option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

AV- PATOLOGÍA CABEZA e PESCOZO T9,10,11

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
AV- PATOLOGÍA CABEZA e PESCOZO T9,10,11

Descripción:
AV- PATOLOGÍA CABEZA e PESCOZO T9,10,11

Fecha de Creación: 2026/01/16

Categoría: Otros

Número Preguntas: 12

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Que é FALSO con respecto ao granuloma pioxénico na cavidade oral? a. É unha lesión de etioloxía bacteriana b. Aparece nas enxivas de nenos, adultos novos e mulleres embarazadas c. É unha masa exofítica eritematosa e hemorráxica d. Consiste nun tecido de granulación rico en vasos.

Cal dos seguintes tumores vai máis frecuentemente precedido de lesións displásicas? a. Carcinoma nasofarínxeo asociado ao EBV b. Carcinoma de células escamosas queratinizante c. Carcinoma de células escamosas asociado ao VPH d. Carcinoma nasofarínxeo indiferenciado.

A histoloxía máis frecuente dos tumores malignos de larinxe é: a. Carcinoma verrucoso b. Carcinoma epidermoide c. Linfoma d. Adenocarcinoma.

Cal é o significado da positividade para HPV nun carcinoma escamoso de orofarinxe? a. Non altera o prognóstico, similar supervivencia ca o carcinoma escamoso "clásico" asociado a tabaquismo e alcohol b. Mellor prognóstico ca o carcinoma escamoso "clásico" asociado a tabaquismo e alcohol c. Confirma que se trata dun carcinoma invasivo d. Peor prognóstico ca o carcinoma escamoso "clásico" asociado a tabaquismo e alcohol.

Cal dos seguintes enunciados é certo con respecto á leucoplasia? a. Os exemplos máis característicos son o liquen plano e a candidiase b. É unha mancha ou placa branca que non se pode desprender c. É unha lesion premaligna en máis do 75 % dos casos d. Ten maior risco de transformación maligna que a eritroplasia.

Que é FALSO con respecto ao carcinoma de larinxe? a. Na súa aparición inflúen tabaco, alcohol, nutrición, radiación e VPH b. Non segue a secuencia hiperplasia-displasia-carcinoma típica doutras localizacións c. Ten mellor prognóstico cando se localiza nas cordas vocais d. A maioría se localiza nas cordas vocais.

Cal dos seguintes tumores produce con maior frecuencia infiltración perineural? a. Tumor de Warthin b. Carcinoma mucoepidermoide c. Tumor mixto d. Carcinoma adenoide quístico.

A infección crónica activa polo virus de Epstein-Barr (EBV) se relaciona coas seguintes entidades, EXCEPTO: a. Leucoplasia vellosa lingual b. Carcinoma nasofarínxeo c. Linfoma de Burkitt d. Carcinoma do canle anal.

As localizacións habituais do carcinoma de células escamosas queratinizante "clásico" (VPH-negativo) son: a. Padal duro e úvula b. Criptas amigdalares e base da lingua c. Superficie ventral e bordes da lingua, enxivas, solo da boca e padal brando d. Padal brando e farinxe.

Cal dos seguintes enunciados é correcto con respecto aos tumores malignos de cabeza e pescozo? a. Actualmente, a maioría dos carcinomas de orofarinxe están asociados ao consumo de tabaco e alcohol b. A maioría son carcinomas de glándulas salivares c. A maioría son adenocarcinomas d. Comprenden fundamentalmente os localizados na cavidade oral, farinxe, larinxe e glándulas salivares.

Que é certo con respecto aos tumores das glándulas salivares? a. O máis frecuente é o tumor de Warthin b. O máis frecuente é o adenoma pleomorfo c. O tumor de Warthin adoita presentar diferenciación condroide d. O tumor mixto adoita presentar folículos linfoides.

Só un dos seguintes enunciados é certo con respecto ao carcinoma nasofarínxeo: a. É sempre un carcinoma indiferenciado b. Os diferentes tipos histolóxicos teñen distinta taxa de supervivencia aos 5 anos c. É sempre un carcinoma escamoso queratinizante d. É caracteristicamente radiorresistente.

Denunciar Test