corporal (liña imaxinaria que divide o corpo en dúas metades simétricas), que as que están máis lonxe. A articulación do ombro contrólase antes ca do cóbado, e esta antes ca da boneca. Por iso a psicomotricidade grosa se domina antes ca fina. Lei próximo-distal. Lei céfalo-caudal. Lei do progresivo afinamento e coordinación. Lei de actividades de masa. 7. Refírese o paso de accións levadas a cabo por músculos grandes (brazos e pernas) a outras levadas a cabo por músculos pequenos (mans). As accións vanse facendo cada vez máis integradas e coordinadas entre si. Poden correr e lanzar ou recibir unha pelota, actividades nas que o movemento das pernas se coordina con dar palmadas. Lei próximo-distal. Lei céfalo-caudal. Lei do progresivo afinamento e coordinación. Lei de actividades de masa. 8. É a tendencia para pasar de movementos nos que empregan un grupo de músculos ou os músculos grandes a movementos nos que utilizan un músculo específico. Lei próximo-distal. Lei céfalo-caudal. Lei do progresivo afinamento e coordinación. Lei de actividades de masa. 9. Dálle máis importancia aos flexores, xa que para o neno é máis fácil agarrar un obxecto que soltalo. Lei próximo-distal. Lei céfalo-caudal. Lei de desenvolvemento de flexores e extensores. Lei de actividades de masa. 10. Selecciona as etapas de Wallon: Estadio de impulsividade motriz (0-6 meses): inclúe a etapa dos reflexos e os automatismos. O neno require dos coidadores para satisfacer as súas necesidades. Estadio emocional (6-9 meses): Establécese un vínculo moi especial entre a nai e o fillo producíndose un tránsito do biolóxico ao psicolóxico e social. Expresa as súas primeiras emocións mediante o ton muscular. Estadio sensoriomotriz (10/12 meses-3 anos). Os progresos realizados na linguaxe e na motricidade van permitir un novo medio de actuar sobre a contorna. Estadio do personalismo (3-6 anos): Como trazos máis característicos aparecen a crise de oposición e a idade de graza. Coa crise de oposición desexa que prevalezan os seus desexos sobre os demais. No primeiro estadio (0-15 meses) adquire as características especificamente humanas. No segundo estadio (1-3 anos) adquire a capacidade de representación e é capaz de previr o futuro e de lembrar o pasado. No terceiro estadio (3-6 anos) chegará a ter un movemento espontáneo, libre e solto. 11. Selecciona as etapas de Osterrieth: Estadio de impulsividade motriz (0-6 meses): inclúe a etapa dos reflexos e os automatismos. O neno require dos coidadores para satisfacer as súas necesidades. Estadio emocional (6-9 meses): Establécese un vínculo moi especial entre a nai e o fillo producíndose un tránsito do biolóxico ao psicolóxico e social. Expresa as súas primeiras emocións mediante o ton muscular. Estadio sensoriomotriz (10/12 meses-3 anos). Os progresos realizados na linguaxe e na motricidade van permitir un novo medio de actuar sobre a contorna. Estadio do personalismo (3-6 anos): Como trazos máis característicos aparecen a crise de oposición e a idade de graza. Coa crise de oposición desexa que prevalezan os seus desexos sobre os demais. No primeiro estadio (0-15 meses) adquire as características especificamente humanas. No segundo estadio (1-3 anos) adquire a capacidade de representación e é capaz de previr o futuro e de lembrar o pasado. No terceiro estadio (3-6 anos) chegará a ter un movemento espontáneo, libre e solto. 12. ... é a que se refire a todo o corpo en xeral, a movementos globais e amplos. A psicomotricidade fina. A psicomotricidade grosa. 13. ... é a que comprende actividades que necesitan moita precisión e coordinación. Son os movementos realizados por unha ou varias partes do corpo, e implica unha certa maduración e aprendizaxe. A psicomotricidade fina. A psicomotricidade grosa. 14. Aspectos relacionados coa motricidade grosa: Dominio corporal dinámico. Dominio corporal estático. Motricidade manual. Motricidade facial. Motricidade fonética. 15. Aspectos relacionados coa motricidade fina: Dominio corporal dinámico. Dominio corporal estático. Motricidade manual. Motricidade facial. Motricidade fonética. 16. ... é a imaxe mental que temos do noso corpo, grazas ó movemento e ás limitacións que establecemos co mundo. Polo que podemos dicir, que esta representación é construída a partires das experiencias motrices e sensacións percibidas. Por todo isto, é necesario que o neno descubra o seu propio corpo, as súas posibilidades de accións e as súas capacidades. O esquema corporal. A lateralidade. A estruturación espacio-temporal. 17. Cales son FACTORES exógenos?. Alimentación. Nutrición. Xenéticos. Actividade física. Enfermidades. Hormonais. Maduración do Sistema Nervioso. 18. Cales son FACTORES endóxenos?. Alimentación. Nutrición. Xenéticos. Actividade física. Enfermidades. Hormonais. Maduración do Sistema Nervioso. 19. ... é o proceso de elaboración que analiza e sintetiza as sensacións percibidas. A sensación. A percepción. 20. ... é aquel estímulo que se recibe do propio corpo ou do exterior. A sensación. A percepción. 21. - Sentidos exteroceptores: reciben a estimulación do exterior e informan do medio ambiente no que vivimos (vista, oído, olfato, tacto e gusto). - Sentidos interoceptores: reciben a estimulación das vísceras, glándulas,… que nos informan do medio interno. - Sentidos propioceptores: reciben a estimulación do movemento dos músculos, ósos, … e informan dos membros do noso corpo. Esta clasificación débese a: Luria. Montessori. Palacios. Le Boulch. 22. A quen se debe esta frase? “Los niños en nuestra escuela no hacen lo que quieren, sino que quieren lo que hacen”. Luria. Montessori. Palacios. Le Boulch. 23. Que postura defende: que manifestan que primeiro o neno percibe os elementos e despois o todo?. Ambientalistas. Maduraccionistas. 24. Postura que apoian a tese de que primeiro se produce a visión global dos obxectos e despois as partes ou elementos?. Ambientalistas. Maduraccionistas. 25. En que artigo do noso decreto curricular, os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de actividades físicas e hábitos saudables coa finalidade de promover unha primeira aproximación ás actividades físicas e deportivas, e aos xogos motores, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través de actuacións destinadas á promoción da práctica de deporte e do exercicio físico por parte das alumnas e dos alumnos durante a xornada escolar. Artigo 30. Educación Dixital. Artigo 29. Bibliotecas escolares e aproximación á lectura. Artigo 31. Promoción de estilos de vida saudable. |





