option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

TEMA 3

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
TEMA 3

Descripción:
MODULO 1

Fecha de Creación: 2025/12/05

Categoría: Otros

Número Preguntas: 16

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Segundo as normas de protocolo na comunicación telefónica, cal dos seguintes factores non inflúe na decisión de facer unha chamada telefónica?. O asunto a tratar. A situación do interlocutor. O rango xerárquico do interlocutor. O horario habitual de traballo da persoa que realiza a chamada.

Cal destas afirmacións sobre comunicación telemática é incorrecta?. O SMS permite enviar mensaxes curtas de texto entre teléfonos móbiles. As videoconferencias permiten comunicación en tempo real a distancia. As redes sociais son lentas e pouco accesibles para a atención ao cliente. O correo electrónico facilita o envío de documentos tanto persoais como profesionais.

Segundo o tipo de código empregado, cal das seguintes comunicacións é non verbal?. Unha chamada telefónica explicando un informe. Unha carta enviada por correo electrónico. Os xestos que acompañan unha presentación en público. Un SMS enviado a un compañeiro de traballo.

Na clasificación segundo o grado de control, unha comunicación espontánea entre compañeiros por afinidade chámase: Formal. Informal. Verbal. Diferida.

Unha comunicación na que varios emisores envían información a varios receptores denomínase: Individual. Colectiva. Formal. Directa.

Cal é a diferenza principal entre comunicación directa e diferida?. O número de emisores implicados. O tipo de código utilizado. O momento no que a mensaxe chega ao receptor. O rango xerárquico do receptor.

Que son as centralitas telefónicas?. Dispositivos que permiten enviar mensaxes curtas entre teléfonos móbiles. Dispositivos que conectan todos os teléfonos dunha empresa, establecendo conexións entre usuarios internos e externos. Plataformas de comunicación a través de redes sociais. Aplicacións para videoconferencias.

A comunicación telemática é: O conxunto de normas de protocolo para chamadas telefónicas. A disciplina que estuda e desenvolve servizos e aplicacións que usan sistemas informáticos e de comunicación. Un tipo de comunicación non verbal que utiliza xestos e sinais. Un tipo de comunicación informal entre compañeiros.

Segundo o tipo de código, a comunicación verbal pode ser: Só oral. Só escrita. Oral ou escrita. Non verbal.

A comunicación non verbal é: A que se produce só por teléfono. Conxunto de mensaxes transmitidas paralelamente ou independentemente das palabras. Comunicación formal entre xefes e subordinados. Mensaxes enviadas por correo electrónico.

A comunicación formal caracterízase por: Ser espontánea e por afinidade. Seguir as liñas do organigrama e o desempeño das funcións propias da organización. Enviar mensaxes diferidas aos compañeiros. Ser exclusivamente individual.

A comunicación informal: Segue estritamente o organigrama. Dáse de maneira espontánea, por afinidade, independentemente das funcións da organización. É sempre escrita. Só se produce en videoconferencias.

Unha comunicación individual é: Dáse cando a comunicación vai de un só emisor a un só receptor. A que se realiza entre varios emisores e varios receptores. A que se produce só por correo electrónico. A comunicación diferida.

A comunicación directa: Chega ao receptor no mesmo instante que o emisor a transmite. Non chega ao receptor inmediatamente, senón máis tarde. Só se realiza entre xefes e subordinados. É sempre escrita.

O SMS é un servizo que permite: Enviar mensaxes curtas de texto entre teléfonos móbiles. Enviar imaxes, vídeos e audios por internet. Realizar videoconferencias. Crear redes sociais para atención ao cliente.

O correo electrónico é: Un servizo de mensaxes curtas que está en decadencia. Un instrumento imprescindible para enviar documentos, tanto no ámbito persoal como profesional. Sempre unha comunicación informal. Exclusivo para videoconferencias.

Denunciar Test