option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Tipo test historia

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Tipo test historia

Descripción:
historia economica tipo test

Fecha de Creación: 2026/06/19

Categoría: Otros

Número Preguntas: 21

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1. A guerra franco-prusiana de 1871: a) Permitiu a Alemaña adoptar o patrón ouro e liderar o sector financeiro durante a Primeira Globalización Económica. b) Foi un estímulo para a difusión do patrón ouro por medio da imposición do Zollverein a Francia. c) Desatou a crise agraria de finais do século XIX en Europa. d) Consolidou o sistema monetario bimetálico en Europa.

2. A lei Speenhalmand de 1795: a) Amosa segundo Polanyi os efectos do marco institucional ante a creación dun mercado libre de traballo. b) Amosa segundo Polanyi os efectos do mercado sobre o marco institucional no Reino Unido. c) Revocouse en 1835 e liberou definitivamente a exportación e importación de cereais no Reino Unido. d) Amosa segundo Polanyi o impulso definitivo da industrialización da econonía no Reino Unido.

4. No Crack de 1929: a) Os efectos da crise na bolsa provocarón unha redución da masa monetaria que levou á caída dos prezos. b) A crise foi moi dura na Bolsa, pero a economía real non se viu afectada porque o sector bursátil e a economía produtiva non estaban conectados. ) Ao caer a bolsa, a banca reaccionou reducindo crédito, o que non tivo impacto nas empresas de manufacturas. d) Crack de 1929 provocou a quebras do sector inmobiliario e bancario, mais non tivo efectos no sector agrario e industrial.

5. Para elaborar o seu modelo teórico, Thomas Malthus traballou con documentación histórica da catedral de Saint Canice de Kilkenny (Irlanda). Na memoria económica de 1745-1750 sinalábase que a economía do condado baseábase na produción única de trigo nunha superficie limitada de terra de 335 hectáreas. A estrutura social era moi desigual e altamente determinada polo acceso á propiedade da terra. Por unha parte, unha gran masa de campesiños pobres, sen acceso á propiedade, e que traballaban a cambio do pago dunha renda. Por outra, un grupo reducido de propietarios ricos, ou "landlords", que arrendaban a terra ós campesiños a cambio dunha renda. Porén, unha serie de xeadas continuadas diminuíron as colleitas de forma drástica entre 1745 e 1750. En consecuencia, desatouse unha fame catastrófica, o que provocou a morte de 2/3 de toda a poboación para 1750. En base a estes datos, a que dedución chegou Malthus cando se preguntou polos efectos que tivo a fame catastrófica sobre o pago das rendas da terra nos campesiños pobres en 1751? Que efectos tivo sobre os niveis de desigualdade entre os campesiños e os landlords superviventes?. a) A caída da poboación aumentou a demanda sobre a terra dispoñible, o que provocou unha caída no prezo do trigo. Polo tanto, os campesiños superviventes pagaron rendas máis caras, polo que a desigualdade aumentou. b) Dende un punto de vista estatístico, a caída da poboación foi máis elevada no grupo reducido de landlords que na gran masa de campesiños. Polo tanto, as rendas aumentaron para os campesiños superviventes e reduciuse a desigualdade. c) A caída da poboación reduciu a demanda sobre a terra dispoñible, o que provocou unha caída no prezo das rendas da terra. Polo tanto, os campesiños superviventes pagaron rendas máis baratas e tiveron acceso a unha maior cantidade de terra. A súa produción aumentou, aumentaron os ingresos e reduciuse a desigualdade. d) A caída da poboación non afectou á renda da terra, polo que as rendas mantivéronse estables. Porén, o alto prezo do trigo provocou un aumento da desigualdade.

