option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

XES.FIN. TEMA 1.2

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
XES.FIN. TEMA 1.2

Descripción:
XES.FIN. TEMA 1.2

Fecha de Creación: 2026/11/13

Categoría: Otros

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Ante que organismo público se debe acudir se se produce un dano derivado dunha inundación extraordinaria ou dun terremoto?. Á Comunidade Autónoma correspondente. Á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DGSFP). Ao Consorcio de Compensación de Seguros. Ao Banco de España.

A actividade aseguradora en España é supervisada por . .. A Dirección Xeral de Seguros. As Comunidades Autónomas. O Goberno do Estado. O Banco de España.

Indique a afirmación VERDADEIRA respecto das figuras do contrato de seguro: O asegurado é a persoa xurídica que comercializa a póliza. O beneficiario é quen ten dereito a recibir a indemnización ou prestación. O beneficiario é a persoa que está exposta directamente ao risco. O tomador e o asegurado deben ser sempre a mesma persoa.

Cando un condutor que causou un accidente resulta ferido, cubre o seguro obrigatorio do seu vehículo os seus danos persoais?. Non, o seguro obrigatorio só cubre os danos causados a terceiros, excluíndo os danos persoais do condutor causante. Si, pero só se o condutor non cometeu unha infracción grave de tráfico. Si, os danos persoais do condutor causante sempre quedan cubertos polo seguro obrigatorio. Si, sempre que os danos sexan exclusivamente de carácter físico e non materiais.

Cal é o principal organismo encargado de supervisar e controlar a actividade do mercado asegurador e os fondos de pensións en España?. O Ministerio de Facenda. A Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DGSFP). O Banco de España. A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Que é a banca-seguros?. Unha canle de mediación na que un banco actúa como axente exclusivo ou vinculado. Unha modalidade de contratación directa coa aseguradora por teléfono ou Internet. Un corredor independente, obrigado por lei a realizar unha análise obxectiva das pólizas. Un organismo público, dependente da Dirección Xeral de Seguros, que comercializa pólizas.

O roubo é un risco de carácter... Público. Patrimonial. Material. Persoal.

Que caracteriza a protección non contributiva da Seguridade Social?. Axuda a quen carece do mínimo vital de rendas, sen necesidade de ter cotizado. Esixe afiliación, alta e un período mínimo de cotización previa á prestación. Ofrece rendas substitutivas do salario a quen deixou de percibilo por unha continxencia. Protexe só a traballadores en activo e ás súas familias por accidente ou enfermidade.

Baixo que modalidade esixe a normativa estatal de supervisión que operen as cooperativas de seguros?. A prima fixa. A prima variable. Como sociedades anónimas. Como mutuas de previsión social.

Se os axentes de tráfico non poden verificar que un vehículo está asegurado, de que prazo dispón o titular para demostralo?. 7 días. 10 días. Un mes. Dous meses.

Que caracteriza a figura do axente vinculado?. Debe asesorar por lei cunha análise obxectiva das pólizas que ofrece. É un banco que vende seguros empregando a súa rede de oficinas. Só pode ofertar pólizas dunha única compañía aseguradora. Oferta pólizas de varias compañías sen obriga de análise obxectiva.

Que ocorre se o tomador non paga unha prima sucesiva e transcorren entre dous e seis meses desde o vencemento?. Queda en suspenso ata 24 horas despois de pagar a prima. O seguro queda extinguido e o asegurador non cubre o risco. O asegurador está obrigado a resolver o contrato por escrito. O seguro segue vixente e a aseguradora cubre o risco.

Cal é o prazo xeral estipulado pola Lei de Contrato de Seguro para comunicarlle á compañía que se produciu un sinistro?. Nun prazo de 30 días dende o coñecimento. Un prazo máximo de 15 días. Un prazo máximo de 24 horas. Un prazo máximo de 7 días.

Un vehículo de empresa ten un valor real de 18.000 € no momento anterior ao sinistro, pero está asegurado por 25.000 €. Se un accidente causa danos por 6.000 €, que importe indemnizará a compañía?. 8.333,33 €. 25.000,00 €. 4.320,00 €. 6.000,00 €.

¿Que elemento representa o custo do seguro pagado polo tomador á entidade aseguradora?. Cobertura. Prima. Indemnización. Siniestro.

Os accidentes causados por feitos extraordinarios (asolagamentos, catástrofes naturais, ...) indemnizaos ... Unha compañía aseguradora. A Dirección Xeral de Seguros. O Banco de Crédito Oficial. O Consorcio de Compensación de Seguros.

Unha persoa aporta 12.000 € a un plan de xubilación cando cada participación ten un valor de mercado de 240,00 €. Cantas participacións lle corresponden?. 48 participacións. 50 participacións. 5 participacións. 500 participacións.

Se o valor dos mobles e electrodomésticos declarados nun seguro de fogar é inferior ao seu valor real, en que situación nos atopamos?. Risco nulo. Lucro cesante. Infraseguro. Sobreseguro.

Como se denomina a persoa física ou xurídica que solicita e contrata o seguro?. Asegurado. Tomador. Perxudicado. Beneficiario.

Segundo o comentado, cal das seguintes NON é unha característica da Seguridade Social?. O carácter obrigatorio da súa financiación. Ser un organismo estatal. O carácter asistencial, sen fin lucrativo. A contratación voluntaria.

Denunciar Test