XES.FIN. TEMA 2. 3
|
|
Título del Test:
![]() XES.FIN. TEMA 2. 3 Descripción: XES.FIN. TEMA 2. 3 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Cal dos seguintes produtos non é un pasivo para un banco?. Un depósito dun empregado. Unha conta corrente. Un crédito concedido. Unha conta de aforro. Cal é o organismo encargado do control e a tutela das compañías aseguradoras?. A Dirección Xeral de Seguros. O Instituto de Crédito Oficial. A Comisión Nacional do Mercado de Valores. O Banco de España. Cal das seguintes non é unha institución tutelar do sistema financeiro español?. O Instituto de Crédito Oficial. A Dirección Xeral de Seguros. O Banco de España. A Comisión Nacional do Mercado de Valores. Que é a prima de risco?. A diferenza entre o Euríbor a 12 meses e o tipo de depósito do BCE. A diferenza entre a rendibilidade do bono español e a do alemán. A comisión que cobra un banco por conceder unha hipoteca variable. O diferencial que paga un cliente hipotecario por riba do Euríbor. Cal dos seguintes produtos non é un activo para un banco?. Un depósito dun empregado. Un préstamo concedido. Un crédito concedido. Un préstamo a un empregado. Como se mide a liquidez dun activo financeiro?. Pola probabilidade de que o emisor cumpra as condicións ao vencemento. Pola capacidade do activo de producir rendementos para o posuidor. Polo prazo que falta ata o vencemento do título. Pola facilidade de convertelo en diñeiro sen incorrer en perdas. En relación cos distintos tipos de entidades financeiras, se dicimos que a finalidade principal é a «obtención de beneficios», estámonos referindo... A unha caixa de aforros. A un banco. A unha cooperativa de crédito. A unha ONG. Como contribúe unha subida dos tipos de xuro a reducir a inflación?. Abarata o diñeiro e aumenta a produción de bens e servizos na economía. Obriga os comercios a baixar os seus prezos por decisión directa do BCE. Encarece o diñeiro, polo que se piden menos préstamos e se gasta menos. Reduce os impostos indirectos que pagan os consumidores en cada compra. Que tipo de diñeiro crean os bancos mediante os préstamos?. Diñeiro bancario. Diñeiro fiduciario. Diñeiro legal. Diñeiro mercadoría. Unha familia ten unha hipoteca a tipo variable de Euríbor + 1,10 %. Se no momento da revisión o Euríbor a 12 meses é do 2,40 %, que tipo de xuro se lle aplicará?. 2,64 %. 3,50 %. 1,30 %. 2,40 %. A que destinan basicamente os seus recursos as caixas rurais?. A financiar o comercio e a industria das grandes cidades. A financiar grandes proxectos de infraestruturas e enerxía. A financiar operacións de comercio exterior e divisas. A financiar a agricultura, a gandaría e o sector forestal. Un bono de 1.000 € paga un cupón anual de 30 €. Se o seu prezo no mercado secundario baixa a 950 €, cal é aproximadamente a rendibilidade para quen o compra?. 2,86 %. 3,00 %. 3,16 %. 5,00 %. Cal das seguintes non é unha fonte de captación de recursos financeiros para o ICO?. A captación de fondos mediante depósitos do público. Os produtos do seu patrimonio. A emisión de obrigas, bonos e outros títulos de renda fixa. Os créditos do Tesouro (dotacións do orzamento). Con que marca comercial pasou a operar NCG Banco tras a súa adquisición por Banesco en 2014?. ABANCA. Banco Pastor. EVO Banco. Novagalicia Banco. Que é o IRPH?. O tipo de referencia a un día publicado polo propio BCE. Un índice hipotecario elaborado polo Banco de España. O xuro legal do diñeiro fixado na Lei de orzamentos xerais. Un índice interbancario elaborado polo EMMI con operacións reais. Unha caixa rural é... Unha compañía de seguros agrarios. Unha caixa de aforros. Unha cooperativa de crédito. Un establecemento financeiro de crédito. No sistema bancario español, para amparar os clientes particulares ante unha retirada masiva de diñeiro, constitúese... O coeficiente obrigatorio de reservas bancarias. O coeficiente de solvencia ou de recursos propios. O Instituto de Crédito Oficial (ICO). O Fondo de Garantía de Depósitos das entidades de crédito. Que se entende por créditos de mediación?. Préstamos das caixas de aforros aos particulares. Préstamos do ICO ás pemes coa mediación dos bancos. Préstamos dos bancos aos particulares. Préstamos do Estado para axudas á reconstrución en caso de catástrofes naturais. Cal é o organismo encargado do control das entidades de crédito e das sociedades de garantía recíproca?. A Dirección Xeral de Seguros. O Instituto de Crédito Oficial. O Banco de España. A Comisión Nacional do Mercado de Valores. Que é o tipo de xuro interbancario?. O xuro nominal que un banco pacta cun cliente ao concederlle un préstamo. O índice hipotecario elaborado polo Banco de España coas hipotecas concedidas. O xuro que o BCE lles paga aos bancos polo diñeiro que depositan nel. O prezo ao que os bancos se prestan diñeiro entre si a curto prazo. |