6. Segundo Simon Kuznets. a) O Crecemento Económico Moderno (CEM) defínese polo aumento das taxas de crecemento da produtividade do traballo, pola mellora dos niveis de vida, e polo cambio estrutural da composición do PIB dende a agricultura cara a industria e servizos. A modernización percíbese nun aumento da urbanización e secularización da sociedade, e unha internacionalización das relacións comerciais polas que se difunde precisamente o modelo CEM. b) O Crecemento Económico Moderno (CEM) defínese polo aumento das taxas de crecemento da produtividade do capital, polo empeoramento dos niveis de vida, e polo cambio estrutural da composición do PIB dende a industria cara os servizos. Ademais, a modernización percíbese nun aumento da urbanización, mais non así da secularización da sociedade. c) A teoría do Crecemento Económico Moderno (CEM) sinala que a industrialización leva a un deterioro das condicións de vida dos traballadores debido ó incremento das aglomeracións urbanas, a explotación do traballadores, a falta de fogar, o aumento da desigualdade entre as clases sociais, e ó empeoramento xeral das condicións de vida anteriormente existentes no mundo rural. d) O Crecemento Económico Moderno (CEM) advirte que os procesos de industrialización teñen un marcado carácter rexional. Por exemplo, na rexión de Lancashire en Inglaterra.

7. O desenvolvemento económico de China no longo prazo estivo lastrado pola/o: a) Ausencia de construcións ferroviaria ata a era de Mao. b) Ausencia de recursos mineiros e agrícolas. c) Ausencia de ondas de desenvolvemento económicas asociadas á enerxía hidráulica. d) Fracaso das políticas de industrialización do Kuomintang en 1865.

8. A integración vertical. a) É unha estratexia empresarial para internacionalizarse. Un exemplo foi a fusión de empresas como IG Farben en Alemaña en 1925. b) É unha estratexia empresarial para medrar. Un exemplo foi a compra das minas de carbón e ferro por parte das industrias siderúrxicas de Pittsburgh (Estados Unidos) a comezos do século XX. c) É unha estratexia empresarial para aumentar a competencia internacional. Un exemplo foi o crecemento da empresa Shell en 1973. d) É unha estratexia estatal para obter o control de empresas nacionais. Un exemplo foi a nacionalización das grandes mineiras británicas polo goberno laborista de Attlee en 1946.

9. Na segunda metade do século XIX a exportación de cereais foi liderada por: a) Gran Bretaña, Dinamarca e Países Baixos. b) EE.UU e Alemaña. c) As denominadas novas Europas: Estados Unidos, Canadá e Arxentina. d) Francia e Alemaña.

10. A innovación durante a Primeira Revolución Industrial Británica. a) Estaba vencellada a elites do coñecemento, sociedades reais e artesáns. b) Tendía a encarecer o prezo final dos produtos. c) Influía no proceso de descomposición da economía. d) Dependía dos investimentos do Estado en investigación básica, aplicada e experimental.

11. As claves do crecemento económico global despois de 1945. a) Sustentouse fundamentalmente no aumento produtivo agrario e na enerxía hidráulica. b) Sustentouse polas xeneralización das innovacións tecnolóxicas e enerxéticas produto da Segunda Guerra Mundial. c) Sustentouse pola integración internacional do comercio. d) Sustentouse polo impulso da Organización Mundial do Comercio (OMC).

12. O tratado Cobden-Chevalier. a) Abriu unha etapa comercial librecambista. b) Abriu unha etapa comercial proteccionista. c) Incluíu a cláusula de nación menos [favorecida]. d) Firmouse en 1860.

3. Sinala as opcións correctas sobre a Segunda Revolución Industrial: a) O desenvolvemento da industria química permitiu aproveitar novas fontes de enerxía, como o petróleo. b) Nesta época desenvólvense novos métodos de organización empresarial como o fordismo e o toyotismo. c) Prodúcese unha crecente concentración empresarial, comezando a ser habitual a existencia de monopolios e oligopolios. d) Nesta época prodúcese unha forte converxencia entre países pobres e países ricos.

12. O tratado Cobden-Chevalier. a) Abriu unha etapa comercial librecambista. b) Abriu unha etapa comercial proteccionista. c) Incluíu a cláusula de nación menos [favorecida]. d) Firmouse en 1860.

