option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

XES.FIN. TEMA 2

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
XES.FIN. TEMA 2

Descripción:
XES.FIN. TEMA 2

Fecha de Creación: 2026/11/20

Categoría: Otros

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Que é o tipo da facilidade marxinal de crédito?. O xuro ao que o BCE presta aos bancos, normalmente a unha semana. O tipo que fixa a Lei de orzamentos para as débedas sen xuro pactado. O que o BCE lles paga aos bancos polo diñeiro que depositan nel. O que o BCE lles cobra aos bancos por préstamos urxentes a un día.

Cal das seguintes características non é definitoria dun activo financeiro?. A rendibilidade esperada. O risco. A liquidez. O prazo de vencemento.

Como se calculaba o Euríbor antes de 2019?. Como a media mensual dos tipos de todas as hipotecas concedidas en España, calculada polo Banco de España. Como o tipo fixado polo Consello de Goberno do BCE en cada unha das súas reunións de política monetaria. Como media aritmética simple de todas as operacións reais de todos os bancos da zona euro, sen excluír ningunha. Como media das cotizacións declaradas polos bancos, descartando as máis altas e as máis baixas.

Por que o BCE subiu rapidamente os tipos de xuro en 2022 e 2023?. Para abaratar as hipotecas variables das familias. Para reducir a débeda pública dos Estados membros. Para frear a inflación, que superou o 10 %. Para aumentar os préstamos concedidos ás empresas.

Cal dos seguintes grupos NON está representado na Asemblea Xeral das caixas de aforros?. As persoas ou entidades fundadoras. O Banco de España. Os impositores. Os empregados.

Por que foi polémico o IRPH?. Por calculalo o EMMI sen ningunha operación real. Por aplicarse só ás hipotecas a tipo fixo das familias. Por ter valores negativos durante a crise de 2012. Por ser habitualmente máis alto que o Euríbor.

Se o coeficiente de recursos propios é do 10 %, isto quere dicir que... O Banco de España debe depositar no banco o 10 % dos depósitos captados por este. O banco ten que ter polo menos 10 de recursos propios por cada 100 prestados. O banco debe depositar o 10 % do seu pasivo no Banco de España. O banco debe depositar no Banco de España o 10 % dos préstamos concedidos.

Cal dos seguintes requisitos se debe cumprir para poder crear un banco en España?. O accionista maioritario ten que posuír polo menos o 25 % das accións da sociedade. O accionista maioritario ten que ser de sexo masculino. A forma xurídica debe ser a de sociedade anónima. O consello de administración ten que ter experiencia previa na práctica bancaria.

Cando falamos do sistema financeiro, estamos a falar do conxunto de.. Oficinas, empregados e produtos. Institucións, produtos e mercados. Bancos, caixas de aforros e cooperativas de crédito. Edificios institucionais das entidades.

Cal das seguintes NON é unha entidade de depósito?. Un banco privado español. Unha cooperativa de crédito. O Instituto de Crédito Oficial. Unha caixa de aforros fundacional.

Que entidade xurdiu en 2010 da fusión de Caixa Galicia e Caixanova?. ABANCA. EVO Banco. Caixa de Aforros de Vigo e Ourense. Nova Caixa Galicia.

Cal é a orde correcta na cadea de transmisión dos tipos de xuro?. TIN e TAE dos clientes → tipos interbancarios (Euríbor, €STR) → tipos do BC. Tipos do BCE → tipos interbancarios (Euríbor, €STR) → TIN e TAE dos clientes. Tipos do BCE → TIN e TAE dos clientes → tipos interbancarios (Euríbor, €STR). Tipos interbancarios (Euríbor, €STR) → tipos do BCE → TIN e TAE dos clientes.

Que ocorre cando os bancos prestan os depósitos?. Baixa a inflación. Créase novo diñeiro. O diñeiro desaparece. Desaparecen os tipos de xuro.

Cal dos seguintes é un obxectivo dos mercados primarios?. Dar liquidez aos activos xa emitidos. Obter beneficios mediante a especulación cos títulos. Crear prezos de referencia para os títulos. Colocar os activos das empresas emisoras.

No sistema financeiro español, o obxectivo de obter beneficios é o que caracteriza... Os bancos. O Instituto de Crédito Oficial (ICO). As cooperativas de crédito. As caixas de aforros.

Cal das seguintes afirmacións non é correcta?. A domiciliación dun pago é unha operación pasiva. Unha conta de aforro é unha operación pasiva. As operacións pasivas supoñen unha captación de diñeiro. Calquera operación pasiva supón unha fonte de financiamento.

Que caracteriza os títulos de renda variable?. Remunéranse cun tipo de xuro constante fixado no momento da emisión. Son activos a curto prazo, de reducido risco e de grande liquidez. A súa rendibilidade depende dos beneficios da entidade emisora. Só poden negociarse unha vez, no momento en que se emiten no mercado.

Que valor do Euríbor se usa para revisar as hipotecas en España?. O Euríbor do último día de cada ano natural. O valor diario do Euríbor a unha semana. A media mensual do Euríbor a 12 meses. A media anual do Euríbor a tres meses.

Cal é o organismo encargado de supervisar as institucións de investimento colectivo (fondos de investimento etc.)?. A Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións. O Banco de España xunto co Banco Central Europeo. O Instituto de Crédito Oficial. A Comisión Nacional do Mercado de Valore.

Cal é a cobertura máxima do Fondo de Garantía de Depósitos, por persoa e entidade, en caso de crise bancaria?. 100.000 euros. 80.000 euros. 1.000.000 de euros. 10.000 euros.

Denunciar Test