13. Como se volveu a re-establecer o Patrón Ouro despois da Primeira Guerra Mundial: a) Con dificultades. En diferentes momentos e con diferentes paridades segundo a política monetaria de cada país. b) Sen dificultades. O re-establecemento do modelo clásico de Hume foi un éxito a partir de 1923. c) Con dificultades. Reino Unido volveu cara unha paridade sobre-valorada, mentres que Francia volveu cara unha paridade infra-valorada. d) Con dificultades para Alemaña e Italia, e sen dificultades para o Reino Unido e Francia.

14. Que se entende desta táboa sobre os investimentos no canal de Suez a mediados do século XIX?. a) Primeiro, o liderado financeiro de Francia no mundo a mediados do século XIX. Segundo, a colonización pola vía financeira de Exipto por medio do control de canles de comunicação claves para o comercio internacional. Terceiro, a desintegración do Imperio Otomán. b) A integración e colaboración económica de Europa e o mundo árabe e islam durante o século XIX. A construción do canal de Suez contextualízase no marco da revolución dos transportes. c) A ausencia de modelos de desenvolvemento empresarial en construcións civís, e a primacía dos investimentos estatais europeos en Exipto no século XIX. Ademais, a construción do canal de Suez contextualízase no marco da revolución dos transportes. d) A participación de diferentes países, especialmente europeos, sinalan a colonización financeira de Exipto por parte de capital internacional no marco da desintegración do Imperio Otomán. Ademais, a construción do canal de Suez contextualízase no marco da revolución dos transportes.

15. As economías da Europa oriental despois de 1945. a) Estiveron limitadas polas doutrinas económicas ineficaces do comunismo. Especialmente Polonia e Romanía. b) Puxeron en marcha plans de industrialización rápida con plans de altos investimento en capital. Os resultados foron positivos se atendemos á taxa do 7% do crecemento do PIB na Europa do Leste entre 1950-1975. c) Puxeron en marcha plans de desenvolvemento pola vía agro-exportadora foron un modelo de desenvolvemento a imitar polas economías de Asia do Sur. d) Especialmente polos denominados Catro Tigres Asiáticos.

16. A gran diverxencia no mundo árabe e islam caracterízase por: a) Ausencia total de desenvolvemento de innovacións e tecnoloxías propias ata o século XX. b) Os empresarios non atenderon nunca a función distribuidora de recursos no comercio internacional entre Europa e Asia. c) Seren superados polo comercio británico coa India e Asia. d) Dependencia total da bolsa de Nova York.

17. A Segunda Revolución Tecnolóxica. a) Foi favorecida polo crecemento da capacidade de transporte marítimo e aéreo. b) Foi favorecida polas cadeas migratorias de familiares e de amigos. c) Articulouse a través dunha lóxica de path dependence. d) Caracterizouse polas innovacións en rede (asfalto, gasolineiras, reparacións mecánicas, produción na industria complementaria etc).

18. As causas da Segunda Guerra Mundial. a) Non se poden explicar dende un punto de vista económico, senón que social e político. b) Tiveron que ver, entre outros factores, coa política ultra-proteccionista e as guerras comerciais dos anos trinta. c) Tivo que ver unicamente coa orientación comercial de Alemaña cara os países do Leste. d) Tivo que ver co éxito das economías liberais nos anos trinta.

19. A emigración entre 1850 e 1915. a) Tivo como destino principal EE.UU. b) Os emigrantes saíron principalmente de países como Canadá ou Arxentina. c) Tivo como destino principal Alemaña. d) Foi posibilitada polo ferrocarril e os barcos de vapor, aínda que limitada polo marco institucional de países como Italia e España.

20. Como influíu o sistema monetario do patrón ouro-cambio na saída da crise de 1929?. a) Positivamente, dado que permitía a dispoñibilidade de masa monetaria en calquera momento. b) Negativamente, dado que restrinxía a política de xuros necesaria para contrarrestar a caída da demanda.

Denunciar Test